29 jun 2013

O PP DE O BARCO SOLICITOU A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE CULTURA PARA AVALIAR A ORDE DE AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA DESTINADA Á MELLORA E EQUIPAMENTO DE LOCAIS CON ACTIVIDADES CULTURAIS


O Diario Oficial de Galicia do 31 de maio publicou a Orde do 20 de maio de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2013, no que atinxe á mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais, conforme o procedemento que a continuación se establece. Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación da orde.
A dotación das axudas será destinada a realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
 
A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 50.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 75 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 50.000 euros ascenderá a 57.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).
O importe máximo destas axudas non poderá, en ningún caso, superar o custo das actividades que desenvolvan as entidades beneficiarias; estas axudas serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo elixible e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa nacional e comunitaria aplicable.
 
Comprobado polo noso grupo que a día de hoxe o Concello do Barco non solicitou ningunha axuda en relación a esta Orde de subvencións, e tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de xullo, é polo que
 

SOLICITA:
 

A convocatoria extraordinaria-urxente da Comisión de Cultura a fin de poder avaliar entre todos os grupos políticos esta Orde e propoñer algún proxecto ou diversas actuacións que poidan acollerse a estas subvencións.
 
 
 
 
 






 
 
 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario