19 ene 2011

O ANTERIOR GOBERNO BIPARTITO DA XUNTA ENCARECEU O SOLO INDUSTRIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE “A RAÑA” EN O BARCO


Na reunión que mantiveron en Ourense, o Xerente de Xestur-Ourense, Argimiro Marnotes e o Portavoz do PP no Barco de Valdeorras, Moisés Blanco, púxose de manifesto que durante a etapa de goberno bipartito na Xunta de Galicia elevouse o prezo do solo industrial no Parque Empresarial de “A Raña” nun 25%.
Así lle lo confirmou Argimiro Marnotes, quen lle dixo que “o prezo inicial das 30 parcelas que se puxeran a venda na primeira fase era de 51,00€; 52,00€; 54,00€ e 57,00€/m2 e no ano 2006, etapa do goberno bipartito, ascendeu a 70,00€/m2”.
Deste xeito, as parcelas que faltan por vender daprimeira fase(2), así como as da segunda e terceira fase(de 33 quedan 21) teñen un prezo único de 70,00€/m2.
Moisés Blanco trasladoulle ao responsable de Xestur na provincia de Ourense a “urxente necesidade de adoptar medidas concretas encamiñadas a abaratar este prezo,que unido as axudas do IGAPE e do Plan Impulsa Ourense aprobado polo actual goberno da Xunta, permitiría presentar no mercado un solo industrial máis competitivo”.
Así mesmo, “quedou demostrado que nin socialistas nin nacionalistas tiveron a vontade política para apostar decididamente pola xeración de emprego nunha zona que está demandando alternativas a principal fonte laboral como é o da lousa”, manifestou Moisés Blanco.
Moisés Blanco lamentou tamén, “a parálise dun goberno municipal socialista, que durante estes 12 anosinvertiu máis tempo en queixarse e buscar culpables alleos, que en poñerse a traballar para adoptar medidas efectivas e solucións reais”.
Moises tamén foi informado do estado actual do solo da 5ª fase, que foi reservada na súa totalidade por unha empresa relacionada co sector enerxético, e que ata aogra, está a cumprir os seus compromisos adquiridosno Proxecto singular, recordando a gran ventaxa que ten o Concello do Barco de Valdeorras, polo feito de ter solo sen urbanizar, que se fai moi atractivo, en moitos casos para empresas que necesitan gran superficie, como é o caso que está a acontecer na 5ª fase. De feito se estivese todo urbanizado, conforme ao Plan parcial aprobado, esta empresa non tería posibilidades de implantarse nesta zona.
Espérase, ademáis que esta actividade empresarial sexa un reclamo para que outras enpresas consideren o Barco de Valdeorras como unha óptima ubicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario