O
deputado do PPdeG, Moisés Blanco, indica que nunha resposta
parlamentaria “a Xunta certifica que é totalmente falso que se
acordase suprimir a anestesia epidural nos partos”
O
PPDEG PIDE AOS SOCIALISTAS “QUE DEIXEN DE ALARMAR A POBOACIÓN DE
VALDEORRAS CON INFORMACIÓNS MALINTENCIONADAS SOBRE OS SERVIZOS DO
HOSPITAL COMARCAL”
Santiago,
7 de outubro de 2013.- O deputado do PPdeG Moisés Blanco
Paradelo,pedíulle hoxe aos socialistas galegos e en concreto a
deputada do PSdeG-PSOE Carmen Acuña do Campo, que “deixen de
alarmar a poboación de Valdeorras con informacións malintencionadas
sobre os servizos do Hospital Comarcal” toda vez que, nunha
resposta parlamentaria “a Xunta certificou que é totalmente falso
que dende a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O
Barco de Valdeorras, se acordase suprimir a anestesia epidural, no
momento do parto, ás mulleres atendidas neste Hospital Comarcal”.
O
deputado popular sinalou que na contestación da Xunta a unha
pregunta con resposta oral formulada polos socialistas galegos indica
que “feita esta precisión, é lóxico engadir que non se pode
falar de discriminatorio recorte, como consecuencia da implantacións
da área integrada, como fai referencia o Grupo Parlamentario do
PSdeG-PSOE”.
Moisés Blanco reiterou que, “a pesares das acusacións infundadas socialistas o Hospital Comarcal continúa a ampliación da súa carteira asistencial, con novas consultas externas de cardioloxía, dixestivo, neuroloxía e endocrinoloxía, evitando o desprazamento dos pacientes a Ourense para ser atendidos”.
“Esta
maior oferta de servizos é posible grazas a unha maior coordinación
entre a rede hospitalaria e de Atención Primaria do Servizo Galego
de Saúde de Ourense” sinalou o deputado do PPdeG quen asegurou que
“nós seguimos defendendo a necesidade de reforzar os servizos,
especialmente dos Hospitais Comarcais, que permitan mellorar a oferta
asistencial fronte aos que se limitan a facer alarmas infundadas
sobre a situación sanitaria na nosa zona”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario