29 jun 2013

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, POTENCIAR LIÑAS DE INFORMACIÓN E DIFUSIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS


Que inclúan a todos os sectores produtivos e os riscos naturais que afectan as explotacións “e que poñen en risco o traballo, o esforzo e o investimento feito nas actividades agrícolas” segundo o deputado Moisés Blanco Paradelo



O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, POTENCIAR LIÑAS DE INFORMACIÓN E DIFUSIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS



  • Moisés Blanco pon como exemplo o descenso de temperaturas tan drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de Valdeorras “provocando múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e o Bolo que puideron ter provocado a perda de ata un 80% da colleita”

 

  • O deputado popular recorda que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80% do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron recibiron a axuda


Santiago, 28 de xuño de 2013.- O Parlamento aprobou, a iniciativa do PPdeG, potenciar liñas de información e difusión de campañas para incentivar a contratación de seguros agrarios, co obxectivo de avanzar no proceso de inclusión no seguro de todos os sectores produtivos e dos riscos naturais que afectan as explotacións. O deputado popular Moisés Blanco Paradelo, autor da iniciativa, indicou que o sistema español de seguros agrarios “é un instrumento necesario e estratéxico para estabilizar as fluctuaciones das colleitas froito das variacións do clima como factor clave na actividade agraria”.


O deputado popular puxo como exemplo o descenso de temperaturas tan drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de Valdeorras “que provocou múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e o Bolo”, que puideron ter provocado a perda de ata un 80% da colleita”. Esta situación contrasta, segundo Moisés Blanco, con que moi poucos viticultores non contan con seguros o que “pon en risco o traballo, esforzo e investimento feito nestas actividades con perdas fulminantes nas cosechas”.


O deputado do PPdeG manifestou a súa sorpresa xa que “especialmente entre os viticultores ten descendido o número que opta a estes seguros e probablemente sexa necesario incrementar a información e a difusión das condicións para a elaboración dos mesmos e así non poñer en risco o investimento e o traballo desenvolto durante moito tempo”.


Moisés Blanco recordou que dende hai moitos anos o sistema español de seguros agrarios “é un instrumento necesario e estratéxico para estabilizar as inversións” e trátase dun sistema mixto público-privado, co apoio do Ministerio e as Comunidades Autónomas, que convocan axudas para a financiación dos mesmos. Así recordou que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80% do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron recibiron a axuda.

O PP DE O BARCO SOLICITOU A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE CULTURA PARA AVALIAR A ORDE DE AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA DESTINADA Á MELLORA E EQUIPAMENTO DE LOCAIS CON ACTIVIDADES CULTURAIS


O Diario Oficial de Galicia do 31 de maio publicou a Orde do 20 de maio de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2013, no que atinxe á mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais, conforme o procedemento que a continuación se establece. Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación da orde.
A dotación das axudas será destinada a realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
 
A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 50.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 75 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 50.000 euros ascenderá a 57.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).
O importe máximo destas axudas non poderá, en ningún caso, superar o custo das actividades que desenvolvan as entidades beneficiarias; estas axudas serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo elixible e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa nacional e comunitaria aplicable.
 
Comprobado polo noso grupo que a día de hoxe o Concello do Barco non solicitou ningunha axuda en relación a esta Orde de subvencións, e tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de xullo, é polo que
 

SOLICITA:
 

A convocatoria extraordinaria-urxente da Comisión de Cultura a fin de poder avaliar entre todos os grupos políticos esta Orde e propoñer algún proxecto ou diversas actuacións que poidan acollerse a estas subvencións.
 
 
 
 
 






 
 
 
 
 



26 jun 2013

MOISÉS BLANCO REUNÍUSE CON ROSA QUINTANA PARA ABORDAR DIVERSOS TEMAS DO EIDO FORESTAL E SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS


O parlamentario trasladou á conselleira a importancia de impulsar o proxecto de posta en valor do monte de Valdeorras e, en concreto, o relativo á implantación e mellora da xestión das plantacións de castiñeiros de froito


MOISÉS BLANCO REUNÍUSE CON ROSA QUINTANA PARA ABORDAR DIVERSOS TEMAS DO EIDO FORESTAL E SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

  • Desde a Consellería do Medio Rural e do Mar aseguran que en menos de dez minutos o helicóptero contra incendios podería estar sobrevoando a comarca de Valdeorras si se precisase da súa intervención para a extinción dun lume

  • Lamenta que o alcalde socialista do Barco critique a posta en marcha das brigadas municipais contra incendios e despois acabe solicitando o convenio para poñelas en marcha
Santiago, 26 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Moisés Blanco Paradelo mantivo hoxe unha reunión coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na que abordaron unha serie de temas relacionados co eido forestal e no ámbito da prevención e extinción de incendios.


O parlamentario trasladou a importancia de impulsar o proxecto de posta en valor do monte de Valdeorras e, en concreto, o relativo á implantación e mellora da xestión das plantacións de castiñeiros de froito. A titular do departamento autonómico de Medio Rural ratificou o compromiso e vontade do Goberno galego de desenvolver nesta zona este proxecto, que terá un carácter experimental e que serviría para comprobar os resultados desta estratexia para a multiplicación do valor económico nos montes.


Moisés Blanco insistiu que unha vez que quedou claro o compromiso da Consellería corresponde agora ao Concello poñer a disposición os terreos de monte e plantacións forestais que permitan dar arranque a este proxecto tan importante, e insiste en que a súa execución redundará tanto na diversificación económica forestal como na mellora das políticas preventivas contra incendios.

HELICÓPTERO CONTRAINCENDIOS

Moisés Blanco tamén coñeceu de primeira man o dispositivo previsto para a campaña estival contra incendios e destacou como a distribución dos helicópteros contraincendios responde a criterios exclusivamente técnicos e estratéxicos.


Que non exista un helicóptero as 24 horas na base de Valdeorras non quere dicir que non estea plenamente operativo e disposto para participar de xeito inmediato nun operativo de extinción que se produza nesta comarca. De feito os helicópteros non pertencen a un ámbito comarcal concreto, senón que participan alí onde fai falla, como se demostrou no gran despregue de medios que tivo lugar no incendio do Barco, que foi o que máis número de medios aéreos congregou ao longo de todo o último ano”.


Moisés Blanco explicou que un helicóptero podería tardar arredor de dez minutos en percorrer os aproximadamente 30 quilómetros que separan a comarca do Barco da base permanente sita en San Xoán de Río. “En menos de dez minutos estaría sobrevoando a zona, si se precisa da súa intervención”


A Xunta confirmou ao deputado que todos os medios contraincendios forman parte dunha planificación unitaria e responden a un mando único polo que a administración pode trasladalos a unha ou outra comarca, empregando todas as bases alternativas, segundo se precise, garantindo as ratios de resposta a cobertura de todo o territorio conforme a criterios técnicos e avaliación de riscos.



BRIGADAS FORESTAIS

Moisés Blanco quixo aproveitar tamén para pedir ao alcalde socialista do Barco que faga o traballo que ten pendente neste eido en vez de dedicarse a criticar por criticar. Nesa liña lembrou a incoherencia do rexedor cando cuestiona a creación das brigadas municipais contra incendios e despois acaba solicitando o convenio para poñelas en marcha.

O deputado popular lembroulle ao rexedor que os concellos teñen plenas competencias no ámbito da prevención e loita contra os lumes e, de feito, as medidas concretas que ten previsto impulsar a Xunta de Galicia no ámbito da coordinación e apoio aos concellos, de cara a súa involucración e implicación activa na loita contra incendios forestais enmárcanse na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012 do 28 de xuño de montes (artigos 8 e 59)

14 jun 2013

O PPDEG REITERA QUE A XUNTA PROMOCIONA E IMPULSA OS CONTRATOS HOMOLOGADOS NO SECTOR VITIVINÍCOLA “AÍNDA QUE NON OS PODE IMPOÑER”


O deputado Moisés Blanco Paradelo reiterou hoxe na Comisión de Agricultura do Parlamento a aposta da Administración autonómica pola existencia de contratos-tipo para achegar transparencia e estabilidade ao sector


Santiago, 14 de xuño de 2013.- O deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo reiterou hoxe no seo da Comisión de Agricultura do Parlamento que a Xunta promociona e impulsa os contratos homologados no sector vitivinícola “que achegan transparencia e estabilidade ao sector e son bos tanto para produtores como para as industrias xa que lles permiten ter unhas garantías, aínda que a Administración autonómica non os pode impoñer xa que é necesario deixar traballar con liberdade as denominacións de orixe”.


O deputado popular puxo como exemplos desta defensa deste tipo de contratos pola Administración a priorización das axudas ás empresas que os asinan nos sectores nos que existen e as múltiples reunións que propiciou a Consellería de Medio Rural e do Mar entre organizacións agrarias e representantes do sector nos que existen.


Do papel da Consellería na consecución destes acordos se traduce a súa promoción e impulso, pero obviamente non pode impoñelos se algunha das partes non está de acordo, por iso, na lexislatura pasada houbo denominacións de orixe nas que os representantes do sector asinaron acordos sobre estes contratos para a súa homologación pola consellería” segundo Moisés Blanco.


Para o deputado do PPdeG é necesario ter claro que estes contratos “non poden ter como fin fundamental fixar o prezo mínimo de compra, senón que pode e debe servir para dar garantías ao produtor de recollida da colleita e dos prazos e condicións nos que vai cobrar pero, en principio, o prezo debe ser algo que libremente pacten en cada contrato o produtor e a adega”.


Ao respecto da falta de pago das uvas que se adebedan ou que se produciron nalgunhas denominacións de orixe, Moisés Blanco Paradelo indicou na súa intervención que é necesario diferenciar dúas situacións. Por unha banda se a falta de pago se refire a transaccións comerciais realizadas ao abeiro dun contrato homologado “os viticultores poden poñelo de manifesto perante a comisión de seguimento do contrato e intentar resolvelo nesa instancia ou senón pode acudir á arbitraxe da Consellería” e cando o impago se corresponde con transaccións realizadas á marxe do contrato “a Consellería non ten un instrumento legal para actuar polo que o viticultor tería que, se o considera oportuno, acudir á vía xudicial para reclamar o pagamento”.

13 jun 2013

O GRUPO POPULAR INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLA INTENCIÓN DA XUNTA DE DESENVOLVER O PLAN DE VALORACIÓN DO MONTE GALEGO NA COMARCA DE VALDEORRAS



  • Moisés Blanco valora “moi positivamente” que a zona sexa unha das primeiras onde se ten previsto desenvolver o Plan, “unha zona moi afectada polos incendios forestais do pasado verán e, polo tanto, onde cómpre desenvolver con especial intensidade medidas dirixidas á valoración dos seus montes”

Santiago, 12 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco Paradelo ven de presentar no Parlamento de Galicia unha serie de preguntas co obxecto de interesarse pola intención da Xunta de Galicia de desenvolver o Plan de Valoración do Monte Galego na comarca de Valdeorras. Nese sentido solicita información sobre as datas nas que está previsto desenvolver o proxecto piloto na bisbarra ourensá, así como o alcance e os obxectivos perseguidos no mesmo.

O parlamentario lembra que o Grupo Parlamentario Popular ven defendendo na actual lexislatura o impulso dunha serie de proxectos estratéxicos dirixidos principalmente a fomentar o incremento das masas forestais e ao aumento do valor económico dos bosques. Neste sentido, destacou a posta en marcha do ambicioso Plan de Valorización do Monte Galego, anunciado pola conselleira do Medio rural e do Mar, e que disporá dun amplo respaldo orzamentario e servirá para estimular e fixar o emprego no rural.
Moisés Blanco valora “moi positivamente” que a comarca de Valdeorras sexa unha das primeiras zonas onte ten previsto desenvolverse o Plan. “Unha zona moi afectada polos incendios forestais do pasado verán e, polo tanto, onde cómpre desenvolver con especial intensidade medidas dirixidas á valoración dos seus montes” indicou o deputado popular.
Por todo elo, nas preguntas parlamentarias presentadas o parlamentario pide confirmar os emprazamentos para desenvolver o Plan e logo de avaliar os datos da experiencia piloto se a Xunta ten previsto amplialo ao resto da xeografía forestal. Moisés Blanco destacou tamén na súa iniciativa a importancia do sector forestal galego e a necesidade de afianzalo no lugar de privilexio que ostenta. Así destaca que Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un lugar esencial, sendo unha potencia forestal das máis importantes de Europa.

A nosa superficie forestal arborada representa o 48% da totalidade da Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45% da produción nacional polo que é necesario o impulso e a defensa, de feito estruturado e conexo, de accións encamiñadas a fomentalo e aumentar o seu valor económico como é o caso deste Plan de Valorización do Monte Galego” segundo Moisés Blanco.

12 jun 2013

EL PP PREGUNTA POR LOS INCUMPLIMIENTOS Y RETRASOS EN LA CESIÓN DE UNA PARCELA PARA USO DE LA RESIDENCIA DE ANCIANOS


Expone:

El 13 de diciembre de 2007, en la sesión plenaria que se celebró en el Concello de O Barco, la Corporación Municipal, con 9 votos a favor de PSOE y 7 votos en contra de PP y BNG, acordaba lo siguiente:


1º. A cesión de uso gratuíta á Fundación Nuestra Señora de Fátima, e coa finalidade de que alí sexa emprazado un xardín de esparcemento para os usuarios da futura residencia geriátrica de Calabagueiros, da parcela que se describe a continuación:

Parcela de 1360 m2 resultante da aprobación do Proxecto de parcelación 2 (solar rotacional de Calabagueiros). Linda: --Norte: parcela H residencia geriátrica, Sur rúa Calabagueiros e parcela G, Este parcelas G e K, Oeste parcela F SERGAS.


2º. Os fines para os que se otorga a cesión, deberán cumplirse dende a data de adopción de presente Acordo Plenario. Asemade, deberá manterse o destino dos bens durante os 30 anos seguintes.

En caso de incumprimento, considerarase resolta a cesión e reverterá o ben o Patrimonio do Concello, con tódalas pretensas e accesorios.

No relativo á resolución da cesión, será de expresa aplicación o desposto no artigo 150.1 da Lei 33/2003.

3º. Para que a cesión despregue os seus efectos, o cesionario deberá proceder á súa inscrición no Rexistro da Propiedade, sendo de aplicación (coas oportunas adaptacións por se-lo cedente unha entidade local) as previsións do artigo 151.2 e 3 da Lei 33/2003.

El 20 de diciembre de 2010, transcurridos tres años desde el acuerdo plenario citado anteriormente, la parcela cedida seguía sin destinarse al fin previsto. Cierto es, que meses más tarde, y fruto de las críticas políticas de nuestro grupo, la deteriorada pista de tenis pasaba a convertirse en jardín para uso privativo de los usuarios de la residencia geriátrica.

Hoy martes, 11 de Junio de 2013, nuestro grupo político ha solicitado en el Registro de la Propiedad una Nota Simple Informativa, en la que hemos podido comprobar que la parcela en cuestión, por fin, fue inscrita a nombre de la Fundación Nuestra Señora de Fátima el pasado 22 de abril de 2013.

Teniendo en cuenta, que han pasado más de cinco años desde que el Pleno de la Corporación Municipal del Concello de O Barco acordara su cesión,


Solicita:

Que al objeto de aclarar todo lo relativo a la cesión de esta parcela le sean contestadas las siguientes cuestiones:


1- ¿Cuáles fueron los causas que motivaron todo este retraso y los diferentes incumplimientos?

2- ¿Por qué el Concello de O Barco no vigiló el cumplimiento del acuerdo plenario del 13 de diciembre de 2007?
3- ¿Sigue teniendo validez este acuerdo plenario?
4- ¿Desde qué fecha se contabilizará la cesión?

5- Si se cumplen todas las condiciones, ¿en qué año terminará la cesión?