“Este
enclave presenta un gran potencial de recursos naturais que o sitúan
como un lugar único e especial para gozar dunha beleza natural en
Galicia”, destacou o deputado Moisés Blanco
O
PARLAMENTO GALEGO APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, INSTAR Á
XUNTA A POÑER EN MARCHA UN PLAN DE PROMOCIÓN DO PARQUE NATURAL DA
SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA
- Conta coa declaración de Parque Natural e está incluída na Rede Natura 2000
Santiago,
19 de xuño de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha
proposición non de lei, presentada polo deputado do Grupo Popular
Moisés Blanco, a través da que se insta á Xunta de Galicia á
posta en marcha dun Plan de Promoción do Parque Natural da Serra de
Enciña da Lastra do concello de Rubiá de Valdeorras. Ademais, e
logo dunha transacción co BNG, aprobouse solicitar a elaboración do
preceptivo plan reitor de uso e xestión, que permita unha política
integral de conservación, preservación e mellora das condicións
naturais deste parque natural.
Moisés
Blanco afirmou que a Serra da Enciña da Lastra, que conta coa
declaración de Parque Natural de Galicia e está incluída na Rede
Natura 2000, presenta “un gran potencial de recursos naturais que o
sitúan como un lugar único e especial para gozar dunha beleza
natural na Comunidade galega”.
LOITA
CONTRA OS INCENDIOS
Por
este motivo, sinalou que “precisa dunha maior promoción a través
da posta en marcha de accións que promovan máis ou seu uso público,
que permitan mellorar os hábitats forestais e medidas de prevención
contra os lumes, entre outras”.
Neste
sentido, Blanco condenou “os incendios sufridos en menos de dous
meses no contorno deste parque natural e agradeceu o traballo feito
polos medios de extinción. “Esta situación puxo de manifesto a
necesidade de seguir traballando en labores de prevención, así como
na dotación a esta zona dos recursos necesarios para unha rápida e
eficaz resposta dos servizos contraincendios forestais”, anotou.
A
Serra da Enciña da Lastra está localizada no concello valdeorrés
de Rubiá, ao nordeste da provincia de Ourense. Cunha superficie de
3.151,67 hectáreas e unha altitude media de 684 metros, este val
está conformado de pedra calcaria, con pendentes pronunciadas e
cantís nos que se instalan bosques mediterráneos. Así, destaca o
potencial turístico desta zona, na que se sitúan Pena Trevinca, O
Teixadal, a Vía Nova, o Camiño de Inverno ou, incluso, As Médulas
na comarca do Bierzo.
O
deputado popular salientou, ademais, o “especial interese
faunístico desta serra, en particular polas súas poboacións de
aves rapaces, entre as que merece unha mención especial a presenza
da aguia real e o falcón peregrino”. Así mesmo, indicou que a
abundancia de covas propicia a existencia de numerosas colonias de
morcegos, sendo estas as máis importantes de Galicia.
Por
último, Blanco fixo referencia á “peculiar flora da Enciña da
Lastra, xa que ten certas características mediterráneas cos seus
bosques de aciñeiras, castaños, prados perfumados co aroma do
tomiño silvestre e máis de 25 especies de orquídeas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario