- Segundo o Interventor, determinados listados da Tesourería presentan defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos ou que debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son incoherentes cos restantes listados.
- Os populares tamén solicitan unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados.
- Moisés Blanco Paradelo asegura que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables”.
O
Barco de Valdeorras, 26 de novembro de 2013.- O Portavoz do Grupo
Municipal do Partido Popular do Barco vén de anunciar que o seu
grupo presentou un escrito no Rexistro Xeral do Concello no que
solicitan varios informes de intervención “á vista das graves
irregularidades tanto nos listados de tesourería como nos movementos
de entrada e saída de fondos líquidos”.
Moisés
Blanco Paradelo explicou que o escrito que presentaron hoxe basease
nas incidencias que puxo de manifesto o Interventor municipal no
informe elaborado para a aprobación da Conta Xeral do ano 2012.
Neste
informe alértase de que determinados listados da Tesourería do
Concello presentan
defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería
ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros
e pagamentos), ou que debe
e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son
incoherentes cos restantes listados.
Aproveitan
os populares este escrito para solicitar relación detallada de todas
as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que
non
foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados,
así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este
importante reparo.
O
Portavoz popular afirma que “é un escándalo continuo a cantidade
de irregularidades que teñen que poñer sobre a mesa os técnicos do
concello pola xestión totalmente irresponsable do goberno socialista
de O Barco”.
Engade
Blanco Paradelo, que “mentres o alcalde nega todo, elude calquera
responsabilidade e descualifica a oposición os técnicos seguen
emitindo, unha e outra vez, informes desfavorables,(no 2012 foron 132
reparos). Menos mal que están os técnicos”.
O
escrito dos populares ten o seguinte texto:
Tendo
en conta o informe elaborado o 5 de setembro polo departamento de
Intervención a propósito do expediente da Conta Xeral do ano 2012,
e ante a preocupación que o noso grupo ten por algunhas das
irregularidades ás que se refire o Interventor Municipal,
concretamente na páxina 7 do citado informe, queremos trasladarlle
varias cuestións.
-
Primeira.-
No tocante a que “Determinados listados, tales como o E570 “Estado
de Tesourería” comprensivo de dúas páxinas, presentan
defectos, tales como os importes das existencias finais de Tesourería
ou os movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e
pagamentos)
-
Segunda.-
Con ocasión da elaboración da Liquidación do Orzamento,
detectáronse unha serie de incidencias no Listado E570
“Resumo Xeral de Tesourería: primeira parte” tal e como
acontecera en anteriores exercicios, continúa a ser erróneo; debe
e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son
incoherentes cos restantes listados(o O012 “Acta de arqueo de
tesourería” por exemplo).
-
Terceira.-
Polo que respecta ás obras
executadas pola Administración, non foi posible contabilizaren
correctamente os gastos delas derivados,
dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a
executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en
ausencia dun proxecto de
obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais
asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a
inexistencia de certificacións de obra e de actas de recepción,
non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento
individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta
contabilización, nin tampouco a dar de alta o correspondente
proxecto de gasto, todo elo en aras da cuantificación final do
investimento[….].
Por
todo o anteriormente exposto,
SOLITICA:
Que
o departamento de Intervención elabore un informe no que se detalle:
-
Os motivos e as consecuencias de que listados como o E570 “Estado
de Tesourería”, presenten
defectos nos importes das existencias finais de Tesourería ou os
movementos de entrada e saída de fondos líquidos(cobros e
pagamentos).
-
Os motivos e as consecuencias sobre as
incidencias no Listado E570 “Resumo Xeral de Tesourería, no que
debe e haber non coincide, e as existencias finais de tesourería son
incoherentes cos restantes listados.
Respecto á terceira cuestión, solicitamos unha relación detallada de todas as obras executadas pola Administración desde o ano 2000 nas que non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas derivados, así como todos o informes técnicos que foron emitidos con este importante reparo.