- Entre as súas principais preocupacións están o deterioro dalgunhas vivendas, a limpeza, a seguridade e a conservación do barrio.
- Demandan que desde o Concello se elabore unha relación das casas que presentan graves deficiencias nas súas estruturas e fachadas.
- O portavoz do Partido Popular de O Barco, comprometeuse a que o seu grupo presentará diversas iniciativas no concello para dar resposta as súas razoables demandas.
- Moisés Blanco lembroulle que houbo axudas públicas para novas actuación nas Áreas de Rehabilitación de Galicia que alcanzaron os 34,4 millóns de euros, e lamentou que “nin un só euro destes cartos viñeran para O Barco, xa que o goberno do Concello no foi quen de presentar a documentación correcta para conseguir a declaración de ARI do Casco Vello.
O
Barco de Valdeorras, 8 de Xaneiro de 2014.- O
Portavoz do Grupo Popular no Concello de O Barco, Moisés Blanco
Paradelo, mantivo onte un encontro con membros da directiva da
asociación veciñal “Porto da Barca”, entidade que integran
veciños e veciñas do Casco Vello barquense.
Nesta xuntanza analizaron os principais problemas que preocupan os residentes desta emblemática zona do Barco, como é “o estado de abandono dalgunhas vivendas con serios riscos de derrubamento”, en palabras dos propios representantes veciñais.
Por
iso, pretenden que desde o Concello se elabore unha relación
das casas que presentan graves deficiencias nas súas estruturas e
fachadas, e que sofren un
aparente deterioro que se foi agravando nos últimos anos.
Tamén
falaron do incendio
que se produciu na Rúa San Roque, no mes de decembro, con graves
consecuencias para dous inmobles. A este respecto, ademais, de
expoñer diversas accións solidarias
para recadar fondos para as familias afectadas
e agradecer o traballo de todos os profesionais que interviñeron na
extinción do lume, quixeron trasladar tamén as queixas
veciñais sobre a ubicación e sinalización das “bocas de riego”.
Ao parecer, segundo algúns testemuñas “os efectivos que
traballaron nas tarefas de extinción tiveron serias dificultades
para atopalas”.
Insistiron en que hai que mellorar as medidas de seguridade, e no evidente risco ao que están expostos os viandantes, coa deficiente sinalización e situación dos valados protectores, ao terse producido de xeito continuo desprendemento de cascotes.
Moisés
Blanco, portavoz dos populares barquenses, comprometeuse a que o seu
grupo “presentará diversas iniciativas
no concello para dar
resposta as súas razoables demandas”.
Así
mesmo, Blanco Paradelo, lembroulle que houbo axudas
públicas
para novas actuación nas Áreas de Rehabilitación de Galicia que
alcanzaron os 34,4 millóns de euros, e lamentou que “nin
un só euro destes cartos viñeran para O Barco, xa que o goberno do
Concello no foi quen de presentar a documentación correcta para
conseguir a declaración de ARI do Casco Vello”.
O
portavoz popular mostrouse convencido de que “estas
axudas terían suposto un importante pulo para revitalizar o casco
vello, así como para dinamizar e apoiar o sector da construción e
das reformas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario