O deputado do PPdeG
reuníuse coa directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen
Martínez Ínsua, quen lle confirmou que o estudo sobre historicidade
do Camiño “xa está en fase de análise e supervisión polos
técnicos da Dirección Xeral”
MOISÉS
BLANCO SOLICITOU HOXE A PATRIMONIO A AXILIZACIÓN DOS TRÁMITES PARA
CONQUERIR A DECLARACIÓN OFICIAL DO CAMIÑO DE INVERNO
- Destacou os esforzos realizados polas distintas asociacións de amigos do Camiño de Inverno que “supuxeron un impulso moi importante para lograr a oficialidade” así como a labor de alcaldes e alcaldesas, entidades culturais como o Instituto de Estudos Valdeorreses e persoeiros relevantes como Ramón García ou Isidro García Tato “que aportaron un importante traballo en toda a fase de documentación”
Santiago, 7 de febreiro de
2013.- O
deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo solicitou hoxe a
responsables da Xunta de Galicia a “axilización da tramitación
para conquerir a declaración oficial do Camiño de Inverno”.
Blanco Paradelo reuníuse coa directora xeral do Patrimonio Cultural
da Xunta de Galicia, Mª Carmen Martínez Ínsua, quen lle confirmou
que o estudo sobre a historicidade do Camiño, entregado
recentemente, “xa está en fase de análise e supervisión polos
técnicos da Consellería de Cultura”.
O deputado popular indicou que
“somos conscientes dos esforzos que se están a facer, xa que se
leva tempo traballando no proceso de declaración da oficialidade e
como requisito establecido na Lei de Protección dos Camiños de
Santiago foi encargado o estudio específico que documente a ruta
histórica e agora solicitamos que eses procedementos técnicos,
legais e administrativos necesarios para que así poida ser se
realicen no menor prazo posible”.
Moisés Blanco destacou a
implicación decidida das distintas asociacións de amigos do Camiño
de Inverno que supuxeron “un impulso importante para lograr a
oficialidade” así como a labor dos distintos alcaldes e
alcaldesas, entidades culturais como o Instituto de Estudos
Valdeorreses e persoeiros relevantes como Ramón García ou Isidro
García Tato “que aportaron un importante traballo en toda a fase
de documentación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario