11 ene 2011

MOCIÓN EN CONTRA DE RETIRADA DA AXUDA DE 426€

Moción que presenta el Grupo Municipal Popular, al amparo de lo establecido en el articulo 97 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, para su debate y, en su caso aprobación en el Pleno Ordinario del mes de Enero.

EN CONTRA DA RETIRADA DA AXUDA DE 426€ AOS PARADOS DE LONGA DURACIÓN

Recentemente o Goberno socialista decidiu suprimir a axuda de 426€ destinados a parados de longa duración (Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción).

Este recorte supón, en última instancia que o colectivo máis vulnerable da cidadanía é o que vai pagar en primeira persoa a improvisación e incapacidade dun Goberno sen rumbo nin planificación.

O Goberno socialista xustifica este recurte na necesidade de aliviar o gasto público; sen embargo, a política de despilfarro que levou a cabo nestes últimos anos o goberno de Zapatero obríganos a pagar agora uns intereses pola débeda moi superiores ao custe total do Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción (PRODI).

Asimesmo, a supresión desta axuda supón retirar o seu único ingreso a moitas familias que contan únicamente con esa renda de subsistencia para manterse e sobrevivir. Ademáis o momento que se escolle é o máis inoportuno, xa que o número de persoas que necesitan desta axuda crece exponencialmente.

Retirar esta medida vai facer que máis de 600.000 persoas en España se vexan nunha situación límite e loxicamente veránse obrigados a pedir axudas ós concellos, que tamén se encontran nunha situación de penuria económica.

Por todo isto, o Grupo municipal popular somete á consideración do Pleno a aprobación do seguinte acordo:

"Instar ao Goberno de España a manter o Programa Temporal de Protección por Desemprego e Inserción, conocido popularmente como a axuda dos 426 euros mensuais, para os desempregados que agotasen todas as súas prestacións"

No hay comentarios:

Publicar un comentario