- Por primeira vez na historia do HCV este completou o seu cadro de persoal nos servizos de Traumatoloxía, Anestesia e Hematoloxía e ampliou as súas especialidades, servizos e consultas externas
- A Xerencia lamenta que se alarme á cidadanía, máxima beneficiaria das melloras introducidas e testemuña das súas vantaxes
- A Xerencia mantén a súa aposta pola necesidade de contar cun novo TAC para o hospital valdeorrés e confía en que este sexa renovado canto antes
Ourense,
mércores 25 de xuño de 2014.-
Nos últimos anos o Hospital Comarcal de Valdeorras logrou, por
primeira vez desde a súa apertura en 1984, aumentar a súa oferta de
especialidades médicas, incrementar o persoal médico de servizos
ata completar por primeira vez na súa historia os cadros de persoal,
e poñer en marcha probas diagnósticas e consultas de alta
resolución, que ata agora tan só se realizaban en Ourense, ademais
de abrir a citación desde Atención Primaria para consultas e probas
diagnósticas, que antes só se podían pedir desde o Hospital.
Ante
todo elo, a Xerencia Executiva lamenta o comunicado emitido por un
grupo de facultativos do HCV, con praza en propiedade, que
minusvaloran melloras que están a ser percibidas pola poboación e
que se poden demostrar, desde a tranquilidade e os datos obxectivos.
As
novas especialidades, Cardioloxía, Neuroloxía, Endocrinoloxía e,
esquecen citar, Dixestivo, son un gran logro para a mellora da oferta
asistencial dos cidadáns de Valdeorras, e son servizos atendidos por
especialistas contratados por este hospital, con plena capacidade
para atender aos pacientes a tódolos niveis: consultas, ingresos e
gardas, con gran estabilidade do seu persoal desde o inicio. En
ningunha destas consultas, como nas do resto de servizos, se atenden
70 pacientes por consulta.
Ademais,
por vez primeira, os pacientes de Valdeorras poden acudir ao seu
Centro de Saúde para ser citados no seu hospital para probas
diagnósticas, e consultas de acto único ou alta resolución, de
dixestivo e cardioloxía. Para o que, ata hai ben pouco, eran
derivados a Ourense.
Tamén
por vez primeira desde a apertura do HCV, seu Servizo de
Traumatoloxía conta con 4 facultativos, completando seu cadro de
persoal, e por primeira vez cóntase con 4 anestesistas, completando
tamén o cadro de persoal. Neste último servizo é especialmente
relevante, porque a poboación lembrará non poucos momentos nos que
este centro contaba con só dous anestesistas, e incluso un,
vivíndose momentos de tal limitación, que a piques se estivo de
suspender a actividade cirúrxica por falta de estes especialistas.
Gardas
e garantía de continuidade asistencial
Hematoloxía
conta, e mantén permanentemente, dous efectivos, e trala renuncia
esta semana, sen o preceptivo aviso previo, dun dos seus titulares,
este mesmo luns comezará a traballar un novo hematólogo. Pola súa
banda, estas gardas mantense en tempo, 365 días do ano, e forma,
localizadas, como desde 1984.
Uroloxía
non só mantén seu efectivo, pese a anos de descontinuidade neste
servizo ante as dificultades de fidelizar persoal, senón que este
especialidade proxecta melloras en canto a ampliación da súa oferta
cirúrxica, que permitirá, ao igual que no resto de especialidades,
evitar o traslado a outros hospitais dos pacientes de Valdeorras.
Tódolos
servizos do HCV manteñen unha organización de gardas que garanten
en todo momento a asistencia urxente con criterios de calidade,
inmediatez e seguridade e, a reorganización destas, tan só tiveron
efectos retributivos, poñendo límite así a anos de agravios
comparativos con outros profesionais de igual mérito e capacidade.
Mostra delo, foi informe elaborado polo Consello
de Contas en 2010 sobre as singulares características
organizativas e retributivas do Servizo de Urxencias.
Tanto
o Servizo de Urxencias do HCV como o Punto de Atención Continuada
(PAC) contan co mesmo número de facultativos desde a entrada da
actual Xerencia, e a reorganización dos seus efectivos, realizada
con anterioridade, tan só respondeu a adecuar o número de persoal
por quenda ás necesidades e actividade rexistrada. De feito, a
finais do pasado ano implantouse un sistema de Triaxe, que permite
ordenar a atención dos pacientes en base a criterios de urxencia e
non só de orde de entrada, con plenas garantías asistenciais e
mellora dos tempos de resposta.
Por
último, a Xerencia lamenta a falta de vontade de dialogo, deste
colectivo de médicos propietarios, para aclarar ou tratar de achegar
posturas, e rexeita a falta de respecto no tratamento das
responsables da dirección, que como traballadores públicos se deben
ao paciente e a mellora das súas condicións asistenciais, por riba
de intereses profesionais ou retributivos. Pese a elo, a Xerencia
mantén as súa plena disposición e oferta para o dialogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario