- Moisés Blanco pide que “a carta que ten pensado enviar para explicar a campaña a leve a Comisión para que poidan consensuar ideas sobre o texto”
- Para o voceiro popular “a verdadeira campaña é colocar mais contenedores pretos das vivendas e pedir responsabilidades a empresa se non se respecta a separación de residuos nas recollidas”
Santiago,
28 de febreiro de 2014.- O Voceiro do PP de O Barco de
Valdeorras lamenta as “mentiras” do alcalde en referencia a
subida do canon de Sogama e que “pretenda trasladar a
responsabilidade sobre o imposto aos cidadáns, baixo veladas
amezas”. Moisés Blanco Paradelo, voceiro do PP e deputado
autonómico criticou así a iniciativa da alcaldía na que
“supostamente trata de antepoñer un aumento na reciclaxe para que
non se incremente a prezo da basura”.
Segundo
Blanco Paradelo “o alcalde trata de disimular o fracaso como
vicepresidente da Fegamp nas negociacións coa Consellería de Medio
Ambiente, xa que nun primeiro momento indicou que o acordo era
importante e permitiría aos concellos pagar a metade do previsto
para o 2014 pero posteriormente foi desautorizado polo PSOE e tivo
que dicir que se trataba dun modelo fracasado”.
“Precisamente
por romper ese acordo a entrada en vigor do canon non puido ser
adiada a xullo e mitigar así o impacto no concello” indicou Blanco
Paradelo “e agora o alcalde para lavar as súas culpas pretende
responsabilizar aos veciños e as súas prácticas de reciclaxe
deste incremento”.
Moisés
Blanco solicita que a carta que ten pensado enviar aos veciños para
explicar a campaña “sexa levada a Comisión para que poida
consensuarse e os grupo poidan aportar ideas”.
Para o voceiro popular “a verdadeira campaña é colocar máis contenedores pretos das vivendas, xa que moitas veces a reciclaxe non se produce axeitadamente polo pouca proximidade aos mesmo, sobre todo dende os núcleos rurais”. Ademais de que, segundo Blanco Paradelo, “como xa denunciamos no seu momento é necesario pedir responsabilidades do servizo de reciclaxe xeneralizado no que respecta a separación de residuos nas recollidas, xa que a veces se recolle, por exemplo, o contenedor azul e se volca o seu contido no camión verde”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario