Santiago, 8 de novembro de
2013.- O
Parlamento aprobou hoxe, na sesión celebrada pola Comisión de
Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, a iniciativa do PPdeG,
solicitar á Xunta de Galicia que a “Festa
do Botelo”
do Barco de Valdeorras sexa declarada de Interese Turístico de
Galicia. O deputado popular Moisés Blanco, encargado da defensa da
iniciativa, defendeu este recoñecemento como un fortalecemento,
impulso e promoción tanto da festa como do propio produto.
Blanco Paradelo recordou que a Festa “está totalmente consolidada e é moi concorrida, logo de celebrárense xa XIII edicións, e que mistura cultura, tradición e gastronomía, sinais de identidade do noso pobo”. Estas son razóns que esgrimiu para solicitar a súa inclusión, “xa que considero que cumpre os requisitos establecidos polo Decreto 39/2001 do 1 de Febreiro no que se establece a potestade da Xunta para a declaración das festas de Galicia de interese turístico acontecementos festivos celebrados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma”.
Sinalou entre estes requisitos que “ supón unha valoración da cultura e das tradicións populares e ten unha especial relevancia como atractivo turístico, así como unha antigüidade de 13 anos, sendo a mínima requerida de 10 anos” ademais de argumentar razóns de “singularidade, tradición, participación ou valor cultural”.
O deputado popular lembrou a a Corporación Municipal do Barco de Valdeorras xa aprobou por unanimidade, a proposta do Grupo Municipal Popular “iniciar de forma inmediata o expediente para presentar a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico” polo que considerou o trámite no Parlamento un novo impulso para a súa consecución.
Moisés Blanco rematou a súa intervención indicando que “foi para min unha honra como barquense poder falar de O Barco e do Botelo a través desta iniciativa que recibiu o apoio unánime deste Parlamento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario