O
deputado do Grupo Popular Moisés Blanco informou da concesión
destas axudas por parte da Consellería de Economía e Industria
NOVE
COMERCIOS DE O BARCO E A RÚA RECIBEN DA XUNTA DE GALICIA MÁIS DE
7.700 EUROS PARA A INCORPORACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E
FOMENTO DO COMERCIO ELECTRÓNICO
Santiago,
22 de novembro de 2013.- Máis de 7.700 euros de axuda da Xunta
de Galicia para incorporación de tecnoloxías da información e
fomento do comercio electrónico recibiran nove comerciantes dos
concellos de O Barco de Valdeorras e A Rúa, segundo informou hoxe o
deputado popular Moises Blanco.
En
concreto, Blanco explicou que estas axudas permitirán levar adiante
nestes comercios a compra de ordenadores, a creación de páxinas
web, implantación de lectores de códigos, dotación de impresoras
ou terminais de punto de venda. O investimento total superará os
10.700 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario