27 nov 2013

O PP DE O BARCO SOLICITA VARIOS INFORMES DE INTERVENCIÓN “Á VISTA DAS GRAVES IRREGULARIDADES TANTO NOS LISTADOS DE TESOURERÍA COMO NOS MOVEMENTOS DE ENTRADA E SAÍDA DE FONDOS LÍQUIDOS”


  • Segundo o Interventor, determinados listados da Tesourería presentan defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos ou que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.

  • Os populares tamén solicitan unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados.

  • Moisés Blanco Paradelo asegura que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables”.


O Barco de Valdeorras, 26 de novembro de 2013.- O Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Barco vén de anunciar que o seu grupo presentou un escrito no Rexistro Xeral do Concello no que solicitan varios informes de intervención “á vista das graves irregularidades tanto nos listados de tesourería como nos movementos de entrada e saída de fondos líquidos”.


Moisés Blanco Paradelo explicou que o escrito que presentaron hoxe basease nas incidencias que puxo de manifesto o Interventor municipal no informe elaborado para a aprobación da Conta Xeral do ano 2012.

Neste informe alértase de que determinados listados da Tesourería do Concello presentan defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos), ou que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.

Aproveitan os populares este escrito para solicitar relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este importante reparo.

O Portavoz popular afirma que “é un escándalo continuo a cantidade de irregularidades que teñen que poñer sobre a mesa os técnicos do concello pola xestión totalmente irresponsable do goberno socialista de O Barco”.

Engade Blanco Paradelo, que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables,(no 2012 foron 132 reparos). Menos mal que están os técnicos”.


O escrito dos populares ten o seguinte texto:


Tendo en conta o informe elaborado o 5 de setembro polo departamento de Intervención a propósito do expediente da Conta Xeral do ano 2012, e ante a preocupación que o noso grupo ten por algunhas das irregularidades ás que se refire o Interventor Municipal, concretamente na páxina 7 do citado informe, queremos trasladarlle varias cuestións.


- Primeira.- No tocante a que “Determinados listados, tales como o E570 “Estado de Tesourería” comprensivo de dúas páxinas, presentan defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos)


- Segunda.- Con ocasión da elaboración da Liquidación do Orzamento, detectáronse unha serie de incidencias no Listado E570 “Resumo Xeral de Tesourería: primeira parte” tal e como acontecera en anteriores exercicios, continúa a ser erróneo; debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados(o O012 “Acta de arqueo de tesourería” por exemplo).

- Terceira.- Polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de certificacións de obra e de actas de recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do investimento[….].



Por todo o anteriormente exposto,



SOLITICA:

Que o departamento de Intervención elabore un informe no que se detalle:

- Os motivos e as consecuencias de que listados como o E570 “Estado de Tesourería”, presenten defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos).

- Os motivos e as consecuencias sobre as incidencias no Listado E570 “Resumo Xeral de Tesourería, no que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.


Respecto á terceira cuestión, solicitamos unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este importante reparo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario