28 jun 2014

O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE SE REFORCE A CONSIDERACIÓN DO VIÑO COMO ALIMENTO NATURAL E POSITIVO NO SEU CONSUMO RESPONSABLE


O deputado Moisés Blanco salientou, ademais, que se manteña a taxa cero sobre o viño en materia de imposición fiscal



O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE SE REFORCE A CONSIDERACIÓN DO VIÑO COMO ALIMENTO NATURAL E POSITIVO NO SEU CONSUMO RESPONSABLE


  • O Grupo Popular tamén se posicionou a favor de que no anteproxecto de Lei de prevención do consumo de alcohol non se equipare o viño e a cervexa co resto de bebidas alcohólicas

Santiago, 27 de xuño de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que manteña unha taxa cero sobre o viño en materia de imposición fiscal, no relativo aos impostos sobre bebidas alcohólicas, ao tempo que se reforce a consideración do viño como alimento natural e positivo no seu consumo responsable. O Grupo Popular tamén se posicionou a favor de solicitar a retirada no anteproxecto de Lei de prevención de consumo de alcohol da equiparación do viño e a cervexa co resto de bebidas alcohólicas.



O deputado popular Moisés Blanco sinalou que “o borrador do anteproxecto de Lei para previr o consumo de alcohol por menores está xerando un amplo rexeitamento entre produtores e bodegueiros pola posibilidade de que o viño teña o mesmo tratamento que as bebidas de alta graduación”. Neste sentido, recordou que “son os mesmos motivos que motivaron hai sete anos a mobilización do sector na defensa da consideración do viño como alimento, conseguindo que se freara a norma que impulsara a entón responsable de Sanidade do Goberno socialista, Elena Salgado”.


Blanco puxo de manifesto “a oportunidade” desta proposición non de lei, logo de que o Ministerio de Sanidade informara nos últimos días que “o Goberno tan só presentou un borrador para abrir un proceso de negociación cos sectores afectados no que nada está pechado, xa que ten como única premisa a prevención do consumo de alcohol polos menores ante a evidencia de que existe un problema ao respecto”.



RESPONSABILIDADE


Consideramos que o consumo de alcohol en adultos é unha cuestión de responsabilidade de cada quen, polo que desde o Grupo Popular non podemos estar de acordo con que se inclúan pautas para limitar este consumo en adultos para evitar que os menores consuman”, dixo o deputado popular.

Moisés Blanco explicou que “España é o primeiro produtor mundial de viño, pero ten uns niveis de consumo que foron claramente á baixa nos últimos anos”. “Cómpre seguir contemplando que o viño consumido responsablemente é un produto saudable, polo que en ningún caso debemos restrinxir o seu consumo por parte deste tipo de destinatarios”, apuntou.


Por todo isto, o deputado popular considerou “positivo acadar un acordo unánime do Parlamento de Galicia para que se manteña unha taxa cero sobre o viño en imposición fiscal e se reforce a posición do viño como un alimento natural, evitando a equiparación que se pretende facer no borrador do proxecto de lei de equiparalo co resto das bebidas alcohólicas”.

NOS ÚLTIMOS DOUS ANOS O HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS AUMENTOU A SÚA OFERTA ASISTENCIAL CON MAIS SERVIZOS E PERSOAL PROPIO


  • Por primeira vez na historia do HCV este completou o seu cadro de persoal nos servizos de Traumatoloxía, Anestesia e Hematoloxía e ampliou as súas especialidades, servizos e consultas externas
  • A Xerencia lamenta que se alarme á cidadanía, máxima beneficiaria das melloras introducidas e testemuña das súas vantaxes
  • A Xerencia mantén a súa aposta pola necesidade de contar cun novo TAC para o hospital valdeorrés e confía en que este sexa renovado canto antes


Ourense, mércores 25 de xuño de 2014.- Nos últimos anos o Hospital Comarcal de Valdeorras logrou, por primeira vez desde a súa apertura en 1984, aumentar a súa oferta de especialidades médicas, incrementar o persoal médico de servizos ata completar por primeira vez na súa historia os cadros de persoal, e poñer en marcha probas diagnósticas e consultas de alta resolución, que ata agora tan só se realizaban en Ourense, ademais de abrir a citación desde Atención Primaria para consultas e probas diagnósticas, que antes só se podían pedir desde o Hospital.


Ante todo elo, a Xerencia Executiva lamenta o comunicado emitido por un grupo de facultativos do HCV, con praza en propiedade, que minusvaloran melloras que están a ser percibidas pola poboación e que se poden demostrar, desde a tranquilidade e os datos obxectivos.


As novas especialidades, Cardioloxía, Neuroloxía, Endocrinoloxía e, esquecen citar, Dixestivo, son un gran logro para a mellora da oferta asistencial dos cidadáns de Valdeorras, e son servizos atendidos por especialistas contratados por este hospital, con plena capacidade para atender aos pacientes a tódolos niveis: consultas, ingresos e gardas, con gran estabilidade do seu persoal desde o inicio. En ningunha destas consultas, como nas do resto de servizos, se atenden 70 pacientes por consulta.


Ademais, por vez primeira, os pacientes de Valdeorras poden acudir ao seu Centro de Saúde para ser citados no seu hospital para probas diagnósticas, e consultas de acto único ou alta resolución, de dixestivo e cardioloxía. Para o que, ata hai ben pouco, eran derivados a Ourense.


Tamén por vez primeira desde a apertura do HCV, seu Servizo de Traumatoloxía conta con 4 facultativos, completando seu cadro de persoal, e por primeira vez cóntase con 4 anestesistas, completando tamén o cadro de persoal. Neste último servizo é especialmente relevante, porque a poboación lembrará non poucos momentos nos que este centro contaba con só dous anestesistas, e incluso un, vivíndose momentos de tal limitación, que a piques se estivo de suspender a actividade cirúrxica por falta de estes especialistas.



Gardas e garantía de continuidade asistencial

Hematoloxía conta, e mantén permanentemente, dous efectivos, e trala renuncia esta semana, sen o preceptivo aviso previo, dun dos seus titulares, este mesmo luns comezará a traballar un novo hematólogo. Pola súa banda, estas gardas mantense en tempo, 365 días do ano, e forma, localizadas, como desde 1984.


Uroloxía non só mantén seu efectivo, pese a anos de descontinuidade neste servizo ante as dificultades de fidelizar persoal, senón que este especialidade proxecta melloras en canto a ampliación da súa oferta cirúrxica, que permitirá, ao igual que no resto de especialidades, evitar o traslado a outros hospitais dos pacientes de Valdeorras.



Tódolos servizos do HCV manteñen unha organización de gardas que garanten en todo momento a asistencia urxente con criterios de calidade, inmediatez e seguridade e, a reorganización destas, tan só tiveron efectos retributivos, poñendo límite así a anos de agravios comparativos con outros profesionais de igual mérito e capacidade. Mostra delo, foi informe elaborado polo Consello de Contas en 2010 sobre as singulares características organizativas e retributivas do Servizo de Urxencias.



Tanto o Servizo de Urxencias do HCV como o Punto de Atención Continuada (PAC) contan co mesmo número de facultativos desde a entrada da actual Xerencia, e a reorganización dos seus efectivos, realizada con anterioridade, tan só respondeu a adecuar o número de persoal por quenda ás necesidades e actividade rexistrada. De feito, a finais do pasado ano implantouse un sistema de Triaxe, que permite ordenar a atención dos pacientes en base a criterios de urxencia e non só de orde de entrada, con plenas garantías asistenciais e mellora dos tempos de resposta.

 

Por último, a Xerencia lamenta a falta de vontade de dialogo, deste colectivo de médicos propietarios, para aclarar ou tratar de achegar posturas, e rexeita a falta de respecto no tratamento das responsables da dirección, que como traballadores públicos se deben ao paciente e a mellora das súas condicións asistenciais, por riba de intereses profesionais ou retributivos. Pese a elo, a Xerencia mantén as súa plena disposición e oferta para o dialogo.

25 jun 2014

LA PLANTA DE COMPOSTAJE DE O BARCO YA TENÍA INSTALADO EL RÓTULO DE LA EMPRESA QUE LA IBA A GESTIONAR MIENTRAS SE DEBATÍAN LOS PLIEGOS PARA SU ADJUDICACIÓN

  • El grupo popular preguntó por la existencia del rótulo 7 meses antes de que se debatiera en pleno la memoria sobre la gestión de la planta de compostaje y se aprobara su reglamento de funcionamiento
  • El letrero permaneció 11 meses oculto hasta que en el mes de agosto de 2012 quedó al descubierto a consecuencia del terrible incendio que sufrió O Barco en aquel verano
  • Moisés Blanco considera que es muy grave, a la vez que poco creíble, que una empresa instale un cartel en una instalación pública sin pedir permiso, sin que lo sepa el alcalde y que, aún encima, no ordene su inmediata retirada cuando se alerta de su existencia
  • El portavoz popular anunció que su grupo presentará una moción solicitando que se inicie nuevamente el expediente para la contratación, a través de un concurso público, de la gestión indirecta de la Planta de Compostaje, cuyo coste de construcción superó los 240.000€
O Barco de Valdeorras, 24 de Junio de 2014.- Mientras el pleno de la corporación de O Barco debatía -el 1 de marzo de 2012- sobre la memoria relativa a la conveniencia de contratar la gestión indirecta de la planta de compostaje, la nave de las instalaciones municipales que albergaría este servicio ya tenía el cartel de la empresa que lo iba a gestionar.

Así, lo confirmó el portavoz del Partido Popular de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, quien convocó a los medios de comunicación en las inmediaciones de la propia Planta de Compostaje para denunciar públicamente este grave hecho.

Moisés Blanco mostró copias de varias actas de la Comisión Informativa de Obras -4 de octubre de 2011- en las que su grupo se interesaba por el funcionamiento de las instalaciones y la colocación de un rótulo de una empresa privada en la nave. Tal y como recoge el acta, el alcalde contestaba que “...existe un proxecto de un particular para facer compós pero ten que saír a concurso e facer unha concesión”. “En relación co letreiro, souberon da súa existencia unha vez que o tiñan instalado, non entende por qué o instalaron”.
Considera Moisés Blanco que es muy grave, a la vez que poco creíble, que una empresa instale un cartel en una instalación pública sin pedir permiso, sin que lo sepa el alcalde y que, aún encima, no ordene su retirada.
En vez de ordenar su retirada inmediata, el alcalde permitió que permaneciera el rótulo en su sitio pero tapado con una tela, señal inequívoca de que podría ser el adjudicatario del servicio si el proceso hubiese continuado”, afirma Moisés Blanco, mientras muestra las fotografías que sacaron horas después de la pregunta de su grupo en comisión.

Tal es así, que el letrero permaneció 11 meses oculto hasta que en el mes de agosto de 2012, a consecuencia del terrible incendio que sufrió O Barco aquel verano, se vieron afectadas las instalaciones de la planta de compostaje quemándose la tela y varias de las letras que formaban parte del rótulo, como también demostró Blanco Paradelo con nuevas fotografías.

MOCIÓN EN EL PRÓXIMO PLENO
Lo cierto es que, a día de hoy, todavía se pueden apreciar los restos de las diferentes letras en la fachada principal de la nave que, transcurridos más de dos años desde la aprobación del reglamento y de la memoria para la gestión del servicio, sigue sin actividad.

Desde el grupo popular recuerdan que durante este tiempo se lleva hablado de este asunto en alguna Comisión de Medio Ambiente, pero sin concretar nada sobre el futuro y la utilidad de una instalación que costó más de 240.000€.

Por eso, el portavoz popular anunció que su grupo presentará una moción en el próximo pleno solicitando que el Concello de O Barco realice los trámites necesarios para iniciar nuevamente el expediente para la contratación, a través de un concurso público, de la gestión indirecta de la Planta de Compostaje de O Barco.




23 jun 2014

Homenaxe a tod@s os compañeir@s falecidos...

 
O Congreso Local do PP serviu tamén para rendir homenaxe de lembranza a tódolos militantes, afiliados e cargos populares de O Barco que faleceron nos últimos anos -53 en total, que lembrou a irmá de Pepín Crespo, histórico presidente local que faleceu en accidente de coche cando se dirixía a Ourense a unha reunión de partido-, entre os que se atopaban, por exemplo, o ex alcalde de O Barco e presidente de honra do PP local, Julio Gurriarán; Delia Afreijo, histórica militante, a primeira afiliada ao PP barquense; ou Gabino Méndez, membro da executiva local. Todos eles significados pola súa entrega e traballo a prol do Partido Popular, tal e como se puxo de manifesto na homenaxe.

O PP de O Barco de Valdeorras amósase preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio

 
  • Moisés Blanco Paradelo foi elixido presidente local dos populares co 100% do apoio dos compromisarios
  • O presidente provincial, Manuel Baltar, alabou a unidade e a capacidade de traballo dos populares barquenses, "un equipo gañador que acadará a confianza maioritaria dos seus veciños para situar a O Barco onde se merece"


O Barco de Valdeorras, 21 de xuño de 2014.- A Casa de Río Cigüeño (antiga sede da Fundación Comarcal) acolleu esta mañá o Congreso Local do PP en O Barco de Valdeorras. A única candidatura presentada foi a de Moisés Blanco Paradelo, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.

Durante a súa intervención, o presidente local electo agradeceu o unánime apoio recibido e destacou a unidade existente dentro do PP de O Barco, tanto de militantes e afiliados, como de concelleiros, ex concelleiros e ex presidentes locais, unidos e amosando como un dos seus compromisos o de "seguir traballando nesta línea para continuar sumando apoios". Moisés Blanco tamén falou no seu discurso acerca da necesidade de rexeneración nas institucións, premisa que exemplificou na situación do Concello de O Barco de Valdeorras, "instalado nun ciclo de goberno agotado, onde a democracia brilla pola súa ausencia".
 
A alternativa, para Blanco Paradelo, é sinxela: o PP. "O Partido Popular de O Barco xa pasou suficiente tempo na oposición, demostrando que hai alternativa, que hai ideas, que hai discurso. En definitiva, que está preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio". Ademáis de reiterar os seus agradecementos a tódolos militantes presentes -moitos deles integrantes doutras listas en anteriores congresos locais-, Moisés Blanco lembrou que en O Barco o PP non gañou unhas eleccións xerais ata o ano 2000, e que só ostentou a Alcaldía durante 12 anos. Hoxe en día, o PP recuperou 12 puntos de apoio porcentual en O Barco, demostrando así a crecente confianza dos barquenses no PP.

Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Pedro Puy Fraga, membro do Comité Executivo do PPdeG, e o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local. Manuel Baltar alabou a unidade e a capacidade de traballo dos populares barquenses, animando á nova xunta local a seguir traballando no mesmo camiño para consolidar "un equipo gañador que acadará a confianza maioritaria dos seus veciños para situar a O Barco onde se merece".

19 jun 2014

O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, INSTAR Á XUNTA A POÑER EN MARCHA UN PLAN DE PROMOCIÓN DO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA


Este enclave presenta un gran potencial de recursos naturais que o sitúan como un lugar único e especial para gozar dunha beleza natural en Galicia”, destacou o deputado Moisés Blanco



O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, INSTAR Á XUNTA A POÑER EN MARCHA UN PLAN DE PROMOCIÓN DO PARQUE NATURAL DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

  • Conta coa declaración de Parque Natural e está incluída na Rede Natura 2000

Santiago, 19 de xuño de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, presentada polo deputado do Grupo Popular Moisés Blanco, a través da que se insta á Xunta de Galicia á posta en marcha dun Plan de Promoción do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra do concello de Rubiá de Valdeorras. Ademais, e logo dunha transacción co BNG, aprobouse solicitar a elaboración do preceptivo plan reitor de uso e xestión, que permita unha política integral de conservación, preservación e mellora das condicións naturais deste parque natural.
Moisés Blanco afirmou que a Serra da Enciña da Lastra, que conta coa declaración de Parque Natural de Galicia e está incluída na Rede Natura 2000, presenta “un gran potencial de recursos naturais que o sitúan como un lugar único e especial para gozar dunha beleza natural na Comunidade galega”.

LOITA CONTRA OS INCENDIOS
Por este motivo, sinalou que “precisa dunha maior promoción a través da posta en marcha de accións que promovan máis ou seu uso público, que permitan mellorar os hábitats forestais e medidas de prevención contra os lumes, entre outras”.

Neste sentido, Blanco condenou “os incendios sufridos en menos de dous meses no contorno deste parque natural e agradeceu o traballo feito polos medios de extinción. “Esta situación puxo de manifesto a necesidade de seguir traballando en labores de prevención, así como na dotación a esta zona dos recursos necesarios para unha rápida e eficaz resposta dos servizos contraincendios forestais”, anotou.
A Serra da Enciña da Lastra está localizada no concello valdeorrés de Rubiá, ao nordeste da provincia de Ourense. Cunha superficie de 3.151,67 hectáreas e unha altitude media de 684 metros, este val está conformado de pedra calcaria, con pendentes pronunciadas e cantís nos que se instalan bosques mediterráneos. Así, destaca o potencial turístico desta zona, na que se sitúan Pena Trevinca, O Teixadal, a Vía Nova, o Camiño de Inverno ou, incluso, As Médulas na comarca do Bierzo.
 
O deputado popular salientou, ademais, o “especial interese faunístico desta serra, en particular polas súas poboacións de aves rapaces, entre as que merece unha mención especial a presenza da aguia real e o falcón peregrino”. Así mesmo, indicou que a abundancia de covas propicia a existencia de numerosas colonias de morcegos, sendo estas as máis importantes de Galicia.

Por último, Blanco fixo referencia á “peculiar flora da Enciña da Lastra, xa que ten certas características mediterráneas cos seus bosques de aciñeiras, castaños, prados perfumados co aroma do tomiño silvestre e máis de 25 especies de orquídeas.

14 jun 2014

EL PP PIDE LA COMPARECENCIA DEL ALCALDE DE O BARCO EN LA COMISIÓN DE SEGURIDAD CIUDADANA PARA QUE EXPLIQUE EL USO DE LOS TRABAJADORES DEL GES DURANTE LAS LABORES DE BÚSQUEDA DEL VECINO QUE ESTUVO DESAPARECIDO DURANTE 12 DÍAS


  • Moisés Blanco anunció que su grupo presentó un escrito esta misma mañana solicitando la convocatoria extraordinaria-urgente de la Comisión de Tráfico, Personal y Seguridad Ciudadana.

  • El grupo popular ha tenido conocimiento de que durante algunas de las jornadas de búsqueda en el río Sil, los/las integrantes del GES tuvieron que abandonar estas labores para realizar “otras funciones” en diferentes eventos o ferias que se celebraron en el Paseo del Malecón los días 31, 1 y 7,8 de junio.


O Barco de Valdeorras, 12 de junio de 2014.- El portavoz del Partido Popular en el Concello de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, acaba de anunciar que su grupo quiere que el alcalde comparezca en la Comisión de Personal, Tráfico y Seguridad Ciudadana para que explique la utilización del GES para “otras funciones” mientras que el resto de profesionales y voluntarios trabajaban en las labores de búsqueda por el Río Sil del vecino que estuvo desparecido durante 12 días.

El portavoz popular, afirma que “por respeto a los familiares y amigos/as del vecino fallecido, hemos esperado a que terminaran las labores de búsqueda y que se celebrara el funeral para solicitar esta comisión”.


En el escrito que firman los tres concejales del Grupo Municipal del Partido Popular, integrantes de la Comisión de Personal, Tráfico y Seguridad Ciudadana Arsenio Moldes Gómez, Carlos Javier Crespo Díaz, y Antonio Melo García exponen que:


El Grupo Popular ha tenido conocimiento de que durante algunas de las jornadas de búsqueda en el río Sil, del vecino que estuvo desaparecido durante 12 días, los/las integrantes del GES tuvieron que abandonar estas labores para realizar otras funciones en diferentes eventos o ferias que se celebraron en el Paseo del Malecón los días 31, 1 y 7,8 de junio.


Funciones que desde el Grupo de Gobierno, y el alcalde como responsable directo, le asignan a estos/as profesionales que para nada tienen que ver con la naturaleza de este servicio público, y que como su propio nombre indica es un “Grupo de Emergencias Supramunicipal”.


Ante tales informaciones que hemos recibido, y la gravedad de los hechos si se confirman, y al amparo del artículo 134 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, los concejales firmantes solicitan:

La convocatoria extraordinaria-urgente de la Comisión Informativa de Personal, Tráfico y Seguridad Ciudadana para que el Gobierno de O Barco, a través del propio Alcalde como responsable directo del Grupo de Emergencia Supramunicipal, ofrezca todas las explicaciones al respecto”.