27 abr 2013

O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A DIFUNDIR A FIGURA DO POETA VALDEORRÉS FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, CON MOTIVO DO 110 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO


O deputado Moisés Blanco solicita favorecer o recoñecemento do labor que desenvolveu este figura literaria ao longo da súa vida en prol de Galicia e da súa cultura

 

O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A DIFUNDIR A FIGURA DO POETA VALDEORRÉS FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, CON MOTIVO DO 110 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

 

·       O deputado popular cualifica a Florencio Delgado como “un deses persoeiros que asumiu no seu percorrido vital un destacado compromiso con Galicia e coa súa cultura, levado a cabo en gran parte desde o exilio

  

Santiago, 26 de abril de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco vén de presentar unha proposición non de lei a través da que insta á Xunta de Galicia a difundir a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán e a favorecer o recoñecemento do labor que desenvolveu ao longo da súa vida en prol de Galicia e da súa cultura.


Moisés Blanco recorda que “este ano se celebra o 110 aniversario do nacemento deste poeta, unha conmemoración que constitúe unha oportunidade para recuperar e dar a coñecer entre a cidadanía a súa traxectoria vital e profesional”. En concreto, o deputado popular cualifica a Florencio Delgado como “un deses persoeiros que asumiu no seu percorrido vital un destacado compromiso con Galicia e coa súa cultura, levado a cabo en gran parte desde o exilio”.

 

MERECENTE DO RECOÑECEMENTO


“O traballo desenvolvido como escritor e recollido en obras como Bebedeira, Galicia infinda ou Cantarenas; o seu labor na Real Academia Galega como membro non numerario; o seu nomeamento como membro emérito do Instituto de Estudos Valdeorreses, coa letra V; a súa implicación en proxectos culturais como as revistas Saudade e Vieiros; e a súa dedicación á causa política a prol do progreso e do benestar de Galicia fano merecente do recoñecemento da sociedade galega e das súas institucións”, afirma Blanco.

O deputado popular subliña na súa proposición que Delgado Gurriarán “xa conta co recoñecemento da sociedade valdeorresa a través da organización de diferentes actos públicos nos que se ensalza a súa figura por parte de entidades culturais, educativas, sociais ou políticas”.

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario