- Blanco asegurou que a contratación de seguros “permitiría paliar as perdas provocadas polas xeadas nas últimas semanas en comarcas como a ourensá de Valdeorras e, máis en concreto, nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e O Bolo
Santiago,
27 de maio de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco
vén de presentar unha proposición non de lei a través da que insta
á Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo cantas medidas de apoio
sexan necesarias para incentivar a contratación de seguros agrarios,
co obxecto de avanzar no proceso de inclusión no seguro de todos os
sectores produtivos e dos riscos naturais que afectan ás
explotacións.
Moisés Blanco explica que a contratación deste tipo de seguros “permitiría paliar as perdas provocadas polas xeadas nas últimas semanas en comarcas como a ourensá de Valdeorras e, máis en concreto, nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e O Bolo”. En concreto, fixo referencia ás estimacións feitas polo propio Consello Regulador, que estimou que estas circunstancias puideron ter provocado a perda de ata un 80 por cento da colleita nos viñedos.
AMPLA
GAMA DE SEGUROS
“Para
a cobertura deste tipo de eventualidades existe unha ampla gama de
seguros agrarios que constitúen unha ferramenta eficaz de protección
dos agricultores e gandeiros contra as adversidades meteorolóxicas e
outros fenómenos alleos ao seu control que poidan causar perdas nas
súas explotacións”, apuntou.
Dentro
dos riscos asegurables máis habituais, destacan pola súa
importancia no volume de contratación os seguros para viticultura,
cereais e cultivos protexidos, así como a maior parte das producións
agrícolas galegas, como kiwi, fresa, tomate, faba verde, faba,
cebola e outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario