22 ene 2014

O GRUPO POPULAR SOLICITA A FOMENTO A LICITACIÓN DOS PROXECTOS CONSTRUTIVOS E DE TRAZADO DA A-76 ENTRE OURENSE E PONFERRADA

Tamén se demanda ao Ministerio que continúe cos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme na N-120 e na N-536
 
O GRUPO POPULAR SOLICITA A FOMENTO A LICITACIÓN DOS PROXECTOS CONSTRUTIVOS E DE TRAZADO DA A-76 ENTRE OURENSE E PONFERRADA

O deputado Moisés Blanco considera necesario que “a redacción dos proxectos se leve a cabo tendo en conta a eficiencia necesaria e os antecedentes e incidencias na explotación da N-120”

Destaca o compromiso da ministra Ana Pastor coa A-76, ao incluíla no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, e na aprobación da declaración de impacto ambiental, así como na resolución dos problemas no túnel da Barosa

Santiago, 19 de xaneiro de 2014.- O Grupo Popular presentou unha proposición non de lei a través da que solicita ao Ministerio de Fomento a licitar os proxectos construtivos e de trazado da futura autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada, así como que continúe cos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme na N-120 e na N-536. O deputado popular Moisés Blanco apuntou a necesidade de que “a redacción dos proxectos que se realicen se leve a cabo tendo en conta a eficiencia necesaria da infraestrutura e os antecedentes e incidencias na explotación da actual vía de comunicación entre O Bierzo, Valdeorras e Ourense: a N-120”.

Moisés Blanco recorda que a autovía Ourense-Ponferrada “é unha actuación de gran transcendencia para a vertebración da Galicia interior, constituíndo un terceiro acceso de gran capacidade desde Galicia cara Castela e León e unha vez que a N-120 está superada, sobre todo en determinados tramos”.

COMPROMISO DA MINISTRA

Neste sentido, do mesmo xeito que fixeron as organizacións empresariais e os concellos afectados, o deputado popular recoñece e valora o compromiso da ministra de Fomento, Ana Pastor, coa A-76, “como o acredita o feito de que esta autovía teña sido incluída no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, así como a axilidade na aprobación da declaración de impacto ambiental”.

Blanco tamén recoñece “o esforzo e a celeridade cos que o Ministerio de Fomento resolveu os problemas plantexados na N-120 no túnel da Barosa, que permaneceu pechado para realizar unhas obras de emerxencia e que puxeron de manifesto a incapacidade da N-536 como vía alternativa”.

EFICIENCIA E ANTECEDENTES

A futura autovía A-76 terá unha extensión aproximada de 125 quilómetros e a súa construción suporá un investimento superior aos 1.100 millóns de euros, “o que da unha idea da importancia que eta infraestrutura de comunicación ten para Galicia”, manifesta o deputado popular.

Porén, e dada a situación de crise económica con fortes reducións orzamentarias que obrigan a reprogramar actuacións en materia de infraestruturas, Moisés Blanco solicita que a redacción dos proxectos dos tramos, unha vez acadada a declaración de impacto ambiental hai uns meses, “se faga tendo en conta a eficiencia necesaria da futura autovía e os antecedentes e incidencias na explotación da actual vía de comunicación entre O Bierzo, Valdeorras e Ourense: a N-120”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario