23 jun 2014

O PP de O Barco de Valdeorras amósase preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio

 
  • Moisés Blanco Paradelo foi elixido presidente local dos populares co 100% do apoio dos compromisarios
  • O presidente provincial, Manuel Baltar, alabou a unidade e a capacidade de traballo dos populares barquenses, "un equipo gañador que acadará a confianza maioritaria dos seus veciños para situar a O Barco onde se merece"


O Barco de Valdeorras, 21 de xuño de 2014.- A Casa de Río Cigüeño (antiga sede da Fundación Comarcal) acolleu esta mañá o Congreso Local do PP en O Barco de Valdeorras. A única candidatura presentada foi a de Moisés Blanco Paradelo, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.

Durante a súa intervención, o presidente local electo agradeceu o unánime apoio recibido e destacou a unidade existente dentro do PP de O Barco, tanto de militantes e afiliados, como de concelleiros, ex concelleiros e ex presidentes locais, unidos e amosando como un dos seus compromisos o de "seguir traballando nesta línea para continuar sumando apoios". Moisés Blanco tamén falou no seu discurso acerca da necesidade de rexeneración nas institucións, premisa que exemplificou na situación do Concello de O Barco de Valdeorras, "instalado nun ciclo de goberno agotado, onde a democracia brilla pola súa ausencia".
 
A alternativa, para Blanco Paradelo, é sinxela: o PP. "O Partido Popular de O Barco xa pasou suficiente tempo na oposición, demostrando que hai alternativa, que hai ideas, que hai discurso. En definitiva, que está preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio". Ademáis de reiterar os seus agradecementos a tódolos militantes presentes -moitos deles integrantes doutras listas en anteriores congresos locais-, Moisés Blanco lembrou que en O Barco o PP non gañou unhas eleccións xerais ata o ano 2000, e que só ostentou a Alcaldía durante 12 anos. Hoxe en día, o PP recuperou 12 puntos de apoio porcentual en O Barco, demostrando así a crecente confianza dos barquenses no PP.

Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Pedro Puy Fraga, membro do Comité Executivo do PPdeG, e o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local. Manuel Baltar alabou a unidade e a capacidade de traballo dos populares barquenses, animando á nova xunta local a seguir traballando no mesmo camiño para consolidar "un equipo gañador que acadará a confianza maioritaria dos seus veciños para situar a O Barco onde se merece".

No hay comentarios:

Publicar un comentario