O
deputado popular reitera que a Xunta “amosou a súa preocupación
polos posibles danos e prestou o seu apoio para que se poida acceder
ás subvencións para situacións de emerxencia ou catástrofe”
MOISÉS
BLANCO CONSIDERA “INCOHERENTE QUE OS SOCIALISTAS PIDAN AXUDAS PARA
AS DENOMINACIÓNS DE ORIXE DE VALDEORRAS CANDO AÍNDA NON ESTÁN
VALORADOS OS DANOS CAUSADOS NA COLLEITA
- “Non é certo que haxa restricións na partida destinada a seguros agrarios e mostra delo é que ninguén que solicitara axuda para o seguro durante o pasado ano quedou sen atender por parte da Xunta”, asegurou.
- Criticou que o BNG obvie o acordo acadado o pasado 25 de setembro entre a Xunta e os representantes do sector sobre o contrato homologado na denominación de orixe do Ribeiro
Santiago,
27 de setembro de 2013.- O deputado popular Moisés Blanco
considerou hoxe “incoherente que os socialistas estean a pedir unha
liña de axudas da Xunta para a denominación de orixe Valdeorras,
cando aínda non están valorados os danos causados na colleita deste
ano”. Neste sentido, reiterou que o Goberno galego “xa amosou a
súa preocupación polos posibles danos e prestou o seu apoio para
que o Consello Regulador poida acceder ás subvencións para
situacións de emerxencia ou catástrofe”.
Moisés
Blanco manifestou no Parlamento que “é necesario esperar a que
remate a vendima para facer unha valoración e poder cuantificar as
perdas na produción deste ano”. “Non ten sentido falar de
axudas, cando o propio Consello de Denominación de Orixe non ten
claro o resultado da vendima deste ano”, apuntou.
OPTIMISMO
PARA ESTA CAMPAÑA
Neste
sentido, o deputado popular amosou o seu “optimismo de cara á
campaña deste ano, logo de que desde o propio Consello Regulador se
destacou a boa calidade da uva, aínda que a colleita sexa algo menor
que o pasado ano”.
Blanco
reiterou que “a Consellería do Medio Rural xa amosou a súa
preocupación polos posibles danos e prestou o seu apoio, tanto a
nivel de asesoramento como de información, para que se o Consello
Regulador o considera oportuno poida acollerse ás axudas fixadas no
Real Decreto 477/2007, que regula as subvencións para as situación
de emerxencia ou de natureza catastrófica”.
Ademais,
apuntou que “a Xunta de Galicia aposta polos seguros agrarios e
mostra disto é que neste mesmo ano destinou a este fin 6 millóns de
euros para axudar á súa contratación, mantendo as mesma porcentaxe
de axuda que en anos anteriores”. “Non é certo que haxa
restricións na partida destinada a seguros agrarios e mostra dilo é
que ninguén que solicitara axuda para o seguro durante o pasado ano
quedou sen atender por parte da Xunta”, asegurou.
“Compartimos
a preocupación pola situación que viven os produtores da
denominación de orixe Valdeorras, pero para nada compartimos a
visión catastrofista que queren vender os socialistas”, sinalou o
deputado popular.
DEFENSA
DO SECTOR DO VIÑO POLA XUNTA
Na
súa intervención na Comisión 7ª, Moisés Blanco dixo que “a
Xunta está a defender o sector do viño a través de axudas para
mellorar a produción e comercialización, a reestruturación e
reconversión do viñedo, para modernización de adegas, para
promoción dos viños por un valor superior a 10 millóns de euros”.
Neste
sentido, destacou a nova liña de axudas que porá en marcha o IGAPE,
por un importe de 400.000 euros, para facilitar o acceso ao
financiamento das adegas para adquisición de uva. “Estas axudas
estarán ligadas aos modelos de contratos homologados, para demostrar
o apoio e impulso a este tipo de sistema que garante o equilibrio do
prezo entre produtores e adegas”, anotou.
ACORDO
NO RIBEIRO
Respecto
ao establecemento de contrato homologado na denominación de orixe do
Ribeiro, Moisés Blanco criticou que “o BNG retome unha proposición
presentada no mes de marzo, sen facerlle cambio algún e sen
recoñecer as novidades que houbo nas últimas datas”. Así,
recordou que o pasado 25 de setembro, na quinta reunión que mantivo
a Consellería do Medio Rural con representantes do sector, chegouse
a un acordo que asinaron as tres organizacións agrarias e un
importante número de adegas para as campañas vitícolas 2013, 2014
e 2015, co que esta denominación é, xunto coa Rías Baixas,
a segunda en Galicia que conta con este tipo de contratos.
O
portavoz popular salientou o resultado acadado polas cinco
denominacións de orixe galegas durante o pasado 2012, cualificando
de “récord histórico en canto a viño comercializado, superando
os 36 millóns de litros cun valor de 150 millóns de euros”.
“Dentro
de todos os sectores, pódese dicir que o do viño ten un
comportamento positivo, que se demostra a través das exportacións,
que creceron un 30 por cento, ou o incremento neste último ano máis
dun 22 por cento en volume e un 42 por cento en valor, segundo os
datos do Observatorio Español do Mercado do Viño”, subliñou.