O
PARTIDO POPULAR ABANDONA A MESA DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO O.R.A. DO
CONCELLO DE O BARCO
- Moisés Blanco lembra que o servizo leva prestándose sen contrato desde hai máis de 5 anos, con ampliación de calles con Zona Azul de forma irregular.
- O Portavoz Popular afirma que “o seu grupo non quere formar parte dun asunto tan chapuceiro, cheo de irregularidades desde fai moito tempo como é o da ORA”.
- O representante dos populares na mesa de contratación, Arsenio Moldes, xa non acudiu a última reunión, e di que “logo de quedar deserto o concurso xa non queremos ser cómplices deste procedemento viciado desde o principio”.
O
Barco de Valdeorras, 01 de setembro de 2013.- O Portavoz do Grupo
municipal do Partido Popular do Barco vén de anunciar que o seu
grupo abandona a mesa de contratación do servizo ORA do Concello de
O Barco. Moisés Blanco afirma que “todo o asunto da ORA cheira mal
desde o principio. O Grupo Popular non vai a seguir participando nun
proceso chapuceiro e cheo de irregularidades”.
Lembra
Moisés Blanco, que o contrato para a xestión e explotación do
servizo da O.R.A. asinouse o 28 de xuño de 2005 (a adxudicataria foi
Dornier, S.A.) e prorrogouse por outros dous anos o 16 de agosto de
2007. Dende aquela, non consta ningunha nova sinatura de prórroga,
polo que o servizo se leva prestando sen contrato desde hai máis de
cinco anos”.
Ademais,
durante todo este período de continuas ilegalidades producíronse
varias ampliacións de rúas para regular con Zona Azul que
inicialmente non constaban no contrato.
Fai
case un ano que o grupo popular presentou varios escritos dirixidos
aos diferentes técnicos do Concello solicitando informes ao respecto
do funcionamento do servizo, aos incumprimentos do pliego de
cláusulas administrativas particulares da contratación e mesmo as
liquidacións que tiña que presentar a empresa concesionaria sen
conseguir ningunha resposta.
“Quixemos
interesarnos polo control financeiro e de eficacia do Servizo Público
de Ordenación e Regulación de aparcamento de vehículos na vía
pública (O.R.A.) a través da solicitude de informes técnicos logo
das irregularidades detectadas pero resultou misión imposible”,
asegura o Portavoz Popular barquense.
Os
populares inciden en que esta falta de transparencia económica no
servizo impediu controlar certos "fenómenos de difícil
explicación", tales como que pese a declarar a empresa perdas
de 19.364,31€ e 8.792,80€ durante os anos 2010 e 2011, continúe
prestando o servizo municipal sen pagar ao Concello o canon
establecido no pliego pola prestación deste servizo, e despois de
todo volvan a presentarse ao novo concurso.
Arsenio
Moldes, concelleiro popular e representante na mesa de contratación
di que “non se entende moi ben que unha empresa que tivo perdas
durante todos estes anos se volva a presentar para prestar o mesmo
servizo”.
Engade
o concelleiro popular que “pese a que nos pedimos o rescate da
concesión a vista das irregularidades, por responsabilidade quixemos
estar presentes na mesa de contratación, pero logo de quedar deserto
o concurso xan non queremos ser cómplices deste proceso viciado
desde o principio”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario