28 abr 2014

O PP de Ourense reivindica o mantemento dos actuais partidos xudiciais na nosa provincia


- O presidente provincial, Manuel Baltar, reuníuse cos responsables locais do PP nos concellos sede de ditos partidos xudiciais

- Lembra que o anteproxecto de lei aínda ten un longo percorrido parlamentario onde deberá quedar acreditada a non supresión dos partidos xudiciais nas vilas que son cabeceira de comarca
 
- A cercanía aos cidadáns é básica en todo servizo público e a desaparición dos actuáis partidos xudiciais vai na liña contraria dese principio básico
 
Ourense, 27 de abril de 2014.- A sede provincial do PP de Ourense acolleu unha xuntanza entre os responsables locais do PP nos concellos da provincia e o presidente provincial, Manuel Baltar, para facer un pronunciamento sobre o escenario que debuxa o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial coa posible desaparición dos actuáis partidos xudiciais existentes en Ourense.

De xeito unánime opóñense rotundamente a esa previsión do anteproxecto, impulsando iniciativas políticas que demanden unha reconsideración do Goberno respecto desta cuestión ou a súa rectificación no longo proceso de tramitación parlamentaria que queda por diante coa aprobación das emendas correspondentes.

Os responsables populares aluden a unha serie de peculiaridades e especificidades propias da provincia de Ourense, como a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e mesmo características orográficas que dificultan en moitos casos os desprazamentos á capital da provincia, cuestión que vai en contra do dereito cidadán de acceso a unha tutela xudicial efectiva como garante o artigo 24 da Constitución Española.

O achegamento e cercanía da administración de Xustiza ao cidadán debe ser un feito irrenunciable, contemplando tamén os problemas que se derivarían da desaparición dos actuais partidos xudiciais non sólo para os cidadáns senón tamén para os profesionais da xustiza, avogados e procuradores, concellos, etcétera.

O PP de Ourense cree que os esforzos feitos polo goberno autonómico nos últimos anos en materia de infraestruturas xudiciais, sexan construcións, reformas ou ampliacións, son investimentos feitos na dirección desexada de cercanía e áxil servizo de xustiza para os cidadáns en tódolos partidos xudiciais da nosa provincia de Ourense.

24 abr 2014

EL ALCALDE DE O BARCO ENCARGÒ EL REPARTO DE LA CAMPAÑA DE RECICLAJE A LA EMPRESA DE UN MILITANTE Y MIEMBRO DE LA LISTA DEL PSOE EN LAS ÚLTIMAS ELECCIONES MUNICIPALES

O Barco de Valdeorras, 23 de abril de 2014.- El Partido Popular de O Barco continúa esperando por la convocatoria de la Comisión de Medio Ambiente para que el gobierno municipal entregue las cuentas de la campaña de reciclaje.

"Mientras seguimos esperando por la convocatoria nos vamos enterando de nuevas informaciones", asegura Carlos Javier Crespo, portavoz del grupo popular en temas de Medio Ambiente.

El edil popular afirma que desde el grupo popular queremos que nos especifiquen el precio de cada sobre, la impresión, y que nos enseñen las propuestas y precios que le pidieron a las empresas".

El concejal popular asegura que "no tenemos nada en contra de la empresa que ha hecho el reparto, pero queremos que nos expliquen por que se lo encargaron a una empresa que gestiona un militante socialista y miembro de la candidatura en las últimas elecciones municipales, y además utilizando sobres timbrados con el franqueo de correos".

16 abr 2014

O PP DE O BARCO DEMANDA QUE A NOVA LEI DO PODER XUDICIAL TEÑA EN CONTA OS CRITERIOS SOCIOECONÓMICOS, XEOGRÁFICOS E DISTANCIA COA CAPITAL PARA PERMITIR QUE OS XULGADOS DO BARCO SE MANTEÑAN COMO SEDE XUDICIAL

  • Nun encontro que mantivo Moisés Blanco con varios avogados da zona asegurou que “defenderemos a existencia de sedes desprazadas nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen no anteproxecto, como ben podería ser o caso dos Xulgados de O Barco”.

O Barco de Valdeorras, 15 de abril de 2014.- O pasado 4 de abril o ministro de xustiza presentou ante o Consello de Ministros o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O texto deste anteproxecto debe pasar agora os trámites de informe preceptivo que deben emitir o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Consello Fiscal e o Consello de Estado, sen perxuízo doutros dictames ou informes que o goberno puidera requerir. Con posterioridade, o texto, coas modificacións que o goberno considere oportuno incluir, será aprobado en Consello de Ministros e iniciarase o trámite parlamentario no Congreso e Senado.

Así lle lo explicou, Moisés Blanco nun encontro que mantivo con varios avogados da comarca valdeorresa. “Polo momento, estamos nunha fase completamente inicial, onde este texto pode experimentar cambios que enriquezan o seu contido. E así esperamos que suceda”, afirma o voceiro do PP do Barco e parlamentario autonómico.

Moisés Blanco asegura que “defenderemos a existencia de sedes desprazadas nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen no anteproxecto como ben podería ser o caso dos Xulgados de O Barco”.

Para elo, Moisés Blanco confía en que desde o Goberno do Estado exista flexibilidade á hora de poñer en marcha o novo modelo, de tal xeito que as Comunidades Autónomas teñan posibilidade de adaptalo ás súas peculiaridades, de xeito coordinado co Poder Xudicial.

Por iso, o voceiro popular barquense e deputado galego agarda que nos criterios que definan a futura planta xudicial no resto do territorio sexan tidos en conta criterios relacionados directamente coas características socioeconómicas, xeográficas, poboacionais, redes de comunicacion e esforzo inversor realizado pola Xunta de Galicia á hora de construir e dotar ás sedes xudiciais como sucedeu na construción do novo edificio que alberga os Xulgados de O Barco, cunha inversión superior os 2,5 millón de euros.


Tal e como recolle o anteproxecto poderanse crear sedes desprazadas dos Tribunais Provinciais de Instancia naquelas localidades que actualmente contan con órganos xudiciais distintos dos Xulgados de Paz, en función das seguintes circunstancias:
 

- Volume e dispersión da poboación no territorio provincial.

-Relevancia da carga de traballo dos órganos xurisdiccionais existentes, segundo os módulos establecidos conforme ás determinacións da LOPX.

- Distancia da sé desprazada á capital da provincia.

-Tempo de desprazamento en transporte público desde a sé desprazada á capital da provincia.

-Especiais características orográficas ou xeográficas do territorio provincial e, singularmente, as que dificulten os desprazamentos á capital da provincia.

- Existencia, estado e posibilidade de aproveitamento de edificios e infraestruturas xudiciais existentes na sé desprazada.

- Posibilidade de amortización e de recuperación dos investimentos efectuados nos edificios e infraestruturas xudiciais da sé desprazada.

 
Considera Moisés Blanco, que todas estas circunstancias se cumpren no caso da comarca Valdeorresa, por iso, está convencido de que “teñen que posibilitar que os Xulgados do Barco se manteñan como sede xudicial, e sigan funcionando como ata o de agora”.
 

7 abr 2014

Manuel Baltar confírmalle a Moisés Blanco a paralización e revisión da taxa por depuración de augas en Valdeorras


Ourense, 4 de abril de 2014.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmoulle ao Portavoz do PP no Barco e parlamentario valdeorrés, Moisés Blanco, a paralización e revisión da taxa que os veciños da comarca de Valdeorras teñen que pagar pola depuración de augas, e que un estudo determinará as cantidades que deberán aboar os núcleos de poboación, tal e como acordou o Consorcio de Augas de Valdeorras na súa última reunión.


Moisés Blanco trasladoulle o presidente provincial o malestar dos veciños do Barco o respecto da aplicación da taxa, e que nalgúns pobos pode incluso ser inxusta e inadecuada, polo cal faise necesario revisar o criterio de aplicación da mesma para que se axuste o máximo posible o consumo real.

Desta maneira, tal e como acordou o Consorcio na súa xuntanza, un estudo determinará a taxa que deberán aboar os habitantes do rural valdeorrés pola depuración das augas residuais. Así, vaise facer un estudo do consumo medio dos puntos onde non hai contadores, mentres que as actuais taxas seguirán vixentes nos lugares onde os contadores permiten calcular o consumo real de auga.
 

2 abr 2014

O PP de O Barco presenta unha denuncia contra o alcalde polas ilegalidades detectadas na concesión da zona ORA e no servizo de Limpeza


  • O servizo da ORA leva prestándose 5 anos sen contrato, e durante este tempo ampliáronse rúas con Zona Azul, mentres que a empresa non ingresaba o Canon correspondente porque a prestación do servizo dicía que era deficitario.

  • Desde Novembro de 2010 ata Maio de 2013 a Intervención Municipal emitiu de forma continuada reparos suspensivos porque se seguiron pagando facturas a mesma empresa que prestaba o Servizo de Limpeza sen contrato.

  • Os populares barquenses afirman que “ante as repetidas irregularidades, ilegalidades e incumprimentos do goberno municipal, que levamos denunciando públicamente dende hai más de 10 anos, chegou a hora de que fale a Xustiza”.


O Barco, 01 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do PP de O Barco compareceu esta tarde en rolda de prensa para anunciar que esta mesma mañá, os populares presentaron no Xulgado de Guardia da vila valdeorresa unha denuncia contra o alcalde de O Barco, para que sexa a Xustiza quen investigue as supostas ilegalidades detectadas polos populares nas adxudicacións do servizo da ORA e do servizo de Limpeza, respectivamente.


Na denuncia, asinada polos 7 membros que compoñen o Grupo Municipal Popular, argumentan que “estamos ante una conducta irreversiblemente tipificada en nuestro Código Penal, como presunto delito de prevaricación”.


Sinala o portavoz do Grupo Municipal de O Barco, Moisés Blanco, que “ante as repetidas irregularidades, ilegalidades e incumprimentos do goberno municipal, que levamos denunciando públicamente dende hai más de 10 anos e aquí parece que non pasa nada; e ao constatar que o alcalde non cambia de actitude e se cree que está por riba do ben e do mal, chegou a hora de que fale a Xustiza”.


Explica Blanco Paradelo que “vémonos na obriga de acudir ao Xulgado para defender o interese público, presentando esta denuncia, e o facemos para defender os dereitos de todos os veciños e veciñas de O Barco, e pensando especialmente nos 2.723 votantes que nos encomendaron a labor de fiscalizar a este goberno. Agora deben falar os xuíces”.


SERVIZO ORA

Moisés Blanco lembrou que os dous feitos denunciados son de suma gravidade: o do servizo da Ora, que estivo cinco anos sen contrato, ampliando as rúas con zona azul e sen que a empresa pagase canon ao Concello. Pero que decide volver a presentarse á adxudicación do servizo. Tal e como sinala a denuncia:



(…) Es patente que la conducta del denunciado no va dirigida a corregir las ilegalidades denunciadas y de las que tiene pleno y probado conocimiento y repetidas advertencias, incluida la de la propia Fiscalía, sino todo lo contrario. Pues en vez de rescatar el Servicio para proceder a su gestión directa, proceder a la contratación de su gestión indirecta con arreglo a la ley, evita el hacerlo realizando actuaciones que se consideran simples “simulacros de apariencia de legalidad”. Por lo tanto, el servicio se está llevando a cabo de manera totalmente irregular por una empresa privada, sin la menor garantía de que se esté prestando siquiera el servicio público de la ORA, o un mero servicio privado de aparcamiento para el lucro exclusivo de dicha empresa, que estaría utilizando ilegalmente espacios y recursos públicos.


Pero es que además, el mantenimiento de esta situación hace sospechar que puedan estarse produciendo conductas penalmente tipificadas y que habrán de ser objeto de investigación.



SERVIZO DE LIMPEZA DE DIVERSAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS


E o servizo de Limpeza, onde durante 30 meses o alcalde estivo levantando reparos da Intervención Municipal porque se facturaba sen contrato (que era inicialmente dun ano improrrogable):


(…) De ahí que se hayan hecho continuos “reparos suspensivos” desde el departamento de Intervención(de noviembre 2010 a mayo 2013) docs 29bis1, 29bis2 y 29bis3 y que determinan que, de ser ciertos los hechos que se denuncian, no pueda el denunciado escudarse en que estamos ante una simple o posible ilegalidad administrativa, cuando, “a sabiendas” consiente que esa ilegalidad persista y muestre conformidad a seguir “ejercitándola”.


El denunciado es conocedor, como no podía ser de otra forma, de tal limitación. El denunciado es advertido una y otra vez, e incluso hay una profusa denuncia en los medios de comunicación, en los boletines informativos que publica la Secretaria de Comunicación del Partido Popular (docs. 30 á 37). Entre los años 2011 y 2012, la empresa concesionaria cobra 264.643,28 euros por el servicio. Y por parte de los técnicos municipales, como ya se indicó más arriba, hay repetidos “reparos suspensivos”, a los que el denunciado no presta ni la más mínima consideración. Y ello supone una clara intención de seguir desarrollando conductas ilegales, pese al conocimiento y advertencia de tal ilegalidad.