A
remodelación de horarios feita por RENFE deixou á comarca de
Valdeorras sen a primeira conexión diaria por tren con Ourense
MOISÉS
BLANCO PRESENTA UNHA PROPOSTA NO PARLAMENTO PARA QUE FOMENTO MANTEÑA
OS PREZOS DO TREN-EXPRÉS EN TODAS AS VIAXES ENTRE AS
ESTACIÓNS DE VALDEORRAS E OURENSE
- A alternativa existente é o ‘Tren-Hotel’ das 7 da mañá, pero a un prezo de billete superior aos 20 euros, fronte aos 8 euros que se pagaban anteriormente
- O ‘Tren-Exprés’ parte ás 10 horas de Valdeorras e ten un prezo de 8,95 euros
Santiago,
8 de decembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular Moisés
Blanco presentou unha proposición non de lei no Parlamento galego a
través da que se solicita ao Ministerio de Fomento que manteña os
prezos do Tren-Exprés en todas as viaxes desde as estacións
de O Barco ou A Rúa na comarca de Valdeorras ata Ourense para
facilitar o transporte dos veciños desta comarca ata a capital
ourensá.
Moisés
Blanco recorda que a remodelación de horarios nos trens de RENFE
propiciou que os veciños da comarca de Valdeorras quedaran sen a
primeira conexión diaria coa capital da provincia, que lles permitía
estar na cidade de Ourense arredor das 9 da mañá por un prezo da
viaxe de 8 euros.
ALTERNATIVAS
“A
alternativa que temos os veciños de Valdeorras é o Tren-Hotel
procedente de Barcelona, con parada en O Barco e A Rúa ás 7.10 e
7.30 horas, respectivamente, pero cun custe moi superior aos 20
euros”, explica o deputado popular. Esta situación está a xerar
moitas queixas entre os usuarios polo incremento do prezo da viaxe.
O
deputado popular apunta que “existe outra opción máis axeitada
economicamente, pero hai que esperar ata as 10 horas para coller o
Tren-Exprés a un prezo de 8,95 euros, pero co inconveniente
de chegar a Ourense pasadas as 12 da mañá”. “Este horario
dificulta considerablemente a posibilidade de que os veciños de
Valdeorras que se desprazan á capital provincial poidan levar a cabo
trámites administrativos, sanitarios ou doutro tipo que non poden
realizar na comarca valdeorresa”, sinalou.
Fronte
a esta situación, Moisés Blanco solicita do Ministerio de Fomento
que manteña os prezos dos billetes do Tren-Exprés para todas
as conexións ferroviarias entre a comarca de Valdeorras e a cidade
de Ourense, unha demanda que xa foi realizada desde a Asociación de
Empresarios de Valdeorras ou polo Pleno do Concello de A Rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario