Moción
que presenta o Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no
artigo 97 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen
Jurídico de las Entidades Locales, para o seu debate e, en seu caso
aprobación no el Pleno Ordinario do mes de outubro.
DECLARACIÓN
DA FESTA DO BOTELO COMO “FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA”
Si en algunha cousa coincidimos todos os cidadáns de O Barco e mesmo boa parte dos que nos visitan é que O Botelo é o produto rei da nosa mesa. Ao redor dun bo Botelo xúntanse familias, amigos, asociacións ou todo tipo de colectivos para degustar este nobre manxar ben regado polos ricos caldos de Valdeorras.
A
exaltación deste produto, que contén o mellor do “porco”, conta
co respaldo dos veciños e veciñas de O Barco, e por iso desde o
Concello vense organizando, desde hai máis de unha década, a Festa
do Botelo. Unha festa totalmente consolidada e certamente moi
concorrida logo de celebrárense xa XIII edicións, que mistura
cultura, tradición e gastronomía, sinais de identidade de calquera
pobo. Todas son razóns de peso para intentar que esta festa consiga
a declaración de FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.
O
DECRETO 39/2001, de 1 de febreiro establece no seu artigo 22º, a
potestade da Xunta de Galicia para declarar festas de Galicia de
interese turístico aquelas manifestacións ou acontecementos de
carácter festivo que, celebrados no ámbito territorial da
Comunidade Autónoma de Galicia, supoñan unha valoración da cultura
e das tradicións populares e teñan unha especial importancia como
atractivo turístico. Asemade, contempla como requisitos unha
antigüidade mínima de 10 anos na súa celebración, así como
razóns de singularidade, tradición, participación ou valor
cultural.
Desde
o Grupo Popular estamos convencidos de que a “Festa do Botelo” de
O Barco de Valdeorras reúne todas as condicións para ser merecedora
da declaración de Festa de Interese Turístico e por iso presentamos
esta moción. Coa intención de que por unanimidade, representando o
apoio da cidadanía a esta exaltación gastronómica, o Concello de O
Barco inicie os tramites para conseguir esta importante declaración
que, sen lugar a dubidas, suporía un fortalecemento, impulso e
promoción tanto da festa como do propio produto.
Por
todo o anteriormente exposto o Grupo Municipal do Partido Popular
propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Primeiro.-
O Concello de O Barco considera que, segundo o Decreto 39/2001 de
1 de febreiro, a FESTA DO BOTELO e merecedora da declaración de
Festa de Interese Turístico de Galicia.
Segundo.-
O Concello de O Barco iniciará de forma inmediata o expediente para
presentar a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico
ante a Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario