7 mar 2014

MOISÉS BLANCO REUNIUSE CO SECRETARIO XERAL DA EMIGRACIÓN PARA INTERESARSE POLOS EMIGRANTES VALDEORRESES


  • Arredor de 3.500 valdeorreses residen fora de Galicia, espallados principalmente por Alemaña, Arxentina, Brasil, Cuba, Francia, Suíza ou Venezuela”.
  • O Barco é a Vila da comarca que máis emigrantes ten con preto de 1.000 persoas, O Bolo con 600 e a Veiga entorno a 500.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014.- O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia e portavoz do PP en O Barco de Valdeorras, Moisés Blanco Paradelo, para falar sobre diversos aspectos vinculados coas e cos cidadás e cidadáns desta comarca residentes fóra da Galicia territorial.

Hai presenza constatada de valdeorreses en múltiplas zonas do planeta e en moitas comunidades galegas con recoñecemento de Galeguidade. Segundo indicou Moisés Blanco, “analizando os datos do CERA poderíamos dicir que temos arredor de 3.500 valdeorreses residindo fora de Galicia, espallados principalmente por Alemaña, Arxentina, Brasil, Cuba, Francia, Suíza ou Venezuela”.

Rodríguez Miranda, expuxo unha serie de datos nos que se constata que O Barco é a Vila da comarca que máis emigrantes ten con preto de 1.000 persoas, O Bolo con 600 e a Veiga entorno a 500.

Así mesmo, as cifras arroxan outros datos interesantes. De entre os países que acollen aos emigrantes valdeorreses o 33,6% residen en Arxentina o o 31,4% en Francia.

O Secretario Xeral da Emigración tamén informou ao deputado ourensá que o nome da comarca está presente nalgunhas das denominacións oficiais destas entidades, coma é o caso de ‘Juventud Viana, Trives y Valdeorras, Asociación Cultural, Social y Recreativa’ de Bos Aires –cidade na que se asenta boa parte da diáspora procedente da zona- ou a ‘Agrupación Valdeorras e Viana’ da Habana.

Miranda e Blanco comprometéronse a manter contactos con regularidade, coa finalidade de ofrecerse información recíproca sobre as inquedanzas ou necesidades que as e os emigrantes valdeorreses teñen ou podan ter no futuro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario