Os
populares galegos consideran que a autovía Ourense-Ponferrada “é
unha infraestrutura de gran transcendencia para a vertebración da
Galicia interior” e valoran positivamente o compromiso da ministra
de Fomento “incluíndoa no Plan de Infraestruturas, Transporte e
Vivenda”
O
PPDEG SOLICITA AO MINISTERIO DE FOMENTO APROBAR DEFINITIVAMENTE A
DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DA A-76 E PROCEDER A LICITAR OS
PROXECTOS CONSTRUTIVOS
- O deputado popular Moisés Blanco Paradelo pide tamén na iniciativa a licitación dos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme na N-120 e na N-536
Santiago,
7 de abril de 2013.- Os deputados populares veñen de presentar
unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que instan á Xunta de
Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para aprobar
definitivamente a Declaración de Impacto Ambiental da A-76 para así
definir o estudio informativo da autovía e proceder a licitar a
redacción dos seus correspondentes proxectos construtivos.
O
deputado popular Moisés Blanco Paradelo explica que na iniciativa se
solicita que, dadas as actuais dificultades económicas e reducións
orzamentarias que se están a producir, “a redacción dos proxectos
dos tramos que se realicen posteriormente á Declaración Ambiental
se fagan tendo en conta a eficiencia necesaria da infraestrutura e os
antecedentes e incidencias na explotación da actual vía de
comunicación entre O Bierzo, Valdeorras-Terras de Lemos e Ourense,
que é a N-120”.
VERTEBRACIÓN
GALICIA INTERIOR
Os
populares galegos consideran a autovía Ourense-Ponferrada A-76 “unha
infraestrutura de gran transcendencia para a vertebración da Galicia
interior, constituíndo un terceiro acceso de gran capacidade desde
Galicia cara Castela-León, ademais da A-6 e da A-52, e que a N-120
(Logroño-Vigo) está superada, especialmente en determinados
tramos”.
A
lonxitude desta autovía, en torno a 125 quilómetros, e o volume de
investimentos que se estima na mesma, que superan os 1.100 millóns
de euros, dan unha idea da importancia que esta infraestrutura de
comunicación ten para Galicia, segundo indicou Moisés Blanco
Paradelo.
Así
mesmo, o PPdeG, segundo o deputado popular, únese ao manifestado
polas organizacións empresariais e os concellos afectados que
reclaman esta autovía, recoñecendo e valorando o compromiso da
ministra de Fomento, Ana Pastor, “incluíndoa no Plan de
Infraestruturas, Transporte e Vivenda”.
REHABILITACIÓN
DO FIRME NA N-120 E NA N-536
O
deputado do PPdeG recoñece o “esforzo e celeridade cos que o
Ministerio de Fomento resolveu os problemas plantexados na N-120 no
túnel da Barosa, que permaneceu pechado para realizar unhas obras de
emerxencia, e que constata a incapacidade da N-536 como vía
alternativa ante o peche da N-120”.
Na
iniciativa popular tamén demandan de Fomento a rápida continuación
dos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme
na N-120 e na N-536, cuxo proxecto figura en poder da Demarcación de
Estradas do Estado en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario