25 nov 2010

CONSTITUCIÓN DE LA ASOCIACIÓN DE MUJERES DE O BARCO POPULARES (AMOP)

Ayer miércoles, 24 de noviembre a las 20:30 horas, en la sede local del Partido Popular se constituyó la Asociación de Mulleres de O Barco Populares (AMOP), integrada en la Rede Ourensana de Mulleres Populares, dependiente del Partido Popular de la provincia de Ourense.



Así mismo, se procedió a la lectura de un comunicado con motivo de la conmemoración del Día Internacional en contra de la violencia de Género. Al acto acudió una buena representación de mujeres que acompañaron al presidente local y candidato a la alcaldía, Moisés Blanco Paradelo.

COMUNICADO DE AMOP

Neste ano de 2010, que está a piques de rematar, o fenómeno da violencia contra as mulleres por parte das súas parellas ou ex parellas ten dado mostras evidentes de que aínda que, existe un elevado grao de concienciación e rexeitamento da sociedade no seu conxunto contra esta clara manifestación de desigualdade e discriminación contra as mulleres, é moito o que temos por facer aínda para conseguir unha sociedade sen violencia.
Os casos máis graves que temos vivido ata esta data evidencian como esa violencia ten como vítimas preferentes ás mulleres, pero afecta de xeito moi importante aos nenos e nenas, que son tamén vítimas ou testemuñas da violencia, con importantísimas secuelas para o seu desenvolvemento físico e psicolóxico.
A violencia de xénero só se pode erradicar desde a concienciación e a sensibilización de toda a sociedade, así como desde a educación das xeneracións máis novas nos valores da igualdade, a paz, a tolerancia e o rexeitamento da violencia.
Galicia conta cunha lei propia, a 11/2007, para traballar de xeito máis eficaz na eliminación desta lacra da nosa sociedade, e na que se articulan medidas para que a coordinación entre as diferentes administracións se reforce na procura de respostas áxiles e axeitadas.
Os concellos teñen un importante papel de prevención e atención ás vítimas e por elo a súa implicación na resposta eficaz aos casos que se presenten nos seus límites é absolutamente necesaria.
Por todo elo, desde esta Asociación de Mulleres de O Barco Populares queremos expresar o seguinte:

- Rexeitar calquera tipo de violencia que se exerza contra as mulleres, e moi particularmente a violencia que se exerce contra as mulleres no seo das parellas.

- Seguir alzando a voz para insistir ante as diferentes administracións (concello, xunta de galicia e goberno central) para que impulsen todas as medidas precisas para erradicar este fenómeno, particularmente aquelas contidas na distintas leis como a galega 11/2007, e a lei orgánica 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, aos e ás menores, por entender que son vítimas, directas ou indirectas, da violencia que se exerce sobre as sús nais, dotando orzamentariamente esta importante modificación de xeito adecuado e suficiente.

- Solicitar ás administracións estatal e autonómica que continúen velando porque os medios de comunicación adopten as medidas oportunas para que o tratamento informativo da violencia contra as mulleres se manteña no respecto debido ás vítimas e ao seu contorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario