28 oct 2014

O PP DE O BARCO SOLICITA A REBAIXA DO 10 POR CENTO NA TASA MUNICIPAL DO LIXO PARA O ANO 2015


  • Moisés Blanco anunciou a presentación dunha moción que se debaterá no vindeiro pleno do mes de novembro.
  • SOGAMA aplicará unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra os concellos, e o lóxico sería que O Barco establecese a mesma rebaixa nos recibos que pagarán os veciños e veciñas.

O Barco de Valdeorras, 27 de outubro de 2014.- O portavoz do PP de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, acaba de anunciar que o seu grupo presentou esta mesma mañá unha moción na que solicitan ao Goberno Municipal unha rebaixa do 10 por cento no recibo da taxa de recollida do lixo que terán que pagar os veciños e veciñas para o ano 2015.

 
No texto que presentaron o populares destacan que “o Consello de Administración de Sogama vén de acordar unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra aos 296 concellos adheridos, que terá efecto a partir do vindeiro mes de xaneiro”.
 
Deste xeito, o “canon que Sogama repercute aos concellos pasará dos 74,64 euros actuáis por tonelada de lixo a 67,18 euros por tonelada a partir de xaneiro de 2015”.
 
O Portavoz popular lembra que “desde o pasado mes de xullo, os veciños e veciñas de O Barco pasaron a pagar máis polo recibo do lixo, logo de que o goberno deste Concello, tras iniciar unha campaña de reciclaxe e anunciar incluso posibles rebaixas si se cumprían as súas previsións, acordara unha suba desta taxa no pleno de maio”.
 
Por iso, segundo Blanco Paradelo, “tendo en conta que este incremento fora ligado a suba do canon que establecera no seu momento Sogama, e producíndose agora o anuncio da rebaixa do 10 por cento o lóxico sería que o Concello tamén aplicase a mesma rebaixa nos recibos que pagarán os barquenses o vindeiro ano 2015”.
 

21 oct 2014

OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2015 CONTEMPLAN UNHA PARTIDA PARA O TAC DO HOSPITAL DE VALDEORRAS


  • A provincia de Ourense ten consignados 216.443.113,37 € 4,4 millóns máis que no pasado exercicio e convertíndose na segunda provincia galega con maior inversión por habitante (673€/hab). 
  • Presidencia (18,6 millóns de euros), Territorio e Infraestruturas (65,4 millóns de euros), Sanidade (22 millóns de euros) e a Consellería do Medio Rural (63 millóns de euros), Educación (10,1 millóns de euros), Economía e Industria (20,7 millóns de euros) supoñen os organismos máis inversores na provincia. 
  • Seguirase a traballar na renovación tecnolóxica para dispor dun equipamento tecnolóxico moderno, axeitado ás necesidades as necesidades asistenciais actuais e de futuro. Para elo se dotan un total de 3.678.835€, adicados ao TAC do Hospital do Barco de Valdeorras e outro equipo de resonancia magnética para o CHOU.

Ourense, 21 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Ourense, tralo análise dos Orzamentos da Xunta de Galicia consignados para o vindeiros ano 2015 para a provincia, destaca que estos acadan un importante esforzo investidor, sendo unhas contas realistas e responsables, perfectamente axustadas á situación e que apostan claramente pola solvencia económica, co reforzo claro que precisa e demanda a provincia de Ourense. Así o puxeron hoxe de manifesto os parlamentarios do PPOU –Cristina Romero, Moisés Blanco, Enrique Nóvoa, Antonio Mouriño e Marta Rodríguez-Vispo- en rolda de prensa, que destacaron que estes orzamentos supoñen "o xiro económico de Galicia", sendo os primeiros que aumentan dende o ano 2009 (un 0,5% máis).


Deste xeito, a provincia de Ourense percibirá o vindeiro ano actuacións do Executivo Galego por valor de 216.443.113,37 € 4,4 millóns máis que no pasado exercicio (212.043.825 euros). Convértese así na segunda provincia de Galicia no que respecta a investimento por habitante (673 euros), só superada por Lugo, con 732€/habitante. Pontevedra e A Coruña perciben 396 e 401 euros, respectivamente.

A portavoz do PPOU e parlamentaria autonómica, Cristina Romero Fernández, calificou os Orzamentos 2015 como “rigurosos co teito de gasto, realistas coa situación actual e prudentes nas súas previsións)

Dentro das consignacións orzamentarias provinciais, sobresaen as correspondentes Presidencia (18,6 millóns de euros), Sanidade (22 millóns de euros) e a Consellería do Medio Rural (63 millóns de euros), Educación (10,1 millóns de euros), Economía e Industria (20,7 millóns de euros) Asemade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aumenta nun 5% o seu orzamento para a provincia con respecto ao ano 2014, alcanzando os 65,47 millóns de euros. En materia de estradas, por exemplo, duplícase a partida para mantemento de viais (11,14 millóns de euros frente aos 6,10 millóns de 2014) e se inclúe unha partida de 0,24 millóns de euros para a conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. No tocante a Augas de Galicia, a inversión total pasada de 7,03 millóns de euros a 10,28 millóns de euros. Aquí sobresae a dotación do convenio EDAR de Reza en Ourense (4,73 millóns fronte aos 3,32 do pasado exercicio), e obras de mellora de saneamento e abastecemento en San Cibrao, Verín, A Rúa, Larouco, Xinzo, Cenlle, San Amaro e Punxín.

No que respecta a Vivenda e Solo, dos 14,86 millóns consignados para 2015, destacan 2,59 millóns en axudas á rehabilitación; 1,10 millóns para construcción e urbanización de VPP en Vilamarín e Ourense; ou 1,27 millóns para axudas de alugueiro. Como novidade este ano, se dotan partidas para a mellora de puntos limpos e clausura de vertedoiros de residuos da construcción (0,6 millóns) e de vertidos inconstrolados (0,42 millóns). Tamén se adicará este ano medio millón de euros á conservación e protección da Biodiversidade da Rede Natura 2000 e outros proxectos medioambientais. E, por último, dótase con 0,25 millóns de euros o Plan de Transporte Metropolitano de Ourense.


No tocante á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (18,6 millóns de euros), sobresaen: Obra nova por mandato da SPI para o edificio xudicial de Ourense (4.753.000 €); Infraestruturas e equipamento nos servizos de emerxencia e protección civil (1.421.875 €); Servizo de emerxencia contra incendios e salvamento (545.036,59€); para Turismo 3.205.670€; Fomento da modernización e innovación tecnolóxica (2.057.308€); Administración Dixital (2.864.698€); Desenvolvementos das TICS nos sectores tractores (1.968.475€); Modernización das redes do sector Público Autonómico (1.963.633€); e Modernización tecnolóxica da Xustiza cun millón de euros.


Con respecto á Consellería de Sanidade, continuarase coa construción do novo edificio de hospitalización do CHOU para o que se dotan 22 millóns de euros no Orzamento do ano 2015.

  1. Plan Director de Ourense 13.212.044
  2. Proxecto Hospital 2050 8.854.430

Seguirase a traballar na renovación tecnolóxica para dispor dun equipamento tecnolóxico moderno, axeitado ás necesidades as necesidades asistenciais actuais e de futuro. Para elo se dotan un total de 3.678.835€, adicados ao TAC do Hospital do Barco de Valdeorras e outro equipo de resonancia magnética para o CHOU.


Destacar tamén a partida de 1.456.000€ para o programa de vacinacións e 260.000€ en equipamentos informáticos de saúde pública.


Polo que respecta as actuacións de impulso económico na provincia de Ourense realizadas no 2014 e as que se van a levar acabo no ano 2015 polo Servizo Galego de Saúde:

1.- Púxose en funcionamento o centro de saúde da Peroxa.
2.- Iniciarase a obra de 3 centros de saúde nos municipios de Barbadás, Pontedeva e O Couto en Ourense
2.- Púxose en funcionamento a central de chamadas para todo o sistema sanitario galego situada en Ourense.
3.- Adxudicouse a obra de hospitalización e o contrato de xestión de servizos ligados á infraestrutura do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e continuarase coa obra en 2015.
4.- Poñerase en marcha un innovador sistema de xestión integral da enerxía que inclúe a utilización de enerxías renovables, e unha caldeira de biomasa, o que, como se indicou anteriormente, permitirá crear emprego no rural e mellorar a xestión dos montes.
A Consellería de Medio Rural (63 millóns de euros), centrarase en: Aluguer de medios aereos de extinción (2.925.000€); Convenios cos concellos en defensa contra incendios (4.825.500€); Adquisición vehículos de defensa contra incendios forestais (3 millóns de euros); Máis de 4 millóns de euros para Prevención Incendios. De feito, na loita contra os incendios o montante total supera os 12 millóns de euros. Axudas á mellora da eficacia e sostenibilidade de explotacións agrarias (2.435.000€); Axudas á incorporación de novos activos agrarios (1.620.000€); Melloras das estruturas agrarias (3.177.000€); Primas gandeiras (6.398.000€); Apoio á industrialización e á comercialización do sector do viño (4.440.000€); Axudas á forestación de terras non agrícolas (2.513.635€); Accións silvicolas de valoracións de masas forestais (1.170.750€); Axudas en zonas especiais red rural nacional (1.380.000€); O sector do viño conta con varias partidas cun total de (2.125.000€), ás que se lle suman as axudas para industrialización e comercialización antes mencionadas (4,44 millóns de euros), sendo máis de 6,5 millóns as partidas para o sector..


Pola súa banda, a Consellería de Economía e Industria (20,7 millóns), destinará partidas a: Axudas ao proxecto de Biomasa (3 millóns de euros); 1.095.000€ para o Parque Tecnolóxico de Galicia; 3.951.000€ para investigación e desenvolvemento en empresas; Actuacións proxecto E21 (1.312.500€); e 1.200.000€ para proxectos de Innovación en empresas.

Na area de Comercio dotase con 3.786.475€ para Modernización emprendemento e innovación; para mercados e prazas de abastos, e promoción e comercialización da Artesanía de Galicia. Tamén se consignan Axudas ao Investimento Empresarial (Galicia inviste2015) 948.000€, así como case un millón de euros en diferentes Plans Renove e 700.000€ en diferentes axudas á internacionalización.


Por último, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (10,1 millóns de euros), adicará 2.245.719€ en axudas á adquisición de libros de texto e material escolar.


Con 2.417.708€ na mellora da calidade e a competitividade da produción científica no S.U.G. 1.445.000€ en reformas ampliacións e melloras nas diferentes ensinanzas (infantil, primaria, secundaria, especiais, artísticas) e adquisición de equipamentos.

En Bibliotecas: 336.359€


No ámbito cultural máis de 3 millóns de euros

  • En Infraestruturas culturais 1.079.632€
  • Case un millón de euros noutras actuacións do ámbito cultural.
  • E un millón de euros para axudas á produción artística


17 oct 2014

O PP barquense entrega á Fiscalía 2.648 reparos técnicos efectuados á xestión de Alfredo García durante o periodo 2003-2013


-Os concelleiros\as populares presentan nova documentación importante relacionada co procedemento de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo tramitado no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco de Valdeorras


-Solicitan que estes reparos técnicos se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou, no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias


Ourense, 16 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do Partido Popular en O Barco compareceu esta tarde na sede provincial do PP para dar conta da entrega á Fiscalía de 2.648 reparos técnicos efectuados á xestión do alcalde socialista barquense, Alfredo García, durante o período comprendido entre os anos 2003 e 2013.



Tal e como explicou o portavoz municipal, Moisés Blanco Paradelo, esta nova documentación é importante por estar relacionada directamente co procedemento de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo tramitado no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco de Valdeorras. De feito, os populares solicitan que os 2.648 reparos técnicos aportados “se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou, no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias “.


Moisés Blanco analizou polo miúdo a natureza destes 2.648 reparos técnicos, dos cais 811 corresponden a obras, 625 a facturas, 564 á política de Persoal, 338 a subvencións e os 310 restantes a outros conceptos. No tocante ao número de reparos por anualidade, o portavoz dos populares barquenses explicou que durante o ano 2003 se produciron 134 reparos, en 2004 foron 198, 228 durante o ano 2005, 108 durante 2006, en 2007 producíronse 158, en 2008 foron 296, durante o ano 2009 producíronse 416, 241 durante 2010, 275 no exercicio 2011, 322 durante 2012 e, finalmente, durante 2013 producíronse 272.


Dos 564 de Persoal (contratacións persoal temporal, pago de nóminas, horas extra, gratificacións, extinción de relacións laborais...), os reparos que máis se repiten: “Limitan ou principio fundamental de igualdade en materia de acceso ao emprego público”; “Risco de lestes traballadores incorran na presunción de persoal indefinido non fixo”.


Dos 625 reparos de Facturas (aprobación de listados de facturas, expedientes recoñecemento de crédito extraxudicial...), os reparos que máis se repiten: “Algunhas facturas incumpren o regulamento de facturación”; “Algunhas facturas superan o importe do contrato menos cuxa vixencia se atopa amplamente pasada ou ben nin siquera existe un contrato que ampare a prestación”.


Dos 811 reparos de Obras (adxudicacións, contratos, certificacións de unidades de obra, devolucións de avales...), os reparos que máis se repiten: “Incúmprese a obriga das expedicións mensuais das certificacións das unidades de obra, non hai actas de reformulo, incúmprense prazos, ausencia de informe do Director de Obra...”


Dos 338 de Subvencións (axudas, premios, subvencións a entidades, bolsas...), os reparos que máis se repiten: “Asociacións que presentan a documentación fóra de prazo, incompleta. Non consta publicidade feita do concurso, nin ditame da Comisión, acreditación dos gastos...”


“Estas escandalosas cifras reflicten o suspenso máis clamoroso dunha xestión repleta de incumprimentos e irregularidades. A lei é o que nos protexe da arbitrariedad, e este alcalde fixo un uso perverso da Lei, convertendo as súas 16 anos de goberno nunha auténtica fraude electoral. Pervertir a lei é adulterar as regras da democracia e a orde, permitindo profundas desigualdades”, sinala Moisés Blanco Paradelo.


“Non todo vale, e desde logo que o fin non xustifica os medios. As formas din moito do xeito de actuar das persoas, e aínda máis daquel que na súa posición de alcalde, como primeiro veciño do municipio, ten que ser exemplar no cumprimento da lei, posto que despois dictará normas, ordenanzas, impostos e demais accións que pretende que todos os veciños e veciñas cumpran para unha correcta convivencia”, recalca o portavoz barquense dos populares.



Xeito habitual de proceder, pervertindo a lei

A xulgar por estes datos, Moisés Blanco recalca que “demostran unha forma habitual de proceder, ignorando a lei e todo tipo de normativa, pervertindo a lei e utilizando as regras de xogo ao seu favor. De feito, este xeito de actuar parece indicativo dun notorio fraude electoral”.


“O PSOE debería reflexionar sobre si quere que o seu máximo representante na FEGAMP, en calidade de vicepresidente primeiro, siga sendo un alcalde que acumula 2.648 reparos dos técnicos municipais. Reparos que non fan máis que poñer en entredito a súa xestión política á fronte do Concello de O Barco dende o punto de vista da lei”, sinala o portavoz do Grupo Municipal do PP barquense.


Por último, Moisés Blanco recalca que estes reparos “demostran que os técnicos do Concello de O Barco levan facendo de xeito excelente e impecable -e así continúan- o seu traballo de información, advertencia e fiscalización que á súa vez é ignorado de forma continuada e reiterada polo alcalde campión de Galicia en informes desfavorables”.

16 oct 2014

El gobierno socialista rechazó la moción popular solicitando la revisión de todas las farolas de O Barco


Moción que presenta o Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Entidades Locais, para o seu debate e, no seu caso aprobación, no Pleno Ordinario do mes de Outubro.



CONTROL E REVISIÓN DAS FAROLAS DO CONCELLO E ELIMINACIÓN DOS CADROS ELÉCTRICOS DAS ÁRBORES


Sabido é por esta corporación a insistencia por parte do grupo municipal do Partido Popular para que se efectúe a retirada dos cadros eléctricos colocados en determinadas árboles dos xardíns barquenses, así como o cableado existente nalguns dos ditos árbores; o que chamamos "árbores como postes eléctricos", no Malecón, praza de Andrés de Prada, etc. Non é a primeira vez que nas comisións pediuse a sua retirada; confirmándose que a día de hoxe non se fixo nada. 


De igual modo constátase a existencia de farolas do alumeado público en mal ou deficiente estado, farolas inclinadas, ben por ter levado algún golpe de algún vehículo, ben por gamberrismo, ou por fallar ou ceder o seu basamento.


Desde o Grupo Popular queremos recalcar o perigo en potencia de tales situacións e isinsistir unha vez mais na necesidade de que se corrixan ditas deficiencias para evitar indesexables accidentes. Os acontecementos destes últimos tempos con tráxicos finais reafírmanos na nosa petición e confirman a importancia do mantemento destas instalacións.


Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:


Primeiro.- O Concello de O Barco elaborará un informe co estado de todas as farolas existentes no término municipal para, no seu caso, reparalas ou reemplazalas a maior brevedade.

Segundo.- O Concello de O Barco elimirá de xeito imediato todos os cadros eléctricos e cables tendidos entre as ramas das árbores, así como aqueles que están preto dos parques infantís ou paseos, pudendo ser manipulados por calquera persoa.