27 nov 2013

O PP DE O BARCO SOLICITA VARIOS INFORMES DE INTERVENCIÓN “Á VISTA DAS GRAVES IRREGULARIDADES TANTO NOS LISTADOS DE TESOURERÍA COMO NOS MOVEMENTOS DE ENTRADA E SAÍDA DE FONDOS LÍQUIDOS”


  • Segundo o Interventor, determinados listados da Tesourería presentan defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos ou que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.

  • Os populares tamén solicitan unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados.

  • Moisés Blanco Paradelo asegura que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables”.


O Barco de Valdeorras, 26 de novembro de 2013.- O Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Barco vén de anunciar que o seu grupo presentou un escrito no Rexistro Xeral do Concello no que solicitan varios informes de intervención “á vista das graves irregularidades tanto nos listados de tesourería como nos movementos de entrada e saída de fondos líquidos”.


Moisés Blanco Paradelo explicou que o escrito que presentaron hoxe basease nas incidencias que puxo de manifesto o Interventor municipal no informe elaborado para a aprobación da Conta Xeral do ano 2012.

Neste informe alértase de que determinados listados da Tesourería do Concello presentan defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos), ou que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.

Aproveitan os populares este escrito para solicitar relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este importante reparo.

O Portavoz popular afirma que “é un escándalo continuo a cantidade de irregularidades que teñen que poñer sobre a mesa os técnicos do concello pola xestión totalmente irresponsable do goberno socialista de O Barco”.

Engade Blanco Paradelo, que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables,(no 2012 foron 132 reparos). Menos mal que están os técnicos”.


O escrito dos populares ten o seguinte texto:


Tendo en conta o informe elaborado o 5 de setembro polo departamento de Intervención a propósito do expediente da Conta Xeral do ano 2012, e ante a preocupación que o noso grupo ten por algunhas das irregularidades ás que se refire o Interventor Municipal, concretamente na páxina 7 do citado informe, queremos trasladarlle varias cuestións.


- Primeira.- No tocante a que “Determinados listados, tales como o E570 “Estado de Tesourería” comprensivo de dúas páxinas, presentan defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos)


- Segunda.- Con ocasión da elaboración da Liquidación do Orzamento, detectáronse unha serie de incidencias no Listado E570 “Resumo Xeral de Tesourería: primeira parte” tal e como acontecera en anteriores exercicios, continúa a ser erróneo; debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados(o O012 “Acta de arqueo de tesourería” por exemplo).

- Terceira.- Polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de certificacións de obra e de actas de recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do investimento[….].



Por todo o anteriormente exposto,



SOLITICA:

Que o departamento de Intervención elabore un informe no que se detalle:

- Os motivos e as consecuencias de que listados como o E570 “Estado de Tesourería”, presenten defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e pagamentos).

- Os motivos e as consecuencias sobre as incidencias no Listado E570 “Resumo Xeral de Tesourería, no que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.


Respecto á terceira cuestión, solicitamos unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este importante reparo.

O PARTIDO POPULAR DE O BARCO MANIFESTA O SEU MÁIS PROFUNDO REXEITAMENTO A CALQUERA FORMA DE VIOLENCIA EXERCIDA CONTRA AS MULLERES


  • Os populares barquenses defenden que as situacións de violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e interdisciplinar por parte das distintas administracións

O Barco de Valdeorras.- 22 de novembro de 2013. Con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro do Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o Partido Popular de O Barco manifesta o seu máis profundo rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres.


A violencia, que nas súas distintas formas se exerce contra as mulleres, constitúe a mais clara manifestación das desigualdades que persisten entre mulleres e homes, constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e psíquica das vítimas e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade mais xusta e igualitaria.


As situacións de violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e interdisciplinar por parte das distintas administracións.


A través da mellora da coordinación interinstitucional e da garantía dos dereitos que o noso ordenamento xurídico recoñece ás vítimas e aos seus fillos e fillas, preténdese alcanzar unha resposta máis eficaz, centrada na prevención da violencia de xénero, unha mellor protección das mulleres e dos seus fillos e fillas e unha atención personalizada que contribúa á súa recuperación integral.


Por iso, resulta imprescindible xuntar todos os esforzos para facer fronte a este grave problema público e social, apelando á unidade de todas as forzas políticas e das Administracións Públicas, contando coa implicación da sociedade no seu conxunto e apoiando o labor das organizacións especializadas da sociedade civil.


Consciente da necesidade de seguir avanzando neste ámbito, o Partido Popular de O Barco reitera o seu compromiso co obxectivo de alcanzar unha sociedade libre de violencia na que as mulleres gocen da dignidade e os dereitos que lles son inherentes, como corresponde a unha sociedade libre e democrática.

NOVE COMERCIOS DE O BARCO E A RÚA RECIBEN DA XUNTA DE GALICIA MÁIS DE 7.700 EUROS PARA A INCORPORACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E FOMENTO DO COMERCIO ELECTRÓNICO


O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco informou da concesión destas axudas por parte da Consellería de Economía e Industria


NOVE COMERCIOS DE O BARCO E A RÚA RECIBEN DA XUNTA DE GALICIA MÁIS DE 7.700 EUROS PARA A INCORPORACIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E FOMENTO DO COMERCIO ELECTRÓNICO



Santiago, 22 de novembro de 2013.- Máis de 7.700 euros de axuda da Xunta de Galicia para incorporación de tecnoloxías da información e fomento do comercio electrónico recibiran nove comerciantes dos concellos de O Barco de Valdeorras e A Rúa, segundo informou hoxe o deputado popular Moises Blanco.


En concreto, Blanco explicou que estas axudas permitirán levar adiante nestes comercios a compra de ordenadores, a creación de páxinas web, implantación de lectores de códigos, dotación de impresoras ou terminais de punto de venda. O investimento total superará os 10.700 euros.


19 nov 2013

O INTERVENTOR MUNICIPAL DILLE AO GOBERNO SOCIALISTA DE O BARCO QUE É INCAPAZ DE CONTABILIZAR E CONTROLAR OS GASTOS DAS OBRAS QUE EXECUTA O PROPIO CONCELLO



Desde o departamento de Intervención volven a reiterar que “polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados”.
Moisés Blanco, afirmou que “estamos ante un exemplo máis deste goberno, no que volven a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco
Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou desproporcionadamente a presión fiscal e o gasto corrente, e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”.
O Barco de Valdeorras.- 18 de novembro de 2013O portavoz do Partido Popular de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, afirmou que “é un feito grave que o Goberno Socialista do Concello de O Barco non sexa capaz de contabilizar e controlar os gastos orixinados na execución das obras municipais”.
O Portavoz Popular, considera aínda máis grave que “este feito se volva a repetir, sen que desde o goberno local se tomen medidas para solucionalo, o que o converte nunha irresponsabilidade manifesta”.
Para elo, Blanco Paradelo, baséase no informe técnico emitido polo Departamento de Intervención a propósito da aprobación da Conta Xeral do ano 2012, que na súa páxina 7 di:  
-“polo que respecta ás obras executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de certificacións  de obra e de actas de recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do investimento[….].
O portavoz dos populares barquenses considera que esta forma de proceder “é un exemplo máis do goberno municipal do PSOE no que volve a demostrar a absoluta falta de control e de rigor na xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco”.  
Engade Moisés Blanco, que “as críticas que a este respecto ven facendo o grupo popular, desde hai moito tempo, son confirmadas e avaladas unha e outra vez polas decenas de informes desfavorables que ano a ano emiten os técnicos do Concello, que no 2012 foron un total de 132 reparos”.
Desde o Grupo Popular entenden que “os técnicos municipais fan correctamente o seu traballo, advertindo continuamente dos incumprimentos e ilegalidades, pero pouco se pode facer se o alcalde segue sen rectificar ”.
Lamentan os populares que “desde que empezou a crise, no Barco reduciuse a inversión pero aumentou a presión fiscal, o gasto corrente e aínda por riba non son nin capaces de contabilizalo”.

18 nov 2013

EL CONCELLO DE O BARCO HA SIDO DENUNCIADO POR FALTA DE SEGURIDAD EN EL LANZAMIENTO DE LOS FUEGOS ARTIFICIALES EN LAS FESTAS DE O CRISTO


  • Los populares barquenses solicitan la convocatoria urgente de la Comisión de Seguridad Ciudadana para pedir explicaciones.
  • Estaríamos ante unos hechos de enorme gravedad, puesto que el dispositivo preparado para tal fin se haya cerca de zonas con masa forestal y de fácil acceso para la ciudadanía.


O Barco de Valdeorras.- 14 de noviembre de 2013. El portavoz del Grupo Municipal Popular de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, acaba de anunciar que su grupo ha solicitado la convocatoria extraordinaria-urgente de la Comisión de Seguridad Ciudadana para “pedir todas las explicaciones por la falta de medidas de seguridad y control en el dispositivo preparado para la sesión pirotécnica del día de las Festas do Cristo”.
El escrito con la solicitud fue presentado esta misma mañana en el registro general del Concello de O Barco, firmado por los representantes populares en la propia comisión informativa, Arsenio Moldes, Carlos Javier Crespo y Antonio Melo.

Los ediles populares afirman que: “Ha llegado a nuestro grupo político información relativa a una denuncia que se ha presentado contra el Concello de O Barco por la posible falta de seguridad en el lanzamiento de los fuegos artificiales el pasado 14 de septiembre, día grande de las “Festas de O Cristo”.

Teniendo en cuenta que el dispositivo preparado para tal fin se haya cerca de zonas con masa forestal y de fácil acceso para la ciudadanía estaríamos ante unos hechos de enorme gravedad.

Tal es así, que desde el grupo popular queremos que se nos faciliten todas las explicaciones posibles y poder conocer y valorar el verdadero riesgo al que pudieron estar sometidos todos nuestros vecinos y vecinas.

Por ello, solicitan la convocatoria extraordinaria-urgente de la Comisión Informativa de Personal, Tráfico y Seguridad Ciudadana.

14 nov 2013

EL FISCAL RECONOCE QUE EL CONCELLO DE O BARCO LLEVA ACTUANDO CON EL "ASUNTO ORA" AL MARGEN DE LA LEY DESDE EL AÑO 2009

El alcalde de O Barco informó sobre el archivo de una denuncia que el Partido Popular presentó hace meses en la Fiscalía Provincial de Ourense por las ilegalidades del Servicio ORA. En la resolución, el Fiscal reconoce que el Concello ha actuado al margen de la ley desde el año 2009, y que se aprecian ilegalidades administrativas pero no  las considera delito de tipo penal. Pero a la vista de las irregularidades ofrece la posibilidad de actuar por otras vías, que los servicios jurídicos del partido están valorando puesto que el propio reconocimiento de ilegalidades es claro y manifiesto.
Después de conocer las declaraciones del alcalde y su prematuro "triunfalismo" queremos dejar claro que:
PRIMERO.- El Grupo Municipal del Partido Popular de O Barco no denunció al Sr. Alcalde de O Barco, sino que presentó denuncia para perseguir hechos ilegales con motivo del tema de la ORA, y que, a sabiendas que son ilegales, y habiéndolo denunciado varias veces y por distintos medios y advirtiendo de ello a los técnicos municipales y al Sr. Alcalde, sin embargo no se adopta medida alguna, y sigue cometiéndose la ilegalidad.

SEGUNDO.- El Fiscal Jefe de Ourense, con el que no tuvimos reunión ni contacto alguno, ni lo conocemos, en su escrito de fecha 25 de septiembre de 2013, y en el penúltimo párrafo de su escrito dice que el Gobierno del Concello ha actuado al “margen de la legalidad por omisión de sus funciones respecto a la ORA generando una situación de hecho claramente sin cobertura legal, pero que ello no supone conducta delictiva.”

TERCERO, y nosotros, los ciudadanos de O Barco, nos preguntamos si un alcalde o corporación municipal, después de advertírselo muchas veces por escrito, en los Plenos o en Comisiones que están cometiendo una ilegalidad, y que esa ilegalidad la ve hasta el Mº Fiscal, y cualquier ciudadano, por muy profano que sea en leyes, y a sabiendas siguen cometiéndose en la legalidad, entendemos que esa conducta es algo más que una simple ilegalidad, porque para eso está el Código penal, a no ser que el Código penal tenga una interpretación diferente en Santiago que en Ourense.

CUARTO.- En defensa de los derechos de los ciudadanos y en defensa del principio de legalidad, el PP de O Barco va a instar las acciones oportunas, porque no parece que exista duda sobre cómo hay que interpretar las leyes y las conductas que, pese a su evidencia, parecen gozar de impunidad.

13 nov 2013

EL GOBIERNO DE O BARCO HA INCREMENTADO EN LOS ÚLTIMOS 3 AÑOS UN 24% LA PRESIÓN FISCAL DE LOS CIUDADANOS


  • En el 2012 los contribuyentes de O Barco pagaron 63,2€ más que en 2009 por los mismos servicios.
  • La Conta Xeral del 2012 se presentó fuera de plazo y contempla los 132 reparos efectuados por los técnicos municipales durante todo el año.
  • Moisés Blanco: “Los datos confirman que mientras disminuye la inversión, aumentan desproporcionadamente los impuestos y el gasto corriente, claves de una mala gestión”.

O Barco de Valdeorras.- 12 de noviembre de 2013. El portavoz del Partido Popular en el Concello de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, ha criticado algunos datos que se desprenden del análisis de la Conta Xeral del 2012, a su juicio “preocupantes por la reiteración de los mismos”.

Una Conta Xeral, que según el portavoz popular “es habitual que con este gobierno se haga siempre incumpliendo los plazos legales para su presentación”.


INFORMES DESFAVORABLES

El documento contempla los diferentes reparos técnicos que la gestión de este gobierno socialista recibe durante todo el año. Y es que durante el 2012 los técnicos municipales realizaron 132 observaciones desfavorables relativas a la aprobación de listados de facturas, adjudicaciones o contrataciones de personal y servicios.

Moisés Blanco considera que la gran cantidad de informes desfavorables “censuran la gestión de cualquier gobierno”, y demuestran que “este alcalde se salta continuamente las leyes y los reglamentos, una actitud inaceptable para alguien que está al frente de una administración pública”.



GASTO CORRIENTE

Otro de los datos que preocupan al portavoz popular es el aumento del gasto corriente, que en el apartado de “Subministros” aumenta un 41,13% y en el de “Servicio Externos” un 27,51% más que en el 2011.

Moisés Blanco, portavoz popular afirma que “estos datos reflejan la incapacidad del gobierno municipal para, ya no reducir el gasto corriente, sino que para controlarlo”.


PRESIÓN FISCAL

Las Presión Fiscal que soportan los ciudadanos de O Barco ha venido aumentando desproporcionadamente desde que empezó la crisis, con la excepción del 2011, año en el que se celebraron las elecciones municipales. Eso sí, una vez que pasaron, en el mes de noviembre se subieron todas las tasas e impuestos para el ejercicio 2012.
Tal es así, que en el año 2009 la presión fiscal fue de 263,73€ y en 2012 supuso para los bolsillos de los vecinos y vecinas 326,89€. En tres años pasaron a pagar 63,16€ más por los mismos servicios “sin que existieran mejoras en la prestación y en la calidad”. Un aumento del 23,9%, muy por encima de la media anual de IPC, en torno al 2,5%.

9 nov 2013

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, SOLICITAR QUE A “FESTA DO BOTELO” DO BARCO DE VALDEORRAS SEXA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA


Santiago, 8 de novembro de 2013.- O Parlamento aprobou hoxe, na sesión celebrada pola Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, a iniciativa do PPdeG, solicitar á Xunta de Galicia que a “Festa do Botelo” do Barco de Valdeorras sexa declarada de Interese Turístico de Galicia. O deputado popular Moisés Blanco, encargado da defensa da iniciativa, defendeu este recoñecemento como un fortalecemento, impulso e promoción tanto da festa como do propio produto.


Blanco Paradelo recordou que a Festa “está totalmente consolidada e é moi concorrida, logo de celebrárense xa XIII edicións, e que mistura cultura, tradición e gastronomía, sinais de identidade do noso pobo”. Estas son razóns que esgrimiu para solicitar a súa inclusión, “xa que considero que cumpre os requisitos establecidos polo Decreto 39/2001 do 1 de Febreiro no que se establece a potestade da Xunta para a declaración das festas de Galicia de interese turístico acontecementos festivos celebrados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma”.


Sinalou entre estes requisitos que “ supón unha valoración da cultura e das tradicións populares e ten unha especial relevancia como atractivo turístico, así como unha antigüidade de 13 anos, sendo a mínima requerida de 10 anos” ademais de argumentar razóns de “singularidade, tradición, participación ou valor cultural”.


O deputado popular lembrou a a Corporación Municipal do Barco de Valdeorras xa aprobou por unanimidade, a proposta do Grupo Municipal Popular “iniciar de forma inmediata o expediente para presentar a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico” polo que considerou o trámite no Parlamento un novo impulso para a súa consecución. 


Moisés Blanco rematou a súa intervención indicando que “foi para min unha honra como barquense poder falar de O Barco e do Botelo a través desta iniciativa que recibiu o apoio unánime deste Parlamento”.


5 nov 2013

O PP de O Barco solicita que o Concello barquense promova convenios de colaboración coas grandes e medianas superficies para a doazón continuada e permanente de produtos alimenticios


  • Os populares veñen de rexistrar esta mañá unha moción ao respecto para o seu debate e aprobación no pleno municipal, solicitando tamén a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e información para que se sumen todos os supermercados ou comercios que así o desexen


O Barco, 04 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular en O Barco de Valdeorras ven de rexistrar esta mañá unha moción, para o seu debate e posterior aprobación no pleno municipal, que solicita que o Concello de O Barco promova a sinatura de convenios de colaboración coas grandes e medianas superficies comerciais da vila para a doazón continuada e permanente de produtos alimenticios.


Ademáis, os populares tamén solicitan que a Concellería de Asuntos Sociais, en colaboración coa Concellería de Comercio, poña en marcha unha campaña de sensibilización e información para que se sumen todos os supermercados ou comercios que así o desexen.


Segundo explica o portavoz dos populares, Moisés Blanco, “con esta proposta, queremos que a Concellería de Asuntos Sociais incentive as áreas comerciais do Barco para que doen produtos alimenticios, en moitos casos excedentes en bo estado que son desaproveitados, e a través das propias asociacións benéficas e coa colaboración institucional do Concello poidan distribuírse diariamente ou semanalmente entre as familias máis necesitadas. Do mesmo xeito, a Concellería podería crear o distintivo de “Entidade Solidaria”, para que o poñan nas súas instalacións e o Concello publicitar na súa web a lista de colaboradores que participen nesta campaña”.


Na exposición de motivos da moción, os populares de O Barco sinalan que:

Segundo os últimos datos facilitados por algunhas das entidades máis representativas de carácter benéfico da nosa comarca, no presente ano, lévanse realizadas en O Barco preto de 5.000 atencións, chegando a máis de 600 persoas con necesidades. Deste xeito, tal e como afirmaron públicamente os responsables de Cruz Vermella e Cáritas a súa labor asistencial incrementouse nos últimos tempos por mor das dificultades económicas polas que atravesa a nosa sociedade, e en particular moitas familias que acoden reiteradamente a este tipo de axudas.

Os veciños e veciñas de O Barco teñen demostrado a súa xenerosidade a través da súa participación en diferentes proxectos sociais como actuacións, concertos, cenas, mercadillos, sorteos etc... onde os barquenses amosan en cada convocatoria o seu corazón solidario.
Ademais do xusto recoñecemento veciñal e o papel fundamental das distintas institucións ou asociacións que neste eido levan traballando moitos anos, tamén se teñen sumado todo tipo de colectivos, entidades e centros educativos que con cada actividade conseguen periodicamente unha gran recolección de roupa, comida, medicinas, xoguetes ou cartos para poder afrontar os gastos básicos do día a día de calquera fogar.

Dende o grupo popular somos conscientes que, malia que a situación comeza a mellorar, aínda hai e seguirá habendo moitas familias que seguirán atravesando serias dificultades para poder levar as súas casas algo tan elemental como son os alimentos e os produtos de primeira necesidade.

Por iso, consideramos que desde o Concello sería moi positivo impulsar a sinatura de “Convenios de Colaboración” coas grandes e medianas superficies comerciais para que de xeito continuo e permanente poidan doar unha importante cantidade de alimentos”.