Que
inclúan a todos os sectores produtivos e os riscos naturais que
afectan as explotacións “e que poñen en risco o traballo, o
esforzo e o investimento feito nas actividades agrícolas” segundo
o deputado Moisés Blanco Paradelo
O
PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, POTENCIAR LIÑAS DE
INFORMACIÓN E DIFUSIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE SEGUROS
AGRARIOS
- Moisés Blanco pon como exemplo o descenso de temperaturas tan drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de Valdeorras “provocando múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e o Bolo que puideron ter provocado a perda de ata un 80% da colleita”
- O deputado popular recorda que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80% do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron recibiron a axuda
Santiago,
28 de xuño de 2013.- O Parlamento aprobou, a iniciativa do
PPdeG, potenciar liñas de información e difusión de campañas para
incentivar a contratación de seguros agrarios, co obxectivo de
avanzar no proceso de inclusión no seguro de todos os sectores
produtivos e dos riscos naturais que afectan as explotacións. O
deputado popular Moisés Blanco Paradelo, autor da iniciativa,
indicou que o sistema español de seguros agrarios “é un
instrumento necesario e estratéxico para estabilizar as
fluctuaciones das colleitas froito das variacións do clima como
factor clave na actividade agraria”.
O
deputado popular puxo como exemplo o descenso de temperaturas tan
drásticas vividas nas últimas semanas na comarca ourensá de
Valdeorras “que provocou múltiples danos nos viñedos de Rubiá, O
Barco, Larouco e o Bolo”, que puideron ter provocado a perda de ata
un 80% da colleita”. Esta situación contrasta, segundo Moisés
Blanco, con que moi poucos viticultores non contan con seguros o que
“pon en risco o traballo, esforzo e investimento feito nestas
actividades con perdas fulminantes nas cosechas”.
O
deputado do PPdeG manifestou a súa sorpresa xa que “especialmente
entre os viticultores ten descendido o número que opta a estes
seguros e probablemente sexa necesario incrementar a información e a
difusión das condicións para a elaboración dos mesmos e así non
poñer en risco o investimento e o traballo desenvolto durante moito
tempo”.
Moisés
Blanco recordou que dende hai moitos anos o sistema español de
seguros agrarios “é un instrumento necesario e estratéxico para
estabilizar as inversións” e trátase dun sistema mixto
público-privado, co apoio do Ministerio e as Comunidades Autónomas,
que convocan axudas para a financiación dos mesmos. Así recordou
que a subvención conxunta de ENESA (Entidade Estatal de Seguros
Agrarios) e a Consellería do Medio Rural e do Mar pode chegar ao 80%
do custo do seguro e que no ano 2012 todos os que os solicitaron
recibiron a axuda.