14 dic 2013

MOISÉS BLANCO AFIRMA QUE “SEGUIREMOS DEMANDANDO Á XUNTA QUE AXILICE O RECOÑECEMENTO OFICIAL DO CAMIÑO DE INVERNO”


O deputado popular considera “irracional que os socialistas galegos pretenderan aprobar no Parlamento completar a sinalización deste Camiño no 2013, cando faltan menos de 20 días para rematar o ano e aínda non se coñece por onde discorre de forma oficial esta ruta”

MOISÉS BLANCO AFIRMA QUE “SEGUIREMOS DEMANDANDO Á XUNTA QUE AXILICE O RECOÑECEMENTO OFICIAL DO CAMIÑO DE INVERNO”

“Mantemos un contacto periódico cos responsables da Consellería de Cultura para coñecer directamente a evolución dos traballos respecto ao Camiño de Inverno”, apuntou

A partir do recoñecmento oficial, será o momento de realizar os traballos de delimitación e sinalización específica, “unha cuestión sobre as que o PP tamén velará pola súa execución no prazo de tempo máis breve posible”

Santiago, 13 de decembro de 2013.- Odeputado do Grupo Popular Moisés Blanco afirmou hoxe que “continuaremos demandando á Xunta de Galicia que axilice os traballos para conseguir o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno, de xeito que esta ruta xacobea se converta nunha nova referencia para o desenvolvemento turístico e cultural da comarca de Valdeorras”. Neste sentido, considerou“irracional que os socialistas galegos pretenderan aprobar no Parlamento unha iniciativa para completar a sinalización oficial do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras antes de que finalice este ano 2013, cando faltan menos de 20 días para o remate deste ano e aínda non se coñece por onde discorre de forma oficial esta ruta xacobea”.

Moisés Blanco reiterou que “desde o Partido Popular mantemos un contacto periódico cos responsables da Consellería de Cultura a fin desaber directamente a evolución dos traballos que están realizando para o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno, en cumprimento dos acordos adoptados no Parlamento galego”.

“A partir deste recoñecemento oficial do Camiño de Inverno como ruta xacobea, será o momento de realizar os traballos pertinentes para a súa delimitación concreta e sinalización específica, unha cuestión que desde o Grupo Popular tamén velaremos pola súa execución no prazo de tempo máis breve posible”, apuntou.

ABSURDA PROPOSTA SOCIALISTA

O deputado popular considerou “ilóxico” que os socialistas galegos pretenderan o pasado mércores que se aprobara no Parlamento galego unha proposición non de lei reclamando á Xunta de Galicia que complete a sinalización oficial do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras antes de que finalice o presente ano 2013.

“Resulta absurdo que os socialistas defendan unha iniciativa no Parlamento totalmente irrealizable neste momento, tanto polo prazo de tempo, xa que estamos a menos de 20 días de que remate o 2013 e sería imposible que a Xunta puidera executar a proposta; como porque a día de hoxe non se sabe por onde será o percorrido oficial desta ruta xacobea e sería incoherente gastar cartos nunha sinalización sen saber se vai ser definitiva”, apuntou.

Así mesmo, Blanco lamentou que os socialistas galegos rexeitaran a emenda presentada polo Grupo Popular á súa proposición non de lei, “moito máis coherente coa situación actual, xa que pedíamos á Xunta que continuara cos traballos necesarios para proceder ao inmediato recoñecemento oficial do Camiño do Inverno, así como que, unha vez dado este paso, iniciaraos traballos para a súa delimitación e sinalización”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario