O Grupo Municipal
Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta
MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A partir do ano 2006
Galicia está padecendo violentos actos de terrorismo cuxa autoría a
banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Entre eles
están múltiples atentados consistentes na colocación e denotación
de diversos artefactos explosivos e incendiarios en sedes de partidos
políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades
financieiras, empresas, administracións públicas, etc; así como
nas vivendas de persoas relacionados co ámbito xudicial,
universitario ou político.
Os partidos democráticos
defendemos a dignidade do ser humano e os dereitos e libertades que
lle son inherentes, especialmente o dereito á vida e á integridade
física e moral e propugnamos a democracia e o Estado de Dereito como
base dunha convivencia en pluralismo, liberdade e igualdade. En
consecuencia, opoñémonos e condenamos o uso da violencia para
defender calquer tipo de posicionamento ou postulado político ou
ideolóxico e tamén rexeitamos calquer tipo de declaración ou
acción que lexitime ou xustifique o terrorismo.
Por todo o anterior, o
Grupo Municipal do Partido Popular no concello de O Barco de
Valdeorras eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:
- Manifestamos o noso rexeitamento e condena ao terrorismo, e en particular o levado a cabo por Resistencia Galega.
- Solidarizámonos coas víctimas destes atentados e apoiamos ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destas actos.
- Rexeitamos calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario