O
deputado popular Moisés Blanco afirmou que as infraestruturas de
comunicación “forman a armazón básica que impedirá que nos
apeemos do progreso e evitar o deterioro económico e social”
O
PARLAMENTO GALEGO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR
QUE DEMANDA AO GOBERNO CENTRAL A LICITACIÓN DOS PROXECTOS
CONSTRUTIVOS DA AUTOVÍA OURENSE-PONFERRADA
- Blanco destacou o impulso que o actual Goberno central do PP deu á construción da A-76
- A proposta inclúe, ademais, a solicitude para que se continúe cos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme nas estradas N-120 e N-536, polas que transitan diariamente arredor de 4.000 persoas entre Castela e León e Valdeorras
Santiago,
6 de febreiro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por
unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da
que se demanda ao Goberno central para que licite os proxectos
construtivos e de trazado da futura autovía A-76 entre Ourense e
Ponferrada, ao tempo que inicie os traballos de rehabilitación
estrutural e recuperación do firme nas estradas N-120 e na N-536.
O
deputado do Grupo Popular Moisés Blanco afirmou na súa intervención
que “todos os representantes políticos da comarca de Valdeorras
temos claro que as infraestruturas de comunicación forman a armazón
básica que impedirá que nos apeemos do progreso e evitar así o
deterioro económico, social e o consecuencia desequilibrio
territorial”.
IMPULSO
DO ACTUAL GOBERNO CENTRAL
Blanco salientou o impulso que o actual Goberno central en mans do Partido Popular deu desde o ano 2011 á construción da A-76, xa que “cando tomou posesión se atopou como esta autovía se encontraba en fase de estudo informativo provisional, aprobado o 30 de xullo de 2008, e pendente de obter a declaración de impacto ambiental”.
“Para
desbloquear o expediente e a súa tramitación administrativa, o
Ministerio de Fomento revisou o trazado para tratar de minimizar a
afección ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, que é o
elemento que estaba a bloquear esa situación”, manifestou o
deputado popular.
A
nova autovía conta neste momento coa declaración de impacto
ambiental aprobada e publicada no Boletín Oficial do Estado o pasado
14 de agosto e nos orzamentos para 2014 figuran sendas partidas de
100.000 euros para licitar a redacción dos proxectos dos tramos “A
Veiga de Cascallá-O Barco” (de 8,8 quilómetros) e “Villamartín
de la Abadía-Requeixo” (de 7 quilómetros).
EFICIENCIA
E ANTECEDENTES
Moisés
Blanco reiterou a necesidade de que a redacción dos proxectos da
A-76 “se leve a cabo tendo en conta a eficiencia necesaria da
infraestruturas e os antecedentes e incidencias na explotación da
actual vía de comunicación entre O Bierzo, Valdeorras e Ourense: a
N-120”.
O
deputado popular considera que a autovía Ourense-Ponferrada “é
unha actuación de gran transcendencia para a articulación da
Galicia interior e constituirá un terceiro acceso de gran capacidade
desde Galicia cara Castela e León”. A lonxitude aproximada da A-76
será de 125 quilómetros e o investimento previsto inicialmente
supera os 1.100 millóns de euros.
Blanco
indicou que “coa existencia da Vía Nova e o Camiño de Inverno,
así como outros antecedentes históricos, habería dabondo para que
a Autovía A-76, que une O Bierzo, Valdeorras, Lemos e Ourense, fora
a primeira infraestrutura de vertebración en Galicia e de
comunicación co resto de territorios do Estado, pero a realidade é
outra ben distinta”
Ademais,
destacou a importancia desta nova infraestrutura para unha comarca na
que se producen arredor de 500.000 toneladas de pizarra, cun valor de
mercado de 235 millóns de euros, así como as 4.000 persoas que se
desprazan diariamente nesta zona de Castela e León e Valdeorras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario