12 ene 2011

REXEITAMENTO DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ

Moción que presenta el Grupo Municipal Popular, al amparo de lo establecido en el artículo 97 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, para su debate y, en su caso aprobación en el Pleno Ordinario del mes de Enero.


REXEITAMENTO DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011


O inicio do ano 2011 non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas galegas. A nefasta política económica do presidente Zapatero esmaga aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas, nun 10% e un 4% respectivamente.

Desde que goberna o Partido Socialista, a luz non parou de subir, así dende o ano 2006 o recibo da luz subiu mais dun 40%, mentres que cando gobernou o Partido Popular entre 1996 e 2004 o recibo da luz baixou un 14,2%, moi por riba da media da UE.

Esta nova subida da luz é unha mostra máis do fracaso da política enerxética socialista. Neste sentido compre destacar que un terzo da subida experimentada a principios deste ano 2011 é consecuencia da aplicación do Real Decreto que prima o carbón nacional, que ten un maior custe e menor capacidade calorífica que o importado, que é o que se utiliza nas centrais galegas de As Pontes y Cerceda.

Os galegos e as galegas non se merecen este novo castigo do Goberno de España que se engade á baixada dos salarios, á conxelación das pensións, á subida de impostos, ao incremento do prezo da gasolina e do gasóleo e a supresión dos incentivos fiscais á compra de vivenda, do cheque bebé e da axuda de 426 euros ós desempregados de longa duración.
O Partido Popular valora esta subida como grave prexuízo á capacidade adquisitiva de fogares, autónomos, empresas e PEMES, por iso consideramos que é necesario un gran pacto en política enerxética que aporte estabilidade a un dos factores de competitividade máis importantes para a nosa economía, como é a do custe da enerxía.

Por todo isto, o Grupo municipal popular somete á consideración do Pleno do concello de O Barco a aprobación dos seguintes acordos:

- Manifesta o seu rexeitamento á subida unilateral acordada polo goberno na Resolución que establece o custo de produción de enerxía eléctrica e as tarifas de último recurso a aplicar no primeiro trimestre de 2011.
- Insta ao Goberno de España a alcanzar un gran pacto en política enerxética que permita acometer unha reforma integral do sistema eléctrico en España de forma que non sexan os consumidores os que teñan que pagar a factura da aposta polo carbón nacional e que tanto perxudica aos intereses de Galicia
- Insta ao Goberno de España a conxelar o recibo da luz durante o ano 2011, xa que a electricidade é un ben de primeira necesidade que afecta directamente a toda a poboación, así como a competitividade das nosas empresas e, por tanto, ás súas expectativas de creación de emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario