29 jun 2013

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, POTENCIAR LIÑAS DE INFORMACIÓN E DIFUSIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS


Que inclúan a todos os sectores produtivos e os riscos naturais que afectan as explotacións “e que poñen en risco o traballo, o esforzo e o investimento feito nas actividades agrícolas” segundo o deputado Moisés Blanco Paradelo



O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, POTENCIAR LIÑAS DE INFORMACIÓN E DIFUSIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS



  • Moisés Blanco pon como exemplo o descenso de temperaturas tan drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de Valdeorras “provocando múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e o Bolo que puideron ter provocado a perda de ata un 80% da colleita”

 

  • O deputado popular recorda que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80% do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron recibiron a axuda


Santiago, 28 de xuño de 2013.- O Parlamento aprobou, a iniciativa do PPdeG, potenciar liñas de información e difusión de campañas para incentivar a contratación de seguros agrarios, co obxectivo de avanzar no proceso de inclusión no seguro de todos os sectores produtivos e dos riscos naturais que afectan as explotacións. O deputado popular Moisés Blanco Paradelo, autor da iniciativa, indicou que o sistema español de seguros agrarios “é un instrumento necesario e estratéxico para estabilizar as fluctuaciones das colleitas froito das variacións do clima como factor clave na actividade agraria”.


O deputado popular puxo como exemplo o descenso de temperaturas tan drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de Valdeorras “que provocou múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e o Bolo”, que puideron ter provocado a perda de ata un 80% da colleita”. Esta situación contrasta, segundo Moisés Blanco, con que moi poucos viticultores non contan con seguros o que “pon en risco o traballo, esforzo e investimento feito nestas actividades con perdas fulminantes nas cosechas”.


O deputado do PPdeG manifestou a súa sorpresa xa que “especialmente entre os viticultores ten descendido o número que opta a estes seguros e probablemente sexa necesario incrementar a información e a difusión das condicións para a elaboración dos mesmos e así non poñer en risco o investimento e o traballo desenvolto durante moito tempo”.


Moisés Blanco recordou que dende hai moitos anos o sistema español de seguros agrarios “é un instrumento necesario e estratéxico para estabilizar as inversións” e trátase dun sistema mixto público-privado, co apoio do Ministerio e as Comunidades Autónomas, que convocan axudas para a financiación dos mesmos. Así recordou que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80% do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron recibiron a axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario