18 sept 2014

EL PP DE O BARCO REORGANIZA SUS ÁREAS DE TRABAJO PARA EXPLICAR SU PROYECTO Y RECOGER SUGERENCIAS


  • Moisés Blanco anunció la creación de dos grupos nuevos de trabajo: el Comité de Bienestar Social y el Área de Participación Ciudadana

  • Los populares barquenses quieren incorporar más personas al proyecto “popular” en O Barco sin la necesidad de estar afiliados al partido


O Barco de Valdeorras, 18 de septiembre de 2014.- En la tarde de ayer miércoles, los integrantes del Comité Ejecutivo del Partido Popular de Local, presididos por Moisés Blanco Paradelo, mantuvieron la primera reunión como inicio del presente curso político en O Barco.

Los populares barquenses acordaron la reorganización de los cuadros de trabajo, tal y como había comprometido el Presidente Local, Blanco Paradelo, en el Congreso que el PP de O Barco celebró el pasado 21 de junio.

De esta manera la organización popular en O Barco contará con dos grupos nuevos de trabajo: el Comité de Bienestar Social y el Área de Participación Ciudadana.

El Comité de Bienestar Social se encargará de recoger y canalizar todas las propuestas que tengan que ver con las necesidades de las familias con dificultades, personas en paro, políticas de mujer, dependencia o mayores. La coordinadora de esté grupo será Sabina Aguado García.

El Área de Participación Ciudadana, tiene como objetivo mantener encuentros con distintos colectivos vecinales, asociaciones o entidades de diferentes tipos para explicar el trabajo que los populares barquenses llevan desarrollando durante todos estos años, dar a conocer las propuestas e iniciativas que fueron debatidas en el Concello y recoger las quejas y sugerencias vecinales. Carlos Javier Crespo Díaz será el responsable de la organización de está nueva área de trabajo.


Otro de los objetivos que se marcaron los populares barquenses es la incorporación de más personas al proyecto “popular” en O Barco. Vecinas y vecinos que, sin la necesidad de estar afiliados al partido, quieran colaborar aportando nuevas propuestas y puedan hacerlo a través de las diferentes áreas de trabajo del organigrama del PP de O Barco.



- Presidente: Moisés Blanco Paradelo

- Secretario General: Carlos Javier Crespo Díaz

      - Vicesecretario General y Tesorería: Arsenio Moldes Gómez

     - Secretaria de Organización: María Iglesias Nieto


Coordinadores/ras de área:


- Comercio: Nieves Rodríguez Voces

- Industria: Antonio Melo García

- Economía y emprendimiento: Nuria Jares Álvarez

- Educación y Deportes: Estela Delgado Fernández

- Medio Rural: Jose Luis Fernández Fernández

- Igualdad y voluntariado: Mª Encarnación Vega Pérez

- Cultura: Manuela Rodríguez Vázquez

- Juventud: Mª Elena Salvador Álvarez

- Bienestar social y empleo: Sabina Aguado García

- Medio Ambiente: Jose Fernando Carracedo Rama

- Turismo: Vanessa Rodríguez Lorenzo


11 sept 2014

Se manterán todos os partidos xudiciais de Galicia e a súa actividade


O vicepresidente da Xunta reafirmouse nas declaracións realizadas por Ruíz Gallardón en Galicia, nas que informou que se manterán todos os partidos xudiciais



MOISÉS BLANCO TRASLADA A ALFONSO RUEDA A INTRANQUILIDADE EXISTENTE EN VALDEORRAS ANTE A FALTA DE NOTICIAS RESPECTO AO FUTURO MANTEMENTO DO XULGADO DE O BARCO


  • A Xunta remitirá unha proposta ao Ministerio na que se terán en conta criterios como a dispersión da poboación, os tempos de desprazamento ou o aproveitamento de infraestruturas existentes

Santiago, 11 de setembro de 2014.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco entrevistouse co vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para facerlle chegar a intranquilidade existente entre os veciños da comarca de Valdeorras pola falta de novas informacións respecto ao futuro mantemento do Xulgado en O Barco.


Neste sentido, Alfonso Rueda reafirmouse nas declaracións realizadas polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, na súa visita en Galicia, nas que avanzou que se manterían todos os partidos xudiciais en Galicia e atendería as demandas feitas desde a Xunta de Galicia. En concreto, Gallardón anunciara que o proxecto de Lei sería modificado nalgúns aspectos para corrixir "disfuncións" de carácter territorial que puideran existir no caso da Comunidade galega.



INFORME COAS PECULIARIDADES GALEGAS


Deste xeito, a Xunta está a elaborar un informe para enviarlle ao Ministerio de Xustiza no que conste a súa proposta sobre a demarcación territorial de cada un dos tribunais de instancia, acompañado dun estudo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto das cargas de traballo dos distintos xulgados para que sexa informado polo Consello Xeral do Poder Xudicial.


Así mesmo, o Goberno galego remitirá ao Ministerio unha proposta de sedes de tribunais de acordo cos criterios establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial, na que se recollan entre outros os criterios de dispersión da poboación, os tempos de desprazamento ou o aproveitamento das infraestruturas existentes.

8 sept 2014

O Pleno do Concello de O Barco aproba unha moción do PP na que se propoñía a "Presentación do Proxecto de Dragado do Sil"

(Moción aprobada por unanimidade)

Presentación do Proxecto de “Dragado do Río Sil para a zona do Malecón”

Seguramente que todas e todos os veciños barquenses coincidimos na verdadeira importancia que tería para O Barco poder realizar un dragado no Río Sil ao seu paso polo Malecón, e deste xeito, volver novamente a disfrutar do río tanto a nivel lúdico como deportivo.


Por iso, o propio Concello presentou en varias ocasións ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Xunta de Galicia o proxecto de “Dragado do Río Sil para a zona do Malecón” que resultou denegado nos últimos instantes da tramitación.


As obras de dragado que figuran no proxecto, redactado no seu momento polos técnicos municipais, propón a retirada de acarreos do río nun tramo duns 340 ml, cun espesor medio de 60 cm, o que supoñería que o volume total a extraer estaría en torno aos 18.300 m³. Valorado nuns 100.000€, o proxecto foi rexeitado por última vez en xuño de 2009, tras superar diversos informes das administracións competentes.


Desde o Grupo Popular queremos insistir na necesidade de que se volva a presentar, porque si outras cidades como Zaragoza ou León, por citar algúns exemplos, executaron importantes proxectos de dragado dos seus ríos O Barco tamén tería que poder facelo.


Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:


Primeiro.- O Goberno do Concello de O Barco convocará a Comisión de Medio Ambiente para que o proxecto sexa obxecto dun novo estudo e se poidan realizar as oportunas modificacións.

Segundo.- Rematada a fase de estudo o Proxecto será presentado novamente, nun plazo non superior a tres meses, ante os diferentes organismos competentes.


Terceiro.- Se finalmente o proxecto recibise o visto bo o Concello de O Barco buscarà a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación e a propia Confederación Hidrográfica para sufragar o custo.