A Xunta de Galicia ven
de conceder ao concello de O Barco de Valdeorras un obradoiro de emprego que
dará traballo e formación a máis dunha vintena de persoas desempregadas deste
municipio.
Este novo obradoiro, denominado “O Barco Emprende”,
dará emprego durante seis meses a un total de 24 persoas desempregadas, e
contará cun orzamento estimado en 169.780 euros. Para esta concesión, tivéronse
en conta as 1.220 persoas desempregadas censadas no municipio barquense.
Tanto Moisés Blanco como Rogelio Martínez
manifestan a súa satisfacción por esta iniciativa que dará emprego e formación
a 24 persoas, do mesmo xeito que con este obradoiro se contribuirá a mellorar
espazos públicos do municipio de O Barco.
Considera
Moisés Blanco que o Partido Popular
"xa empeza a cumplir o seu programa tomando decisións importantes en
materia de emprego. Diminuir as tasas
de paro é uns dos obxectivos fundamentais, por iso a través da concesión deste
obradoiro de emprego máis dunha vintena de familias terán a oportunidade de
traballar e formarse durante medio ano”, concluiu o portavoz popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario