O
deputado Moisés Blanco Paradelo reiterou hoxe na Comisión de
Agricultura do Parlamento a aposta da Administración autonómica
pola existencia de contratos-tipo para achegar transparencia e
estabilidade ao sector
Santiago,
14 de xuño de 2013.- O deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo
reiterou hoxe no seo da Comisión de Agricultura do Parlamento que a
Xunta promociona e impulsa os contratos homologados no sector
vitivinícola “que achegan transparencia e estabilidade ao sector e
son bos tanto para produtores como para as industrias xa que lles
permiten ter unhas garantías, aínda que a Administración
autonómica non os pode impoñer xa que é necesario deixar traballar
con liberdade as denominacións de orixe”.
O
deputado popular puxo como exemplos desta defensa deste tipo de
contratos pola Administración a priorización das axudas ás
empresas que os asinan nos sectores nos que existen e as múltiples
reunións que propiciou a Consellería de Medio Rural e do Mar entre
organizacións agrarias e representantes do sector nos que existen.
“Do
papel da Consellería na consecución destes acordos se traduce a súa
promoción e impulso, pero obviamente non pode impoñelos se algunha
das partes non está de acordo, por iso, na lexislatura pasada houbo
denominacións de orixe nas que os representantes do sector asinaron
acordos sobre estes contratos para a súa homologación pola
consellería” segundo Moisés Blanco.
Para
o deputado do PPdeG é necesario ter claro que estes contratos “non
poden ter como fin fundamental fixar o prezo mínimo de compra, senón
que pode e debe servir para dar garantías ao produtor de recollida
da colleita e dos prazos e condicións nos que vai cobrar pero, en
principio, o prezo debe ser algo que libremente pacten en cada
contrato o produtor e a adega”.
Ao
respecto da falta de pago das uvas que se adebedan ou que se
produciron nalgunhas denominacións de orixe, Moisés Blanco
Paradelo indicou na súa intervención que é necesario diferenciar
dúas situacións. Por unha banda se a falta de pago se refire a
transaccións comerciais realizadas ao abeiro dun contrato homologado
“os viticultores poden poñelo de manifesto perante a comisión de
seguimento do contrato e intentar resolvelo nesa instancia ou senón
pode acudir á arbitraxe da Consellería” e cando o impago se
corresponde con transaccións realizadas á marxe do contrato “a
Consellería non ten un instrumento legal para actuar polo que o
viticultor tería que, se o considera oportuno, acudir á vía
xudicial para reclamar o pagamento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario