Moción
que presenta o Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no
artigo 97 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen
Jurídico de las Entidades Locales, para o seu debate e, no seu caso
aprobación, no Pleno Ordinario do mes de decembro.
“SOBRE
OS CONTRATROS TEMPORAIS QUE SE CONVERTEN EN INDEFINIDOS”
Dende
hai varios anos no Concello de O Barco vense producindo un feito un
tanto especial, ao tempo que inxusto, en canto a que varios
traballadores empezan a súa relación laboral co Concello a través
de contratos temporais e co paso dos anos terminan por converterse en
traballadores indefinidos.
E
isto sucede debido a reiteración de contratos na mesma persoa, que
despois acode a xustiza, presenta demanda contra o Concello e dánlle
a razón, acreditando que a contratación foi en fraude de lei e que
polo tanto a relación entre as partes pasa a ser indefinida.
Deste
xeito, nos dous últimos anos catro traballadoras do servizo de Axuda
a Domicilio, unha técnico de Medio Ambiente ou a Axente de Emprego
Local, ao que lle podemos engadir os cincuenta traballadores que, con
gallo da aprobación en novembro de 2009 da Relación de Postos de
Traballo, viron convertidos os seus contratos temporais en
indefinidos(ata a xubilación) sen nin sequera ter pasado por
ningunha proba ou proceso de selección, vulnerando os principios de
mérito, capacidade e igualdade de oportunidade como así
certificaban os propios informes dos técnicos municipais.
Dada
a repetición deste feito o Grupo Municipal do Partido Popular
interesouse polo tema en varios plenos e comisións informativas, e
mesmo chegamos a solicitar unha convocatoria extraordinaria da
Comisión de Persoal con este asunto como único punto instando ao
goberno a elaboración dun estudo e análise dás condicións
laborais de posibles traballadores que poderían encontrarse nunha
situación similar, sen que a proposta fose atendida.
Por
todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular
propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
-.
O Goberno do Concello de O Barco
convocará a Comisión Informativa de Persoal, Tráfico e Seguridade
Cidadá sempre que se vaia a realizar unha contratación de persoal,
e porá a disposición dos grupos políticos todos os
antecedentes da contratación de calquera persoa de forma temporal,
por obra ou servizo, ou en calquera modalidade de contratación
directa polo Concello, así coma toda a información relacionada coas
memorias xustificativas de contratos de obras ou servizos, actas das
reunións dos tribunais de selección realizados, decretos de
convocatoria de procesos de selección etc...
No hay comentarios:
Publicar un comentario