28 sept 2013

MOISÉS BLANCO CONSIDERA “INCOHERENTE QUE OS SOCIALISTAS PIDAN AXUDAS PARA AS DENOMINACIÓNS DE ORIXE DE VALDEORRAS CANDO AÍNDA NON ESTÁN VALORADOS OS DANOS CAUSADOS NA COLLEITA


O deputado popular reitera que a Xunta “amosou a súa preocupación polos posibles danos e prestou o seu apoio para que se poida acceder ás subvencións para situacións de emerxencia ou catástrofe”



MOISÉS BLANCO CONSIDERA “INCOHERENTE QUE OS SOCIALISTAS PIDAN AXUDAS PARA AS DENOMINACIÓNS DE ORIXE DE VALDEORRAS CANDO AÍNDA NON ESTÁN VALORADOS OS DANOS CAUSADOS NA COLLEITA


  • Non é certo que haxa restricións na partida destinada a seguros agrarios e mostra delo é que ninguén que solicitara axuda para o seguro durante o pasado ano quedou sen atender por parte da Xunta”, asegurou.


  • Criticou que o BNG obvie o acordo acadado o pasado 25 de setembro entre a Xunta e os representantes do sector sobre o contrato homologado na denominación de orixe do Ribeiro


Santiago, 27 de setembro de 2013.- O deputado popular Moisés Blanco considerou hoxe “incoherente que os socialistas estean a pedir unha liña de axudas da Xunta para a denominación de orixe Valdeorras, cando aínda non están valorados os danos causados na colleita deste ano”. Neste sentido, reiterou que o Goberno galego “xa amosou a súa preocupación polos posibles danos e prestou o seu apoio para que o Consello Regulador poida acceder ás subvencións para situacións de emerxencia ou catástrofe”.


Moisés Blanco manifestou no Parlamento que “é necesario esperar a que remate a vendima para facer unha valoración e poder cuantificar as perdas na produción deste ano”. “Non ten sentido falar de axudas, cando o propio Consello de Denominación de Orixe non ten claro o resultado da vendima deste ano”, apuntou.


OPTIMISMO PARA ESTA CAMPAÑA


Neste sentido, o deputado popular amosou o seu “optimismo de cara á campaña deste ano, logo de que desde o propio Consello Regulador se destacou a boa calidade da uva, aínda que a colleita sexa algo menor que o pasado ano”.


Blanco reiterou que “a Consellería do Medio Rural xa amosou a súa preocupación polos posibles danos e prestou o seu apoio, tanto a nivel de asesoramento como de información, para que se o Consello Regulador o considera oportuno poida acollerse ás axudas fixadas no Real Decreto 477/2007, que regula as subvencións para as situación de emerxencia ou de natureza catastrófica”.
Ademais, apuntou que “a Xunta de Galicia aposta polos seguros agrarios e mostra disto é que neste mesmo ano destinou a este fin 6 millóns de euros para axudar á súa contratación, mantendo as mesma porcentaxe de axuda que en anos anteriores”. “Non é certo que haxa restricións na partida destinada a seguros agrarios e mostra dilo é que ninguén que solicitara axuda para o seguro durante o pasado ano quedou sen atender por parte da Xunta”, asegurou.


Compartimos a preocupación pola situación que viven os produtores da denominación de orixe Valdeorras, pero para nada compartimos a visión catastrofista que queren vender os socialistas”, sinalou o deputado popular.


DEFENSA DO SECTOR DO VIÑO POLA XUNTA
Na súa intervención na Comisión 7ª, Moisés Blanco dixo que “a Xunta está a defender o sector do viño a través de axudas para mellorar a produción e comercialización, a reestruturación e reconversión do viñedo, para modernización de adegas, para promoción dos viños por un valor superior a 10 millóns de euros”.
Neste sentido, destacou a nova liña de axudas que porá en marcha o IGAPE, por un importe de 400.000 euros, para facilitar o acceso ao financiamento das adegas para adquisición de uva. “Estas axudas estarán ligadas aos modelos de contratos homologados, para demostrar o apoio e impulso a este tipo de sistema que garante o equilibrio do prezo entre produtores e adegas”, anotou.



ACORDO NO RIBEIRO


Respecto ao establecemento de contrato homologado na denominación de orixe do Ribeiro, Moisés Blanco criticou que “o BNG retome unha proposición presentada no mes de marzo, sen facerlle cambio algún e sen recoñecer as novidades que houbo nas últimas datas”. Así, recordou que o pasado 25 de setembro, na quinta reunión que mantivo a Consellería do Medio Rural con representantes do sector, chegouse a un acordo que asinaron as tres organizacións agrarias e un importante número de adegas para as campañas vitícolas 2013, 2014 e 2015, co que esta denominación é, xunto coa Rías Baixas, a segunda en Galicia que conta con este tipo de contratos.
O portavoz popular salientou o resultado acadado polas cinco denominacións de orixe galegas durante o pasado 2012, cualificando de “récord histórico en canto a viño comercializado, superando os 36 millóns de litros cun valor de 150 millóns de euros”.
Dentro de todos os sectores, pódese dicir que o do viño ten un comportamento positivo, que se demostra a través das exportacións, que creceron un 30 por cento, ou o incremento neste último ano máis dun 22 por cento en volume e un 42 por cento en valor, segundo os datos do Observatorio Español do Mercado do Viño”, subliñou.


20 sept 2013

A PROPOSTA DO PP O CONCELLO DE O BARCO REXEITOU O TERRORISMO DE RESISTENCIA GALEGA COA ÚNICA ABSTENCIÓN DO BNG


O Grupo Municipal Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A partir do ano 2006 Galicia está padecendo violentos actos de terrorismo cuxa autoría a banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Entre eles están múltiples atentados consistentes na colocación e denotación de diversos artefactos explosivos e incendiarios en sedes de partidos políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades financieiras, empresas, administracións públicas, etc; así como nas vivendas de persoas relacionados co ámbito xudicial, universitario ou político.

Os partidos democráticos defendemos a dignidade do ser humano e os dereitos e libertades que lle son inherentes, especialmente o dereito á vida e á integridade física e moral e propugnamos a democracia e o Estado de Dereito como base dunha convivencia en pluralismo, liberdade e igualdade. En consecuencia, opoñémonos e condenamos o uso da violencia para defender calquer tipo de posicionamento ou postulado político ou ideolóxico e tamén rexeitamos calquer tipo de declaración ou acción que lexitime ou xustifique o terrorismo.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular no concello de O Barco de Valdeorras eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

  1. Manifestamos o noso rexeitamento e condena ao terrorismo, e en particular o levado a cabo por Resistencia Galega.
  1. Solidarizámonos coas víctimas destes atentados e apoiamos ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destas actos.
  1. Rexeitamos calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.

EL PP DE O BARCO SOLICITARÁ POR DÉCIMA VEZ LA EJECUCIÓN DEL AVAL PARA LA CONSTRUCCIÓN DE LA PLAZA ÁLVARO CUNQUEIRO


  • En junio de 2008 se cumplía la fecha límite para que la plaza estuviera totalmente rematada según lo estipulado en el convenio urbanístico.

  • Los populares barquenses han presentado 2 mociones, varias preguntas orales y por escrito en el pleno, y diversas iniciativas en comisión.

  • La ineficacia del gobierno socialista de O Barco impide que los ciudadanos puedan disfrutar de una plaza que ya tendría que estar construida hace 5 años.

  • El grupo popular volverá a solicitarlo en la próxima Comisión de Obras. “Seguiremos insistiendo porque los vecinos nos dicen que es una vergüenza que la plaza lleve tanto tiempo en esa situación de abandono” afirma Arsenio Moldes, concejal popular.


O Barco de Valdeorras, 18 de septiembre de 2013.- La moción que el grupo municipal del Partido Popular presentó para su debate en el pleno del mes de noviembre del 2009 proponía la ejecución del aval para terminar la urbanización de la plaza Álvaro Cunqueiro.

Moisés Blanco, portavoz de los populares en el Concello de O Barco recordaba que:En junio de 2003 se aprobaba el PXOM de O Barco en el que se incluía el convenio urbanístico correspondiente a la cesión de una plaza, a cambio del aprovechamiento del subsuelo, en la Cl Pérez Lista - Álvaro Cunqueiro (detrás de la Iglesia de San Mauro).

Elevada a escritura pública la cesión, aceptadas las condiciones y concedidas las oportunas licencias municipales, en marzo de 2007 se inician las obras de construcción de un edificio de 71 viviendas.

En junio de 2008 se cumplía la fecha límite para que la plaza estuviera totalmente rematada según lo estipulado en el convenio urbanístico.

Hace ya varios meses que las obras se encuentran paralizadas, con el edificio parcialmente construido y la plaza en un estado que ya posibilita su pavimentación.

A la vista de los hechos, el pasado 4 de mayo, el arquitecto municipal emitía un informe en el que dejaba constancia de la conveniencia de ejecutar dicho aval.

El grupo popular considera que, una vez cumplidos los plazos y ante la indefinición de la continuidad de las obras, ya se dan todas las condiciones para la urbanización de la plaza mediante la ejecución del correspondiente aval, y no privar, por más tiempo a los barquenses de un lugar de esparcimiento y ocio tan necesario para el impulso de toda la zona.

Rechazada esta moción con los votos en contra del Grupo de Gobierno Socialista de O Barco, 12 meses después, sin que se hubiera experimentado ningún avance, el grupo popular presentó una nueva moción que volvía a ser rechazada en el pleno del mes de noviembre del 2010.

En aquel texto Blanco Paradelo afirmaba que “transcurrido todo este tiempo, nada o muy poco ha avanzado al respecto. Pero lo cierto, es que si el concello hubiese decidido ejecutar el aval, hoy la plaza sería una realidad y todos los barquenses hubiesen podido disfrutar ya de este espacio público tan necesario”.

Concluía la moción solicitando que “a través de la Tesorería Municipal, se iniciara el expediente de ejecución del aval para la urbanización de la Plaza en la calle Álvaro Cunqueiro.”

Arsenio Moldes Gómez, concejal del grupo popular, recuerda que “además de las mociones, hemos presentado varias preguntas orales y escritas en pleno y comisión, y así hasta en 9 ocasiones”. Añade que “nosotros seguiremos insistiendo porque los vecinos nos dicen que es una vergüenza que la plaza lleve tanto tiempo en esa situación de abandono y que no se pueda disfrutar de un espacio público tan necesario como este”.

3 sept 2013

O GRUPO POPULAR SE INTERESA NO PARLAMENTO POLO NOVO EQUIPAMENTO PARA O HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS


O deputado popular Moisés Blanco presentou unha iniciativa solicitando a data na que contará co novo TAC e o orzamento destinado a esta nova adquisición



O GRUPO POPULAR SE INTERESA NO PARLAMENTO POLO NOVO EQUIPAMENTO PARA O HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS



  • Avogou porque se siga mellorando o equipamento e que pronto se poida ampliar a carteira de servizos “que permitan mellorar a oferta asistencial, altamente especializada, nun centro sanitario próximo mentres se mantén a desexable coordinación co servizo médico de referencia”



  • Moisés Blanco recordou que no mes de xullo o Hospital ampliou os seus servizos con novas consultas de Endocrinoloxía “o que permitirá aos seus pacientes acudir directamente ao Barco, evitando traslados a Ourense”





Santiago, 20 de agosto de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco Paradelo ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa na que se interesa polo novo equipamento para o Hospital Comarcal de Valdeorras solicitando a data na que contará co novo TAC e cal será o orzamento destinado a esta nova adquisición.



Moisés Blanco recordou que “de todos é sabido a urxente necesidade que o Hospital ten de poder contar cun novo TAC, e así o confirmou as declaracións do Presidente da Xunta ao finalizar o Consello do pasado 24 de xullo no que indicou que Valdeorras centraría unha das tres primeiras actuacións dunha inversión de 80 millóns de euros para renovar a dotación tecnolóxica de centros sanitarios no Servizo Galego de Saúde”.



O deputado popular recordou que no mes de xullo o Hospital Comarcal ampliou a súa carteira de servizos con novas consultas de Endocrinoloxía, “o que permitirá aos seus pacientes acudir directamente ao Barco, evitando traslados a Ourense para ser atendidos”. Esta nova especialidade engádense as xa incorporadas o pasado ano de Neuroloxía e Dixestivo, xunto á ampliación de Cardioloxía e “este importante salto cualitativo na oferta de servizos é posible grazas á maior coordinación entre a rede hospitalaria e de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde en Ourense” segundo Moisés Blanco.



O deputado do PPdeG avoga porque se siga mellorando o equipamento e que pronto se poida ampliar a carteira de servizos “que permitan mellorar a oferta asistencial, altamente especializada, nun centro sanitario próximo mentres se mantén a desexable coordinación co servizo médico de referencia, potenciando o traballo en equipo, a oferta de facultativos e a alta especialización”. “A mellora no equipamento a a ampliación de servizos no Hospital repercutirán moi positivamente na mellora da calidade asistencial dos pacientes que é o que verdadeiramente importa” segundo Moisés Blanco.