O
deputado popular Moisés Blanco presentou unha iniciativa solicitando
a data na que contará co novo TAC e o orzamento destinado a esta
nova adquisición
O
GRUPO POPULAR SE INTERESA NO PARLAMENTO POLO NOVO EQUIPAMENTO PARA O
HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS
- Avogou porque se siga mellorando o equipamento e que pronto se poida ampliar a carteira de servizos “que permitan mellorar a oferta asistencial, altamente especializada, nun centro sanitario próximo mentres se mantén a desexable coordinación co servizo médico de referencia”
- Moisés Blanco recordou que no mes de xullo o Hospital ampliou os seus servizos con novas consultas de Endocrinoloxía “o que permitirá aos seus pacientes acudir directamente ao Barco, evitando traslados a Ourense”
Santiago,
20 de agosto de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés
Blanco Paradelo ven de presentar no Parlamento de Galicia unha
iniciativa na que se interesa polo novo equipamento para o Hospital
Comarcal de Valdeorras solicitando a data na que contará co novo TAC
e cal será o orzamento destinado a esta nova adquisición.
Moisés
Blanco recordou que “de todos é sabido a urxente necesidade que o
Hospital ten de poder contar cun novo TAC, e así o confirmou as
declaracións do Presidente da Xunta ao finalizar o Consello do
pasado 24 de xullo no que indicou que Valdeorras centraría unha das
tres primeiras actuacións dunha inversión de 80 millóns de euros
para renovar a dotación tecnolóxica de centros sanitarios no
Servizo Galego de Saúde”.
O
deputado popular recordou que no mes de xullo o Hospital Comarcal
ampliou a súa carteira de servizos con novas consultas de
Endocrinoloxía, “o que permitirá aos seus pacientes acudir
directamente ao Barco, evitando traslados a Ourense para ser
atendidos”. Esta nova especialidade engádense as xa incorporadas o
pasado ano de Neuroloxía e Dixestivo, xunto á ampliación de
Cardioloxía e “este importante salto cualitativo na oferta de
servizos é posible grazas á maior coordinación entre a rede
hospitalaria e de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde en
Ourense” segundo Moisés Blanco.
O
deputado do PPdeG avoga porque se siga mellorando o equipamento e que
pronto se poida ampliar a carteira de servizos “que permitan
mellorar a oferta asistencial, altamente especializada, nun centro
sanitario próximo mentres se mantén a desexable coordinación co
servizo médico de referencia, potenciando o traballo en equipo, a
oferta de facultativos e a alta especialización”. “A mellora no
equipamento a a ampliación de servizos no Hospital repercutirán moi
positivamente na mellora da calidade asistencial dos pacientes que é
o que verdadeiramente importa” segundo Moisés Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario