O
parlamentario trasladou á conselleira a importancia de impulsar o
proxecto de posta en valor do monte de Valdeorras e, en concreto, o
relativo á implantación e mellora da xestión das plantacións de
castiñeiros de froito
MOISÉS
BLANCO REUNÍUSE CON ROSA QUINTANA PARA ABORDAR DIVERSOS TEMAS DO
EIDO FORESTAL E SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- Desde a Consellería do Medio Rural e do Mar aseguran que en menos de dez minutos o helicóptero contra incendios podería estar sobrevoando a comarca de Valdeorras si se precisase da súa intervención para a extinción dun lume
Lamenta que o alcalde socialista do Barco critique a posta en marcha das brigadas municipais contra incendios e despois acabe solicitando o convenio para poñelas en marcha
Santiago,
26 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular
Moisés Blanco Paradelo mantivo hoxe unha reunión coa conselleira do
Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na que abordaron unha serie de
temas relacionados co eido forestal e no ámbito da prevención e
extinción de incendios.
O
parlamentario trasladou a importancia de impulsar o proxecto de posta
en valor do monte de Valdeorras e, en concreto, o relativo á
implantación e mellora da xestión das plantacións de castiñeiros
de froito. A titular do departamento autonómico de Medio Rural
ratificou o compromiso e vontade do Goberno galego de desenvolver
nesta zona este proxecto, que terá un carácter experimental e que
serviría para comprobar os resultados desta estratexia para a
multiplicación do valor económico nos montes.
Moisés
Blanco insistiu que unha vez que quedou claro o compromiso da
Consellería corresponde agora ao Concello poñer a disposición os
terreos de monte e plantacións forestais que permitan dar arranque a
este proxecto tan importante, e insiste en que a súa execución
redundará tanto na diversificación económica forestal como na
mellora das políticas preventivas contra incendios.
HELICÓPTERO
CONTRAINCENDIOS
Moisés
Blanco tamén coñeceu de primeira man o dispositivo previsto para a
campaña estival contra incendios e destacou como a distribución dos
helicópteros contraincendios responde a criterios exclusivamente
técnicos e estratéxicos.
“Que
non exista un helicóptero as 24 horas na base de Valdeorras non
quere dicir que non estea plenamente operativo e disposto para
participar de xeito inmediato nun operativo de extinción que se
produza nesta comarca. De feito os helicópteros non pertencen a un
ámbito comarcal concreto, senón que participan alí onde fai falla,
como se demostrou no gran despregue de medios que tivo lugar no
incendio do Barco, que foi o que máis número de medios aéreos
congregou ao longo de todo o último ano”.
Moisés
Blanco explicou que un helicóptero podería tardar arredor de dez
minutos en percorrer os aproximadamente 30 quilómetros que separan a
comarca do Barco da base permanente sita en San Xoán de Río. “En
menos de dez minutos estaría sobrevoando a zona, si se precisa da
súa intervención”
A
Xunta confirmou ao deputado que todos os medios contraincendios
forman parte dunha planificación unitaria e responden a un mando
único polo que a administración pode trasladalos a unha ou outra
comarca, empregando todas as bases alternativas, segundo se precise,
garantindo as ratios de resposta a cobertura de todo o
territorio conforme a criterios técnicos e avaliación de riscos.
BRIGADAS
FORESTAIS
Moisés
Blanco quixo aproveitar tamén para pedir ao alcalde socialista do
Barco que faga o traballo que ten pendente neste eido en vez de
dedicarse a criticar por criticar. Nesa liña lembrou a incoherencia
do rexedor cando cuestiona a creación das brigadas municipais contra
incendios e despois acaba solicitando o convenio para poñelas en
marcha.
O
deputado popular lembroulle ao rexedor que os concellos teñen plenas
competencias no ámbito da prevención e loita contra os lumes e, de
feito, as medidas concretas que ten previsto impulsar a Xunta de
Galicia no ámbito da coordinación e apoio aos concellos, de cara a
súa involucración e implicación activa na loita contra incendios
forestais enmárcanse na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e
defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei
7/2012 do 28 de xuño de montes (artigos 8 e 59)
No hay comentarios:
Publicar un comentario