O Congreso Local do PP serviu tamén para rendir homenaxe de lembranza a tódolos militantes, afiliados e cargos populares de O Barco que faleceron nos últimos anos -53 en total, que lembrou a irmá de Pepín Crespo, histórico presidente local que faleceu en accidente de coche cando se dirixía a Ourense a unha reunión de partido-, entre os que se atopaban, por exemplo, o ex alcalde de O Barco e presidente de honra do PP local, Julio Gurriarán; Delia Afreijo, histórica militante, a primeira afiliada ao PP barquense; ou Gabino Méndez, membro da executiva local. Todos eles significados pola súa entrega e traballo a prol do Partido Popular, tal e como se puxo de manifesto na homenaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario