- Informacións periodísticas amosan que meses despois de que o alcalde de O Barco e vicepresdente da FEGAMP firmara a acta de recepción o albergue estaba en “ladrillos” segundo Moisés Blanco
- A obra foi financiada en novembro do 2007 pola Consellería de Medio Ambiente “sendo conselleiro Manuel “Pachi” Vázquez”
- “O prazo de execución era de 6 meses e, se atendemos aos datos da documentación do expediente de obra, executouse en 3 meses e 15 días” indicou o deputado popular
Santiago,
26 de febreiro de 2014.- O voceiro do PP do Barco e deputado
autonómico, Moisés Blanco Paradelo, fixo entrega dunha copia do
expediente da obra “Casa da Natureza-Albergue de Xagoaza” ao
conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín
Hernández, para que sexa estudado polos técnicos do seu
departamento.
Moisés
Blanco explicoulle que existen dúas informacións de prensa nas que
se observa, a través de fotografías, que as obras continuaron meses
despois da firma da acta de recepción.
“O
28 de novembro do 2007 o alcalde de O Barco e vicepresidente da
Fegamp firmou a acta de recepción, aceptando que as obras realizadas
son as que figuran comprendidas no proxecto vixente e foron
executadas con cargo ao orzamento (299.700 euros), aprobado ao
efecto” segundo o Blanco Paradelo.
O
voceiro popular continúa explicando que “o 15 de xaneiro do 2008 o
periódico La Región publicou unha noticia con fotografía,
na que se vía o albergue en ladrillos”. E noutra información
periodística, do 26 de xullo dese ano, se indicaba que era entonces
cando finalizaban os traballos de construción e o propio concelleiro
de Obras manifestaba que “nestes intres resta por acondicionar o
entorno do refuxio, ademais de equipalo co mobiliario”.
Recorda
Moisés Blanco que tampouco nesa data, é dicir 7 meses despois da
firma da acta de recepción, “podería considerarse que a obra
estivera terminada e executada na súa totalidade, posto que o
proxecto tamén consta no Capítulo IV. IX. Mobiliario con 4.086,6
euros e por declaracións do propio concelleiro de Obras a
construción non tiña aínda o mobiliario”.
PRAZO
DE EXECUCIÓN
O voceiro popular indicou que, segundo consta no proxecto, o prazo de execución do albergue era de 6 meses. “Se facemos caso das datas que figuran nos documentos do expediente a obra executouse en 3 meses e 15 días e estes prazos son pouco creibles o que suporía unha proba mais da presunta falsidade documental na firma da acta da recepción da obra”.
ADXUDICACIÓN
DA OBRA
Os
populares apuntan tamén a irregularidades na adxudicación da obra.
Así, Moisés Blanco explicou que , unha vez que quedou deserto o
primeiro concurso, realizouse un proceso de negociado sen
publicidade, coa invitación ao mesmo de tres empresas. Presentáronse
dous que non cumpriron os requisitos posto que non tiñan a
clasificación técnica requirida e un día despois de finalizar o
prazo presentouse outra empresa que resultou adxudicataria da obra
“obviando os informes de fiscalización desfavorables e levantando
o alcalde os reparos para continuar coa tramitación” segundo
Moisés Blanco.
INFORME
DA CONSELLERÍA
O
deputado popular entregoulle unha copia do expediente a Agustín
Hernández, posto que foi a Consellería de Medio Ambiente a que
financiou a obra cando Manuel “Pachi” Vázquez era conselleiro
no 2007, e solicitoulle un informe sobre todo o proceso, dende a
adxudicación ata a recepción das obras.
O
voceiro popular tamén informou aos servizos xurídicos do PP e “xa
están estudando posibles accións legais” e que presentarán
iniciativas no Concello para que se dean as oportunas explicacións.