19 nov 2013

O INTERVENTOR MUNICIPAL DILLE AO GOBERNO SOCIALISTA DE O BARCO QUE É INCAPAZ DE CONTABILIZAR E CONTROLAR OS GASTOS DAS OBRAS QUE EXECUTA O PROPIO CONCELLO



Desde o departamento de Intervención volven a reiterar que “polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados”.
Moisés Blanco, afirmou que “estamos ante un exemplo máis deste goberno, no que volven a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco
Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou desproporcionadamente a presión fiscal e o gasto corrente, e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”.
O Barco de Valdeorras.- 18 de novembro de 2013O portavoz do Partido Popular de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, afirmou que “é un feito grave que o Goberno Socialista do Concello de O Barco non sexa capaz de contabilizar e controlar os gastos orixinados na execución das obras municipais”.
O Portavoz Popular, considera aínda máis grave que “este feito se volva a repetir, sen que desde o goberno local se tomen medidas para solucionalo, o que o converte nunha irresponsabilidade manifesta”.
Para elo, Blanco Paradelo, baséase no informe técnico emitido polo Departamento de Intervención a propósito da aprobación da Conta Xeral do ano 2012, que na súa páxina 7 di:  
-“polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de certificacións  de obra e de actas de recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do investimento[….].
O portavoz dos populares barquenses considera que esta forma de proceder “é un exemplo máis do goberno municipal do PSOE no que volve a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco”.  
Engade Moisés Blanco, que “as críticas que a este respecto ven facendo o grupo popular, desde hai moito tempo, son confirmadas e avaladas unha e outra vez polas decenas de informes desfavorables que ano a ano emiten os técnicos do Concello, que no 2012 foron un total de 132 reparos”.
Desde o Grupo Popular entenden que “os técnicos municipais fan correctamente o seu traballo, advertindo continuamente dos incumprimentos e ilegalidades, pero pouco se pode facer se o alcalde segue sen rectificar ”.
Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou a presión fiscal, o gasto corrente e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario