- Moisés Blanco valora “moi positivamente” que a zona sexa unha das primeiras onde se ten previsto desenvolver o Plan, “unha zona moi afectada polos incendios forestais do pasado verán e, polo tanto, onde cómpre desenvolver con especial intensidade medidas dirixidas á valoración dos seus montes”
Santiago,
12 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco
Paradelo ven de presentar no Parlamento de Galicia unha serie de
preguntas co obxecto de interesarse pola intención da Xunta de
Galicia de desenvolver o Plan de Valoración do Monte Galego na
comarca de Valdeorras. Nese sentido solicita información sobre as
datas nas que está previsto desenvolver o proxecto piloto na
bisbarra ourensá, así como o alcance e os obxectivos perseguidos no
mesmo.
O
parlamentario lembra que o Grupo Parlamentario Popular ven defendendo
na actual lexislatura o impulso dunha serie de proxectos
estratéxicos dirixidos principalmente a fomentar o incremento das
masas forestais e ao aumento do valor económico dos bosques. Neste
sentido, destacou a posta en marcha do ambicioso Plan de Valorización
do Monte Galego, anunciado pola conselleira do Medio rural e do Mar,
e que disporá dun amplo respaldo orzamentario e servirá para
estimular e fixar o emprego no rural.
Moisés
Blanco valora “moi positivamente” que a comarca de Valdeorras
sexa unha das primeiras zonas onte ten previsto desenvolverse o Plan.
“Unha zona moi afectada polos incendios forestais do pasado verán
e, polo tanto, onde cómpre desenvolver con especial intensidade
medidas dirixidas á valoración dos seus montes” indicou o
deputado popular.
Por
todo elo, nas preguntas parlamentarias presentadas o parlamentario
pide confirmar os emprazamentos para desenvolver o Plan e logo de
avaliar os datos da experiencia piloto se a Xunta ten previsto
amplialo ao resto da xeografía forestal. Moisés Blanco destacou
tamén na súa iniciativa a importancia do sector forestal galego e a
necesidade de afianzalo no lugar de privilexio que ostenta. Así
destaca que Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un
lugar esencial, sendo unha potencia forestal das máis importantes de
Europa.
“A
nosa superficie forestal arborada representa o 48% da totalidade da
Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta
produción de madeira, próxima ao 45% da produción nacional polo
que é necesario o impulso e a defensa, de feito estruturado e
conexo, de accións encamiñadas a fomentalo e aumentar o seu valor
económico como é o caso deste Plan de Valorización do Monte
Galego” segundo Moisés Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario