- Os populares veñen de rexistrar esta mañá unha moción ao respecto para o seu debate e aprobación no pleno municipal, solicitando tamén a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e información para que se sumen todos os supermercados ou comercios que así o desexen
O Barco, 04 de
novembro de 2013.- O
Grupo Municipal do Partido Popular en O Barco de Valdeorras ven de
rexistrar esta mañá unha moción, para o seu debate e posterior
aprobación no pleno municipal, que solicita que o Concello de O
Barco promova a sinatura de convenios de colaboración coas grandes e
medianas superficies comerciais da vila para a doazón continuada e
permanente de produtos alimenticios.
Ademáis,
os populares tamén solicitan que a Concellería de Asuntos Sociais,
en colaboración coa Concellería de Comercio, poña en marcha unha
campaña de sensibilización e información para que se sumen todos
os supermercados ou comercios que así o desexen.
Segundo
explica o portavoz dos populares, Moisés Blanco, “con esta
proposta, queremos que a Concellería de Asuntos Sociais incentive as
áreas comerciais do Barco para que doen produtos alimenticios, en
moitos casos excedentes en bo estado que son desaproveitados, e a
través das propias asociacións benéficas e coa colaboración
institucional do Concello poidan distribuírse diariamente ou
semanalmente entre as familias máis necesitadas. Do mesmo xeito, a
Concellería podería crear o distintivo de “Entidade Solidaria”,
para que o poñan nas súas instalacións e o Concello publicitar na
súa web a lista de colaboradores que participen nesta campaña”.
Na
exposición de motivos da moción, os populares de O Barco sinalan
que:
“Segundo os últimos
datos facilitados por algunhas das entidades máis representativas de
carácter benéfico da nosa comarca, no presente ano, lévanse
realizadas en O Barco preto de 5.000 atencións, chegando a máis de
600 persoas con necesidades. Deste xeito, tal e como afirmaron
públicamente os responsables de Cruz Vermella e Cáritas a súa
labor asistencial incrementouse nos últimos tempos por mor das
dificultades económicas polas que atravesa a nosa sociedade, e en
particular moitas familias que acoden reiteradamente a este tipo de
axudas.
Os veciños e veciñas
de O Barco teñen demostrado a súa xenerosidade a través da súa
participación en diferentes proxectos sociais como actuacións,
concertos, cenas, mercadillos, sorteos etc... onde os barquenses
amosan en cada convocatoria o seu corazón solidario.
Ademais do xusto
recoñecemento veciñal e o papel fundamental das distintas
institucións ou asociacións que neste eido levan traballando moitos
anos, tamén se teñen sumado todo tipo de colectivos, entidades e
centros educativos que con cada actividade conseguen periodicamente
unha gran recolección de roupa, comida, medicinas, xoguetes ou
cartos para poder afrontar os gastos básicos do día a día de
calquera fogar.
Dende o grupo popular
somos conscientes que, malia que a situación comeza a mellorar,
aínda hai e seguirá habendo moitas familias que seguirán
atravesando serias dificultades para poder levar as súas casas algo
tan elemental como son os alimentos e os produtos de primeira
necesidade.
Por iso, consideramos
que desde o Concello sería moi positivo impulsar a sinatura de
“Convenios de Colaboración” coas grandes e medianas superficies
comerciais para que de xeito continuo e permanente poidan doar unha
importante cantidade de alimentos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario