10 mar 2014

A CONTRATACIÓN DOS TRABALLOS PARA A DELIMITACIÓN OFICIAL DO CAMIÑO DE INVERNO SE FARÁ NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2014


A directora xeral do Patrimonio Cultural respostou no Parlamento a unha pregunta do deputado do PPdeG sobre a previsión do recoñemento oficial do Camiño
  • A Xunta asegurou hoxe na Comisión de Educación e Cultura que ten programada nos seus orzamentos 2014, concretamente neste primeiro semestre, a contratación dos traballos necesarios para a delimitación oficial e posteriormente se culminará coa sinalización oficial do mesmo

Santiago, 7 de marzo de 2014.- O deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo agradeceu hoxe no Parlamento os traballos que se veñen desenrolando dende a Xunta de Galicia para o recoñecemento do Camiño de Inverno como ruta Xacobea, “feitos dende a rigurosidade e a transparencia para garantir a seguridade xurídica de protección do conservación do patrimonio cultural”.


A directora xeral do Patrimonio Cultural da Xunta respostou hoxe, na Comisión de Educación e Cultura, unha pregunta do deputado popular sobre a previsión do recoñecemento oficial do Camiño. Segundo a titular deste departamento a dirección xeral ten programada nos seus orzamentos de 2014, “e concretamente neste primeiro semestre, a contratación dos traballos necesarios para a delimitación, fundamentada nos traballos previos e no recoñecemento dos terreos, tanto da traza como do territorio histórico asociado, necesarios para proceder á súa delimitación oficial, á súa incoación e posterior declaración”. Será con posterioridade a estes procesos, cando se culmine coa sinalización oficial do camiño, segundo indicou a directora xeral.


Moisés Blanco pediu de novo a axilización dos traballos na medida do posible para poder conquerir o antes posible esa señalización “que na actualidade leva perdas de peregrinos en algunhas zoas” e agradeceu a “boa vontade e o bo traballo que se desenvolveu nestes meses tanto na recollida de información e os estudios de historicidade para documentar o recoñecemento como na actualidade no compromiso desinteresado de asociacións do camiño, entidades culturais, historiadores e concellos na busca dun obxectivo común”


Así o deputado popular nomeou na súa intervención parlamentaria aos concellos, alcaldes e alcaldesas, as asociacións de amigos do Camiño, ao Instituto de Estudios Valdeorreses, Ramón García, Isidro García Tato e López Caneda, entre outros, como valedores moi importantes “polo seu traballo desinteresado que fixo posible reunir toda a información na fase de documentación previa e necesaria para conquerir a oficialidade da ruta”. 


Moisés Blanco recordou na súa intervención parlamentaria que, entre todos os usos que tivo o Camiño de Inverno, o da peregrinación é o máis importante e indicou que “co recoñecemento oficial desta ruta temos que ter en conta que non se trata de deseñar ou crear un trazado do camiño conforme aos gustos turísticos e intereses político-económicos de colectivos ou institucións ou como ruta do colesterol ou da tensión, senón de descubrir por onde discorría a peregrinación xacobea, que durante séculos seguiron os nosos antepasados”.


Segundo o deputado popular “esto hai que facelo dende o punto de vista histórico, a través de documentos históricos, que xustifiquen e definen perfectamente o trazado desta ruta”. “Un traballo que hai que facer con rigurosidade e seriedade, como así se fixo ata hai ben pouco coa delimitación definitiva do Camiño Francés, ou o do Norte” finalizou dicindo Moisés Blanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario