- Os populares barquenses defenden que as situacións de violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e interdisciplinar por parte das distintas administracións
O Barco de
Valdeorras.- 22 de novembro de 2013. Con motivo da conmemoración
o próximo 25 de novembro do Día internacional
para a eliminación da violencia contra a muller, o Partido Popular
de O Barco manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera
forma de violencia exercida contra as mulleres.
A violencia, que nas súas
distintas formas se exerce contra as mulleres, constitúe a mais
clara manifestación das desigualdades que persisten entre mulleres e
homes, constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á
seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e
psíquica das vítimas e, polo tanto, un obstáculo para o
desenvolvemento dunha sociedade mais xusta e igualitaria.
As situacións de
violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e
interdisciplinar por parte das distintas administracións.
A través da mellora da
coordinación interinstitucional e da garantía dos dereitos que o
noso ordenamento xurídico recoñece ás vítimas e aos seus fillos e
fillas, preténdese alcanzar unha resposta máis eficaz, centrada na
prevención da violencia de xénero, unha mellor protección das
mulleres e dos seus fillos e fillas e unha atención personalizada
que contribúa á súa recuperación integral.
Por iso, resulta
imprescindible xuntar todos os esforzos para facer fronte a este
grave problema público e social, apelando á unidade de todas as
forzas políticas e das Administracións Públicas, contando coa
implicación da sociedade no seu conxunto e apoiando o labor das
organizacións especializadas da sociedade civil.
Consciente da necesidade
de seguir avanzando neste ámbito, o Partido Popular de O Barco
reitera o seu compromiso co obxectivo de alcanzar unha sociedade
libre de violencia na que as mulleres gocen da dignidade e os
dereitos que lles son inherentes, como corresponde a unha sociedade
libre e democrática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario