“Nós sempre tivemos
confianza absoluta no compromiso adquirido polo presidente da Xunta
e, pese as dúbidas e informacións confusas transmitidas pola
oposición, o novo equipamento, tan demandado e necesario, estará
listo próximamente para mellorar a calidade asitencial dos
pacientes”indicou o deputado popular
- Moisés Blanco recordou que o PPdeG e o presidente Feijoo sempre avogaron por potenciar os servizos do Hospital ampliando a carteira de prestacións asistenciais e na actualidade presenta os mellores datos de espera para especialidades de Galicia “o que o converten nun centro de referencia”
Santiago, 6 de abril de
2015.- O
deputado do PPdeG, Moisés Blanco Paradelo, mantivo recentemente unha
xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na que este
último confirmoulle que o novo TAC do Hospital Comarcal de
Valdeorras estará funcionando o vindeiro mes de xuño.
Este equipamento fora aprobado
no Consello da Xunta,xunto con outras actuacións, por un importe
conxunto de 88 millóns de euros,
para renovar a dotación
tecnolóxica de centros sanitarios no Servizo Galego de Saúde.
No que se refire ao proceso de
adxudicación do lote, no que está incluído o equipo, “na
primeira quincena de abril está previsto que se reúna a mesa de
contratación para avaliar os informes técnicos das correspondentes
empresas “segundo lle informou o presidente da Xunta ao deputado
popular “para, a continuación, proceder a reunir novamente á mesa
para apertura dos sobres das ofertas económicas e, trala avaliación
conxunta de ambas, realizarase a proposta de adxudicación”.
Moisés Blanco indicou que
“nós sempre tivemos confianza absoluta no compromiso adquirido
polo presidente da Xunta sobre as actuacións no Hospital Comarcal e
que agora se van a confirmar cunha repercusión moi positiva na
mellora da calidade asistencial dos pacientes”.
Fronte a esa confianza,
asegurou, “lamentamos as dúbidas e informacións transmitidas nos
últimos tempos pola oposición que o único que trataron foi de
confundir á cidadanía sobre os trámites que se estaban levando a
cabo para a adquisición deste importante equipamento”.
Moisés Blanco agradeceu a
resolución do novo equipamento para o Hospital sobre o que se
interesou no Parlamento de Galicia en varias ocasións “e que
redundará en beneficios para os pacientes e sanitarios da zona que
viñan padecendo esta carencia dende fai tempo e que dende o PPdeG
adquirimos o compromiso de resolver”.
Así, o deputado popular
destaca que con este equipamento de última xeración “ véñense a
resolver os inconvenientes e as molestias polas continuas avarías
do actual TAC tanto para os profesionais da saúde como para os
pacientes, e que era unha urxente necesidade para o Hospital”.
MELLORES DOTACIÓNS E MELLORES
DATOS
Moisés Blanco recordou que o
PPdeG e o presidente Feijoo sempre avogaron por potenciar os servizos
do centro ampliando a carteira de prestacións asistenciais “e se
ten feito un esforzo importante para mellorar a oferta asistencial
que fai do Hospital de Valdeorras un centro de referencia”.
Así mesmo engadiu que o
Hospital é o que presenta os mellores datos de espera para
especialidades de Galicia “situándose en 33,1 días, fronte á
media galega de 80 días e o tempo de acceso a unha intervención
cirúrxica para pacientes de nivel 1 en Valdeorras é de 6 días,
unha das menores de toda Galicia”. “Todo isto non sería posible,
por suposto, sen a contribución dos profesionais que traballan no
Hospital que co seu esforzo e o seu bo facer son os protagonistas de
que o centro teña os mellores resultados de Galicia” indicou
Moisés Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario